24/01/2003
A reunión dos grupos de traballo para avaliar o sector audiovisual conforman a primeira sesión antes da creación clúster
O clúster do audiovisual será unha realidade no vindeiro mes de febreiro. Logo de crearse o Comité Asesor, o seguinte paso é a reunión dos grupos de traballo para a validación do diagnóstico e as recomendacións. Unhas xuntanzas que se iniciaron onte e ás que asisten case un centenar de empresas das 203 que se teñen identificado dentro do sector. Subvencionado polo Instituto Galego de Promoción e Emprego (IGAPE) son un paso máis ante a inminente creación do clúster.
Máis información en
El Correo Gallego
. Amplía a nova>>
24/01/2003
O ferrolán Alberto Alonso participará na Semana Internacional da Curtametraxe de Cádiz
“As muxicas” é, ademais do título da segunda curtametraxe do ferrolán Carlos Alberto Alonso, unha das produccións que competirán na XXV edición da Semana Internacional da Curtametraxe en Cádiz. A producción foi rodada en Monfero no 2001 e está baseado nun relato do escritor mozambicano Mía Couto.
Consulta as
bases do Festival (en .pdf)
. Amplía a nova>>
23/01/2003
O concello de Santiago e o Instituto Galego da Vivenda e Solo construirán en tres anos a Cidade da Imaxe
A Cidade da Imaxe é un gran proxecto dun polígono industrial especializado en empresas dedicadas ó sector audiovisual e ás novas tecnoloxías. Onte, o Concello de Santiago e IGVS asinaban un convenio polo que poñían en marcha o proxecto que comezará a construírse dentro de tres anos e terá un custo de 24 millóns. A futura cidade da imaxe localizarase en San Marcos, cerca de TVG, TVE e xa amosaron interese por mercar parcelas Fílmax e AGAPI.
.
Amplía a nova>>
23/01/2003
A Xunta responde os datos do ODA asegurando que aumentou o investimento no audiovisual nun 118%
A Consellería de Cultura da Xunta saíu ó paso dos datos ofrecidos polo Informe do Observatorio do Audiovisual, que advirte da recesión que vive o sector audiovisual. Segundo a Xunta de Galicia no último bienio non se realizaron 75 produccións audiovisuais, senón 151. Se o ODA apunta só a catro estreas cinematográficas, a Xunta recordou que foron 7.
Máis información na
web do ODA e en Xornal.com a réplica da Xunta.
. Amplía a nova>>
22/01/2003
A producción audiovisual galega segue a tendencia recesiva do cine en España segundo os datos do ODA
O Observatorio do Audiovisual da Universidade de Santiago (ODA) acaba de facer públicos os resultados sobre a producción audiovisual galega no bienio 2001-2002. Uns datos que confirman que o audiovisual galego se sitúa dentro da liña recesiva que vive o sector en España. Un descenso de 4.500.000 euros no investimento total nun número de produccións que baixou das 107 a 75. A televisión é a canle de explotación maioritaria, ademais de principal distribuidora dos productos noutros mercados.
Consulta o informe na
web do ODA.
. Amplía a nova>>
21/01/2003
O CGAI leva a Santiago un ciclo de cine con películas que teñen guións escritos por Eugenio Granell
Eugenio Granell (A Coruña 1912 - Madrid 2001) foi unha persoa polifacética. E logo de descubrir o seu talante surrealista, agora o Centro Galego de Artes da Imaxe quere achegar a súa faceta menos coñecida: a de guionista. Por iso hoxe comeza unha mostra titulada “Imaxes do soño en liberdade” na que amosa tres guións audiovisuais e tres películas do autor surrealista.
Máis información en
El Correo Gallego
. Amplía a nova>>
17/01/2003
A Televisión de Galicia sitúase como a quinta maior productora de cine do Estado
A TVG foi a quinta productora de cine que acadou unha maior recadación en todo o estado durante o 2002. Segundo recolle a Revista da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas, a televisión autonómica sitúase por diante das compañías de Pedro Almodovar ou Elías Querejeta entre outras.
Máis información en
O Correo Galego
.
Amplía a nova>>
15/01/2003
Beatriz del Monte, Jorge Coira e Gustavo Balza participarán na Berlinale Talent Campus
O vindeiro día 6 de febreiro comezará en Berlín un dos eventos máis importante do mundo cinematográfico, a Berlinale. E dentro deste evento desenvólvese a Berlinale Talent Campus, unha plataforma para que mozos, guionistas e directores de fotografía debatan con profesionais como Win Wenders ou Ken Adams. E este ano participarán nestes cursos tres galegos: Jorge Coira, Beatriz del Monte e Gustavo Balza.
Máis información en
O Correo Galego .
. Amplía a nova>>
14/01/2003
Tres locais de Vigo, Bueu e Vilaboa acollerán o festival de Curtas “A boca do lobo”
O Festival Itinerante de curtametraxes “A boca do lobo” fai recalada en Galicia. As salas de concertos Aturuxo de Bueu, a Cova dos Ratos de Vigo e a Casa dos Druídas de Vilaboa servirán de escenario dos traballos dos novos creadores cinematográficos do 19 ó 26 de xaneiro.
Máis información na
web de "La Boca del Lobo".
. Amplía a nova>>
13/01/2003
James Cameron, o fillo de Jacques Cousteau e Continental gravarán imaxes sobre o Prestige
O desastre ecolóxico, o impacto social e económico producido polo derramamento de fuel do Prestige serán obxecto de numerosas películas e documentais. Ademais da eclosión de traballos de afeccionados que pretenden plasmar a traxedia, acaba de unirse a declaración do director norteamericano James Cameron de gravar un documental. Antes o fixeron o fillo de Jacques Cousteau e a productora Continental que xa comezaron os seus traballos..
Amplía a nova>>