Novas | 4241 a 4250 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

10/01/2003
O Consello da Xunta aproba a creación dun Rexistro de empresas e profesionais que desenvolvan actividade no audiovisual

Co obxectivo de obter información precisa sobre a situación e evolución do sector do audiovisual o Consello da Xunta deu luz verde á creación dun Rexistro. Un lugar no que se deberán de apuntar empresas, asociacións profesionais, de usuarios e grupos de operadores. Unha información que servirá para definir unha política de fomento para promover o avance do sector.

Máis información no Comunicado do Consello da XuntaAmplía a nova>>

09/01/2003
Xavier Docampo fará o guión cinematográfico da súa novela “A casa da luz”

“A casa da luz” é, ademais da última novela de Xavier Docampo, a futura película na que traballa a productora coruñesa Vici. O proxecto está en fase de elaboración de guión, que está a realizar o propio escritor, e contará coa dirección de Daniel Domínguez. Trátase duna película infantil, de aventuras que narra a historia dunha rapaza que pode atravesar os cadros que atopa nunha casa abandonada.

Máis información en El Progreso . Amplía a nova>>

07/01/2003
O Centro Galego de Artes da Imaxe organiza un ciclo que pretende achegar o movemento francés da nouvelle vague

A “Nouvelle Vague” naceu en Francia (1957) baixo a idea de ser un movemento cinematográfico que pretendía remarcar o filme de autor, no que o director tiña que encontrarse creativamente por riba de calquera dos elementos da película. E este movemento no que se encadraron nomes como Truffaut o Godard é o protagonista no ciclo de cine que proxecta o Centro Galegos da Arte da Imaxe. Baixo o nome de “Ó redor da Nouvelle Vague” revisarase a totalidade do movemento nunha iniciativa sen precedentes.

Máis información na web do CGAIe en La Voz de Galicia. . Amplía a nova>>

26/12/2002
A vila romada de Toralla, sita na finca Mirambel, converterase en museo cun centro de interpretación

Este verán tiveron lugar os traballos de escavación da vila romana de Toralla sita na finca de Mirambell (Vigo). E agora, o seguinte paso é a redacción dun proxecto de obra para a musealización da propia vila (que vai xa está en marcha). Un plano que fará que Mirambell teña un centro de interpretación do xacemento e unha cafetería cun custo que ronda o millón de euros.

Máis información no Faro de Vigo. . Amplía a nova>>

18/12/2002
Paula Cons recibe o premio do certame de guións da Fundación Araguaney no marco das xornadas sobre o guión

O guión é o protagonista das xornadas organizadas pola Fundación Araguaney e que rematan hoxe na cidade compostelá coa visita de Xosé Cermeño, Antón Reixa e Xosé Morais. Ó remate entregarase o premio do Concurso de Guións Camiño do Xacobeo que recaeu en Paula Cons por “Ideas peregrinas”. Máis lonxe, en Zaragoza a curtametraxe de producción galega “Ciclo” recibiu o premio a mellor banda sonora orixinal . E de curtametraxes estará chea a Nasa que comeza hoxe o ciclo Fanzinasa, na que se exhibirán cinco curtas que serán presentadas en directo polos seus responsables.

Máis información sobre os premios da Fundación Araguaney en El Correo Gallego e na Nasa sobre o ciclo de curtametraxes . Amplía a nova>>

13/12/2002
Tres películas galegas foron seleccionadas para once apartados dos premios Goya

“Os luns ó sol” con oito candidaturas (entre as que están mellor película, mellor dirección, mellor actor principal, de reparto e revelación), “O alquimista impaciente” con dúas (mellor actor revelación e mellor dirección artística) e “13 badaladas” con unha (galardón de maquillaxe e perruquería) compiten na XVII edición dos Premios Goya que anualmente concede a Academia de Cine. Un éxito do cine galego que ten no seu haber tres estatuíñas.

Máis información na web dos premios Goya e en La Voz de Galicia . Amplía a nova>>

11/12/2002
“O bosque animado” estréase en Estados Unidos e acaba de ser preseleccionada para optar ó Óscar

“O Bosque animado” comezou a súa andaina estadounidense coa estrea nas salas comerciais. E onte a productora coruñesa encargada da adaptación cinematográfica da novela de Fernández Flórez, Dygra, recibiu a notificación oficial da Academia de Hollywood de que era un dos filmes preseleccionados para optar ós Óscar na categoría de película de animación.

Máis información en Faro de Vigo e na web do Bosque Animado. . Amplía a nova>>

05/12/2002
“Os luns ó sol” participará no festival de cine independente máis importante do mundo, o “Sundance”

“Os luns ó sol” continúa coa súa traxectoria imparable. Bardem opta ó premio de mellor actor nos premios de cine da Academia Europea. Pero, sen dúbida, un dos feitos máis importantes, é que a película que dirixe Fernando León e producción asociada de Continental formará parte da sección World Cinema do Festival de Cine Sundance. O Festival celebrarse no estado de UTA (EEUU) entre o 16 e o 26 de xaneiro.

Máis información en El Correo Gallego . . Amplía a nova>>

29/11/2002
Os premios de teatro máis importantes do estado, os Max da edición 2003 entregaranse en Santiago

Os premios Max son os galardóns máis prestixiosos das artes escénicas do Estado Español. E hoxe asinarán un convenio o secretario xeral da Fundación Autor e máximo responsable dos premios, a Sociedade Xeral de Autores e Editores (SXAE) e a Consellería de Cultura para que a edición do 2003 se celebre en Santiago. . Amplía a nova>>

26/11/2002
Continental ten sobre a mesa un proxecto para facer un remake de “Trece Badaladas” que se estreará en xaneiro nas salas

Suso de Toro estivo onte na Coruña para presentar a súa novela “Trece badaladas” e como maestro de cerimonias estivo Pancho Casal, productor de Continental que levou ó celuloide a novela de Suso de Toro. Na presentación Casal afirmou que xa tiñan sobre a mesa “unha oferta concreta para facer un remake da película nos Estados Unidos”.

Máis información en La Opinión . Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org