Novas | 4251 a 4260 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

22/11/2002
Pérez Varela e Alfonso Cabaleiro acaban de ser nomeados director e xerente do Consorcio do Audiovisual

O Consorcio do Audiovisual xa é unha realidade. Onte reuníronse en Santiago para constituír a equipa directiva que pretende potenciar o desenvolvemento do sector audiovisual en Galicia. O Consorcio está formado pola Xunta de Galicia, as catro deputacións provinciais, a Compañía de Radio televisión de Galicia. O presidente será Pérez Varela e Alfonso Cabaleiro será o xerente que disporá para o ano que vén 637.000 euros.

Máis información en La Voz de Galicia . . Amplía a nova>>

18/11/2002
O Festival de Cine de Ourense entrega a súa Calpurnia á mellor película a Disco Pigs

Disco Pigs é o filme vencedor na VII edición do Festival de Cine Independente en Ourense que se clausurou esta fin de semana. Fernando Velo (coa Calpurnia “Carlos Velo”), Cillian Murphi (Calpurnia mellor actor), Karoline Eichhorn (Calpurnia mellor actriz) e Peter Dukhobskoy co premio á mellor dirección de fotografía foron algúns dos gañadores nunha gala de entrega que estivo marcada pola ausencia dos galardoados.

Máis información no Faro de Vigo e na web do Festival . Amplía a nova>>

13/11/2002
A figura de Juan Orol a análise no Festival de Cine Independente de Ourense, no CGAI e en Lalín

Juan Orol (Santiso, Lalín 1893- México, 1988) desenvolveu unha dilatada carreira cinematográfica entre México e Cuba como actor, productor e director. Pero a súa figura era practicamente descoñecida. Agora o CGAI, e o Festival de Cine de Ourense queren divulgar o seu traballo a través de ciclos e de conferencias. Ademais, en Lalín, a súa vila natal, desenvolverase esta noite unha pequena homenaxe na que se proxectarán varios filmes e se descubrirá unha placa. . Amplía a nova>>

12/11/2002
Preséntase en Compostela o proxecto multimedia “Castelao e os irmáns da liberdade”

O proxecto documental multimedia “Castelao e os irmáns da liberdade” presentarase na Galería Sargadelos de Compostela durante unhas xornadas que comezan hoxe e que se desenvolverán os días 14, 19, 20 e 21 deste mes. O proxecto está composto por un documental cinematográfico, un libro co mesmo título, unha mostra itinerante e unha web.

Máis información en O Correo Galego ; web do proxecto ; parte do filme en culturagalega.org

. Amplía a nova>>

11/11/2002
A película rodada en Vigo “Los lunes al sol” é a candidata española ós Óscar

“Los lunes al sol” acaba de ser nomeada pola Academia de Cinematografía candidata a representar a España ós Óscar. Agora o seguinte paso será agardar a que Academia de Cine de Hollywood vote se o filme rodado en Vigo estará entre as cinco películas que opten ó Óscar á mellor película en fala non inglesa. Deste xeito, o filme, producción asociada da galega Continental, continúa a súa vaga de premios, logo de gañar a Concha de Oro, o premio fipresci á mellor película da Crítica Internacional e un premio Ondas.

Máis información na La Voz de Galicia , El Correo Gallego e na web promocional . . Amplía a nova>>

07/11/2002
A Warner confirma que “Harry Potter” non se estreará en galego ó considerar que non hai mercado

Como non hai mercado para o cine en galego, non haberá versión galega de Harry Potter. Esta foi a explicación que o director xeral de Warner Sogefilms, Luis Hernández de Carlos, lle deu ó presidente da Mesa pola Normalización Lingüística nunha xuntanza que mantiveron onte en Madrid, na que lle anunciou a negativa da súa empresa a dobrar ou subtitular o filme do neno mago.

Máis información en La Voz de Galicia . . Amplía a nova>>

06/11/2002
A CRTVG pecha o ano reducindo a débeda e reforzando o seu compromiso con sector audiovisual

O director xeral da CRTVG acudía onte ó Parlamento para dar as contas e os presupostos do ente público para o próximo ano (108,1 millóns de euros). Unha comparecencia que se centraba no esforzo pola reducción da débeda da compañía e por unha aposta polo audiovisual galego a través de coproduccións e produccións propias.

Máis información en El Correo Gallego . . Amplía a nova>>

04/11/2002
Seis televisións locais únense en Lalín para crear o primeiro canal autonómico privado de Galicia

A información e os debates políticos e sociais serán o punto forte do primeiro canal autonómico privado de Galicia. Acaba de constituírse en Lalín aínda que o seu domicilio social será en Silleda. O seu presidente será o xornalista Fidel Fernán e está formada por Canal Deza, TV7 Monforte, Tele Salnés-Barbanza. Tele Chantada, Tele Coruña e Tele Miño. A nova televisión ten previsto comezar coa súa programación a principios do ano que vén. . Amplía a nova>>

31/10/2002
O luns comeza a XVI edición de Cineuropa coa incorporación do Salón Teatro como escenario de exhibición

Cineuropa xa chama ás portas. O “mes do cine” de Compostela comezará o luns con “Bloody sunday” (Oso de Ouro en Berlín) de Paul Greens, “El hombre sin pasado” (Palma de Ouro en Cannes) de Aki Kaurismaki e outros filmes galardoados en festivais cinematográficos. Este ano o Salón Teatro incorpórase como lugar de exhibición en horario de 20h e 22h. Entre as seccións destaca un “16X16”, repaso dos filmes máis representativos que pasaron por Cineuropa e “Fantastique Compostela”, con proxeccións de películas de corte fantástico.

Máis información en La Voz de Galicia , El Correo Gallego .

. Amplía a nova>>

31/10/2002
Preséntase Centro de Estudios Fílmicos para coordinar as investigacións da USC no ámbito fílmico

A Universidade de Santiago acaba de presentar o seu Centro de Estudios Fílmicos. Un organismo propio que pretende coordinar e impulsar as investigacións que se desenvolven no ámbito universitario ó redor do cine e da televisión. Entre as súas primeiras actividades está a publicación dun monográfico no Boletín Xeral e Literatura e un Seminario de “Historia de Brasil e o seu cine”, previsto para marzo.

Máis información en Xornal da Usc , El Correo Gallego . Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org