20/03/2003
Un equipo da Facultade de Ciencias Sociais de Pontevedra estudia as orixes do cine en Galicia
Desde o 2001 diferentes universidades españolas están realizando un estudio sobre as orixes do cine en España. En Galicia, o equipo coordinado por Mercedes Roman, profesora na Facultade de Ciencias Sociais, está a finalizar o estudio da provincia de Pontevedra. De momento, estase a debuxar un mapa das primeiras salas de cine en que se recollan as localidades ás que chegou primeiro o cinematógrafo, a súa afluencia e o tipo de filmes proxectados.
Máis información no
diario dixital da Universidade de Vigo .
. Amplía a nova>>
19/03/2003
O equipo que fixo a curtametraxe “Tunel número 20” recollen testemuños en Monforte
O accidente acontecido nun túnel da liña Palencia-A Coruña en 1944 no que houbo, segundo a versión oficial 78 mortos e 75 feridos, deu lugar á curtametraxe “Túnel número 20” que obtivo un premio Goya. Agora, o mesmo equipo que a realizou está en Monforte recollendo declaracións das testemuñas para realizar un documental de 55 minutos para televisión. E tamén para televisión é a película “Cota roxa” que se comezará a rodar o vindeiro 28 de marzo en Vigo. O telefilme vai ser elaborado pola productora galega Zenit en colaboración con Fílmax.
Máis información sobre a curtametraxe na edición de hoxe de
El Progreso e sobre o telefilme no Faro de Vigo
. Amplía a nova>>
17/03/2003
O audiovisual galego é o protagonista na XIII edición do Festival de Cine Español de Nantes
“Fisterra”, “Trece badaladas”, “Sei quen es”, “O alquimista impaciente”, “A lingua da bolboreta”, “Os luns ao sol” e “Lena” son as películas que se exhibirán para dar a coñecer o cinema galego en Nantes (Francia). E todo isto dáse no Festival de Cine Español de Nantes que ten un apartado de promoción turística e cultural de Galicia.
Máis información en
El Correo Gallego.
. Amplía a nova>>
12/03/2003
A AGAPI proponlle a Fraga a creación dunha segunda canle autonómica con contidos "para un público mozo e urbano"
Valentín Carrera, presidente da AGAPI, informou hoxe da xuntanza que onte mantivo co presidente da Xunta, Manuel Fraga. Na reunión, a AGAPI solicitou a adopción de medidas urxentes para acelerar a converxencia do sector audiovisual con "España e Europa" a través de catro iniciativas concretas: a creación dunha segunda canle autonómica dirixida a "público urbano e mozo, con producción propia de documentais, programas infantís, educativos e de servicio público", un plan especial de producción independente no que a Xunta investiría 6 millóns de euros neste ano, a aceleración das obras da Cidade da Imaxe de Santiago e unha maior representación institucional galega en Bruxelas para captar máis axudas para o sector.
Ficha da AGAPI en AVG
.
Amplía a nova>>
12/03/2003
A Academia Galega do Audiovisual cambia o nome dos Chano Piñeiro por Mestre Mateo
A Academia Galega do Audiovisual acordou este sábado que os premios do audiovisual Chano Piñeiro (antes AGAPI) pasen a chamarse Mestre Mateo. A gala de entrega dos galardóns que pretenden premiar os traballos creados no audiovisual galego adiarase nesta edición ata o mes de xuño. E de premios está Luís Tosar que acaba de conseguir outro novo. Esta vez na categoría de mellor actor secundario que outorga a Unión de Autores polo seu traballo en “Os luns ao sol”.
Máis información na edición de hoxe de
El Progreso.
. Amplía a nova>>
11/03/2003
A Coruña celebra a V edición do Festival “A boca do lobo”
Arrinque de curtas en Galicia. Desde onte celébrase na Coruña a V edición do Festival de curtametraxes “A boca do lobo” que forma parte dunha das principais actividades do Encontro de Cine Novo Español que organiza a Universidade coruñesa. En Vilalba presentouse unha curta elaborada pola asociación cultural Grial do Cebreiro titulado “Camiño de salvación”. E a piques de presentarse está “Ángela o diablo” a curtametraxe da primeira promoción dos alumnos de Fotografía da escola de artes e oficios Pablo Picasso da Coruña.
Consulta a programación do Festival no
web do Concello da Coruña, e en El Ideal Gallego sobre a curta “Ángela o diablo”.
. Amplía a nova>>
06/03/2003
Jorge Coira participa nun proxecto da Academia Europea do Cine baseado no Festival de Eurovisión
A pasada edición da Berlinale Talent Campus levou ata Berlín ao director de Rábade Jorge Coira. E como froito desa reunión de traballo, cada un dos doce novos directores europeos que participaron naquel seminario elaborarán unha curta de sete minutos baseada no tema do Festival de Eurovisión que unirán nunha película. Nos seus sete minutos Jorge Coira achegará “unha peza en galego, con subtítulos en inglés, ambientada en Galicia durante o Eurovisión de 1979”.
Máis información na edición de hoxe de
El Progreso.
. Amplía a nova>>
06/03/2003
Santiago acolleu un seminario sobre “Financiamento e Aspectos Legais do Sector Audiovisual”
Os complexos trámites á hora de conseguir axudas públicas a nivel europeo son unha das principais causas de que os productores galegos (e tamén os españois) non soliciten as axudas dos fondos públicos do BEI (Banco Europeo de Investimento) e do FEI (Executiva Internacional de Financiamento). Esta foi unha das apreciacións das xornadas sobre “Financiamento e Aspectos Legais do Sector Audiovisual” que xuntaron en Santiago aos responsables do Instituto de Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA), da Entidade española de Gestión de Derechos Audiovisuais (EGEDA), da API (Asociación de Productoras Independentes), de Arena, e do BBVA (entidade financeira que traballa pricipalmente co cinema español).
Máis información na
páxina oficial do BEI.. Amplía a nova>>
05/03/2003
Ignacio Varela substitúe a Alfonso Cabaleiro á fronte do Consorcio do Audiovisual
O Consorcio bota a andar. E faino cun orzamento de 1,25 millóns de euros, novo xerente, Ignacio Varela Ramos, e un plan de actividades entre as que destaca un plan de promoción da curtametraxe galega e a creación dunha web de información para o sector. Ademais, promoverán a celebración do “II Congreso Audiovisual Galego” e unha feira audiovisual que impulse todo tipo de relacións comercial co sector.
Máis información en
El Correo Gallego.
. Amplía a nova>>
05/03/2003
Lalín e O Carballiño pechan os seus cines mentres que a Xunta convoca axudas ás salas de exhibición do rural
A Consellería de Cultura fixo públicas a fin de semana as subvencións destinadas a salas de exhibición cinematográfica que se atopen en zonas rurais (inferiores a 50.000 habitantes). Aínda así o peche de salas nestas espacios segue a ser unha realidade. As últimas en sumarse á vaga de peches foron o “Cine Lalín” na capital do Deza e o “Cinema Paradiso” no Carballiño polo escaso número de espectadores. Ambos os dous estaban xestionados pola empresa Carballiño Cine S.L.
Máis información na
web da Xuntasobre as axudas ás salas en zonas rurais
. Amplía a nova>>