| << Anterior | Siguiente >> |
15/04/2003
O Auditorio de Galicia acollerá o 7 de xuño a entrega dos premios Mestre Mateo
Máis información en La Voz de Galicia; en El Correo Gallego e no Faro de Vigo. . Amplía a nova>>
Non hai estrelas pero si personaxes moi coñecidos. Esta foi a principal conclusión á que chegaron os profesionais no primeiro debate do Foro Academia Aberta que ata mañá se desenvolve en Santiago organizado pola Academia Galega do Audiovisual. Moderado por María Bouzas, Rosa Álvarez, Sonia Méndez, Miguel de Lira, Luís Tosar, Antonio Mourelos, Scott Cleverdon e Isabel Blanco abordaron os principais problemas que teñen como profesionais do sector audiovisual.Máis información en La Voz de Galicia . Amplía a nova>>
10/04/2003
O CGAC acolle hoxe a preestrea de Sara, a primeira película de televisión rodada en galego
Máis información no Faro de Vigo e en La Voz de Galicia . Amplía a nova>>
09/04/2003
Un festival levará traballos audivoisuais polas rúas de Compostela ata o dez de xuño
Máis información en La Voz de Galicia . Amplía a nova>>
07/04/2003
O cineasta manchego Pedro Almodóvar rodará a súa próxima película en Galicia
Máis información en A Nosa Terra . Amplía a nova>>
Entre 1927-1957 milleiros de traballadores galegos construíron en pésimas condicións a liña do ferrocarril entre Pobra de Sanabria e Ourense que se mantén hoxe en día. Un traballo no que se deixaron a pel e mesmo a vida. Recuperar a memoria esquecida das penurias dos traballadores é un dos cometidos do documental “Carrilanos. Os túneles do tempo”. O traballo elaborado polo xornalista Rafael Cid preséntase mañá día 5 no cine Bos Aires de Verín ás 19:30.Máis información en La Región . . Amplía a nova>>
31/03/2003
Dygra presenta con éxito en Berlín “O soño dunha noite de San Xoán”
Máis información en La Voz de Galicia . Amplía a nova>>
O interese da Xunta en apoiar o sector audiovisual non descoida a animación. Por iso, o Consello da Xunta de onte aprobou un convenio (que logo terá que ser asinado) polo que a Consellería de Cultura e a Cartoon European Association of Animation Film promoverán actividades de formación sobre novas tecnoloxías de animación en 3D que se organizarán en Galicia. Estas actividades terán un orzamento de 180.000 euros.Máis información no Consello da Xunta (en .pdf) . Amplía a nova>>
26/03/2003
A curta "Bobo Furcia" da productora Ciudadano Frame nominada aos premios Mestre Mateo
Máis información no Diario de Pontevedra. . Amplía a nova>>
Rematar co tópico da televisión como "caixa boba" é un dos principais obxectivos que pretenden conseguir as Consellería de Familia e Educación, Caixa Galicia e a CRTVG. E para iso acaban de presentar un proxecto chamado “51 Palabras para falar da tele” que pretende fomentar unha actitude crítica debatendo sobre 51 conceptos que eles propoñen. Ademais, o proxecto complétase con “O Xogo dos Mirabéns” que é un taboleiro de preguntas referidas a coñecementos técnicos elementais sobre televisión, actitudes e comportamentos. . Amplía a nova>>| << Anterior | Siguiente >> |
