07/02/2003
As Xociviga non terán unha fundación que asegure a súa continuidade
As Xociviga son as Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia que se celebran no Carballiño. Teñen o privilexio de ser as máis antigas de Galicia e a súa historia está chea de atrancos e dificultades. O ano pasado, cando se cumpría a 19ª edición anunciaron a creación dunha Fundación, promovida desde a Xunta, que aseguraba a súa continuidade. Agora, Anxo Santomil, persoa designada polo concello para organizar a anterior edición e desenvolver o proxecto de conversión en fundación, acaba de anunciar en "La Voz de Galicia" que “a Consellería de Cultura non ten interese en promover unha fundación para as Xociviga”, e que o Concello do Carballiño volverá asumir a dirección das xornadas, que se desenvolverán na primeira semana de agosto.
Máis información en
La Voz de Galicia
. Amplía a nova>>
07/02/2003
culturagalega.org agradece o amplo interese da audiencia por AVG
Recoñecémolo. O forte éxito de audiencia do novo soportal do audiovisual galego, AVG, superou as nosas expectativas. E indica que existía unha demanda real de información en Internet sobre o sector do audiovisual galego e os seus protagonistas. Tamén foron numerosos os correos de apoio por parte de entidades e persoas, ós que lles agradecemos o seu interese. Moitas gracias a todos e todas.
Descubre máis sobre nós na nosa páxina de
créditos . E se es profesional, mira as posibilidades que che ofrecemos de promoción na nosa páxina
Para Profesionais
.
Amplía a nova>>
04/02/2003
A opera prima de Ignacio Vilar, Ilegal, distribuirase no noso idioma nas salas galegas
O Teatro Principal de Santiago acollía onte a presentación de “Ilegal”, a primeira longametraxe de Ignacio Vilar. E na presentación o seu director anunciou unha aposta arriscada, que é que as oito copias que se distribuíron en Galicia están dobradas ó galego.
Máis información en
El Correo Gallego . Amplía a nova>>
03/02/2003
Cultura aumenta as axudas para o audiovisual no ano no que se estrearán sete películas
A producción cinematográfica en Galicia segue tendo unha boa perspectiva para este ano. Por unha banda porque logo de tres anos de seca de rodaxes, este ano acollera –entre estreas e producción- uns sete filmes. E por outro lado, porque a Consellería de Cultura acaba de facer público un informe no que da conta que as axudas ó sector do audiovisual aumentan este ano un 14%.
Máis información en
El Correo Gallego , Faro de Vigo .
. Amplía a nova>>
03/02/2003
“Os luns ó sol” faise con cinco premios Goya, dous dos cales foron para actores galegos
A coproducción galega “Os luns ó sol” foi a gran triunfadora dos premios Goya da academia do Cine Español, que se entregaron o pasado sábado. Ademais do premio á mellor película, Fernando León de Aranoa levou o de mellor director e Javier Bardem o de mellor actor protagonista. Pola súa banda, o lucense Luís Tosar fíxose co premio ó mellor actor de reparto e o vigués José Ángel Egido levou o de actor revelación polo seu traballo no mesmo filme. Galicia tamén estivo presente na gala de entrega dos premios polas abondosas referencias ó problema da marea negra.
Máis información en
La Voz de Galicia
Ficha de “Os luns ó sol” en AVG;
Ficha de Luis Tosar en AVG
.
Amplía a nova>>
31/01/2003
A empresa de George Lucas interésase polos proxectos de Dygra
“O bosque animado” segue movendo adeptos alí onde se presenta. Mentres trunfa nos cinemas italianos onde se acaba de estrear, desde Estados Unidos chegan boas noticias para a productora coruñesa. A empresa Industria Light and Magic, unha referencia nos efectos especiais, que dirixe George Lucas acaba de poñer os ollos en Dygra. Ata tal punto que virá a coñecer a factoría coruñesa. E isto coincide nun momento de diversificación da compañía americana que busca empresas europeas para coproducir filmes de animación.
Máis información en
La Opinión
. Amplía a nova>>
31/01/2003
A Asociación Galega de Productoras Independentes (AGAPI) destaca o labor do Festival de cine de Ourense
O Festival de Cine Independente de Ourense pode ser a partir do 2003 o Festival de Cine de Galicia. E así o considera a AGAPI nunha nota que acaba de facer pública na que, ademais, destaca o crecemento do festival na súa corta andaina (en canto a número de espectadores e de producción exhibidas), a vocación de difundir e promover o cine independente..
Amplía a nova>>
29/01/2003
A inmigración clandestina e os medios de comunicación na primeira longametraxe de Ignacio Villar
Dous xornalistas queren facer unha reportaxe que destape a mafia que transporta inmigrantes africanos a Europa pasando por Galicia. Este é o argumento de “Ilegal”, a primeira longametraxe de Ignacio Villar que se estrea mañá nas carteleiras. Un filme no que participan Lucía Jiménez, Chisco Amado, Chete Lera, Vicenta N´Dongo, Emilio Buale e Farid Fatmi.
Máis información na
web do filme e na ficha de producción de AVG.
. Amplía a nova>>
28/01/2003
Televisión de Galicia presenta o seu “Plan de cine” para coproducir longametraxes, series e tvmovies
Televisión de Galicia prepara a súa programación de cara os vindeiros dous anos. E onte deu a coñecer o seu “Plan de cine”, nome do proxecto polo que pretenden coproducir dez longametraxes e dez tv movies (tanto na realización como nos proxectos de desenvolvemento). Ademais, mantén a súa oferta para a producción allea nos programas de televisión (variedades e ficción). Unha programación que saca a concurso público e que terá un custo de catro millón de euros.
Máis información en
La Voz de Galicia.
. Amplía a nova>>
27/01/2003
A Asociación Galega de Editores e a AGAPI estudian as relacións para que os textos literarios se convertan en filmes
Buscar unha boa idea que venda. Esa é a clave dun guión cinematográfico e a literatura é en moitas ocasións un bo lugar no que buscar esas ideas. E iso foi o que fixeron entidades de ambos os dous sectores. Dun lado a Asociación Galega de Editores e do outro a Asociación Galega de Productoras Independentes subscribiron un convenio para estudiar as posibilidades cinematográficas de cada texto. Os primeiros resultados: dezaseis obras da narrativa galega actual do que tirar ideas para elaborar guións.
Máis información en
La Voz de Galicia
. Amplía a nova>>