03/03/2003
Vigo acollerá a gala dos Max logo de que Santiago non puidera conseguir financiamento
Desvelouse a incógnita. A gala dos Max celebrarase en Galicia. Non en Santiago como estaba previsto inicialment, senón en Vigo. Será o luns 5 maio no Centro Cultural Caixanova logo de que os responsables do local mudaran a programación prevista. Os 360.000 euros que retirara a Xunta e que imposibilitaron cumprir os proxectos iniciais serán aportados polo Concello de Vigo. A gala será retransmitida en directo pola 2 de TVE e presentada, entre outros, polo actor Sergio Pazos.
Máis información en
Vieiros e en La Voz de Galicia
. Amplía a nova>>
01/03/2003
A figura de Carlos Velo centra o primeiro foro que leva o seu nome na localidade natal do cineasta
Carlos Velo (Cartelle -Ourense-, 1909–México DF, 1988) está considerado como un dos cineastas fundadores do documental español. E arredor da súa figura, da súa obra e o documental o concello de Cartelle organiza o “I foro de Cine Carlos Velo” que se celebrará os días 28 e 29 de marzo.
Consulta o programa no
web das Redes Escarlata.
. Amplía a nova>>
27/02/2003
O clúster conta no seu nacemento co apoio do 40% das empresas do sector
Aega, a Asociación de Empresas Galegas do Audiovisual, non forma parte do Clúster que se constituíu o pasado martes. “Non existe un proxecto de traballo claro e o informe que se presentou non analiza a viabilidade, nin marca obxectivos” son os principais argumentos esgrimidos por Teresa Porto, a xerente dunha asociación que agrupa ao 60% do sector.
Máis información sobre a creación do Clúster en
AVGAmplía a nova>>
26/02/2003
Constitúese o Clúster do Audiovisual con Julio Fernández, de Filmax, como presidente
Xa é un feito. O Clúster do Audiovisual naceu onte oficialmente en Santiago coa celebración da súa asemblea constituínte. A asemblea aprobou o "Informe de Xestión" -un compendio de propostas para a mellora da competitividade do sector desde diferentes ámbitos- e nomeou a súa xunta directiva, que estará integrada por Julio Fernández, de Bren Entertainment e Filmax, como presidente; Andrés Barbé, de Formato Producciones, como vicepresidente; Valentín Carrera, de Ibisa TV, secretario; Dolores Ben, de Sodinor, tesoureira e Castor Alonso, de Spica; María Ignacia Ceballos, de Zenit Multimedia; Arturo Dopico, de R; Javier Otero, de Localia; Óscar Rodríguez, de Pórtico de Comunicaciones e Carmen Rábade, de O Raio Verde, como vocais.
Consulta a ficha do
Clúster do Audiovisual
.
Amplía a nova>>
25/02/2003
“As muxicas” de Carlos Alberto Alonso é finalista no concurso de curtametraxes de TVE “Versión española”
A curtametraxes “As muxicas” do mozo cineasta ferrolán Carlos Alberto Alonso está entre os 23 finalistas da IV edición do concurso de curtametraxes “Versión Española” de TVE. E de noraboa está tamén José Araújo, xerente e un dos organizadores do Festival Independente de Cine de Ourense, que acaba de ser nomeado membro do novo Comité de Expertos do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA). Un organismo que se encarga de emitir informes sobre as solicitudes de axudas e dá conta da aprobación de coproduccións con outros países.
Máis información na
web de RTVE sobre "As Muxicas" e en El Correo Gallego sobre o nomeamento de Araújo.
. Amplía a nova>>
20/02/2003
A escola de producción O raio verde organiza as II Xornadas do Audiovisual Galego
A radio, o cine e o teatro son os protagonistas das II Xornadas do Audiovisual Galego que organiza a escola de producción “O raio verde”. As sesións, que se celebran do 24 ao 27 de febreiro en Santiago, contarán cos profesionais recoñecidos de cada campo.
Máis información na
web do Radio Verde.
. Amplía a nova>>
19/02/2003
A coruñesa Continental TV e a portuguesa NPB crearán unha liña de traballo conxunta
Máis alianzas para o audiovisual. Continental TV (sección televisiva do Grupo Continental) e a productora portuguesa NPB están sentando piares para crearen un eixo de producción común. E o primeiro paso é un estudio sobre as posibilidades de traballar xuntas creando productos de ficción transnacionais que darán lugar a un debate que se vai desenvolver o vindeiro mes de marzo en Sampaio de Abades (Ourense).
Máis información en
Faro de VigoAmplía a nova>>
13/02/2003
Nace unha asociación para defender os intereses dos directores e realizadores do audiovisual
Os directores e os realizadores do sector audiovisual en Galicia terán tamén o seu organismo de representación e de defensa. Chámase CREA e presentarase mañá na Coruña co obxectivo de impulsar, desenvolver e fomentar o debate entre os profesionais, ademais de servir de canle de comunicación coa Administración. A xunta directiva está formada por Carlos Amil, Antonio Simón e Ramón Costafreda entre outros..
Amplía a nova>>
11/02/2003
O documental de Ovidio Fernández exhibirase no Lacinemafe Film Festival de Nova York
“Naviegos, os outros arraianos”, o documental de Ovidio Fernández, segue colleitando éxito. Logo de ter acadado o premio da crítica acadado no “Festival Internacional de Cinema i Vídeo El Riu” (Cercs-Berguedá, Catalunya) acaba de ser convidado a participar no Festival “LaCinemaFe film festival de New York” na sección de Dereitos Humanos.
Máis información na
web do Festival e en Vieiros
. Amplía a nova>>
11/02/2003
Convocadas as axudas para os proxectos de producción do audiovisual en lingua galega
A Consellería de Cultura acaba de convocar as subvencións a empresas vencelladas co sector audiovisual. A convocatoria ten como obxectivo de apoiar o desenvolvemento dos proxectos de producción audiovisual en galego.
Máis información na
web da XuntaAmplía a nova>>