07/05/2003
Lugo terá o ano que vén unha Escola de Imaxe e Son
A cidade de Lugo contará a partir do ano que vén cunha Escola de Imaxe e Son que impartirá dous ciclos superiores: un de realización de audiovisuais e outro de producción. O centro, que se localizará no antigo Conservatorio de Música, compartirá espacio coa Escola de Artes Aplicadas, co Conservatorio de Música, de Danza e coa Escola de Idiomas.
Máis información na edición de hoxe de O Correo Galego
. Amplía a nova>>
07/05/2003
“Entre Bateas”, “Terra de Miranda” e “Pratos combinados” compiten nos Premios Mestre Mateo
A Academia Galega de Audiovisual fixo pública onte a relación de aspirantes a gañar a primeira edición dos Premios Mestre Mateo (antes Chano Piñeiro e Agapi). Un certame ao que se presentaron cen produccións e no que “Entre Bateas” e “Terra de Miranda” acaparan máis nomeamentos. Os 180 socios da Academia enviarán os seus votos en sobre pechado que se farán públicos o día 7 de xuño, que é cando se celebre a gala de entrega. A novidade está na votación, xa que o público poderá, ben por teléfono ou no web da Academia e da CRTVG, decidir a mellor longametraxe, serie e programa.
Máis información no web da
Academia Galega do Audiovisual en La Voz de Galiciae El Correo Gallego
. Amplía a nova>>
06/05/2003
A Mesa comeza en Santiago as súas protestas para pedir máis copias en galego de “O lapis do carpinteiro”
A semana pasada a Mesa denunciaba que só houbera dúas copias da primeira longametraxe de Antón Reixa, “O lapis do carpinteiro” e advertiu que iniciaría unha campaña de protesta nas salas en que se exhibe só en español. E as protestas comezaron onte en Santiago acompañadas dunha nota de Antón Reixa que desculpaba a súa ausencia na campaña e apoiaba a súa demanda ao “considerar insuficiente que a película se distribúa en Galicia con só dúas copias en galego”.
Máis información en
El Correo GallegoAmplía a nova>>
02/05/2003
A Mesa e as Redes Escarlatas denuncian a ocultación da orixe galega da película de Antón Reixa
A versión orixinal da novela de Manolo Rivas é “O lapis do carpinteiro” (Xerais). E este feito é o que desatou as críticas do colectivo socio-cultural “As Redes Escarlata” que denuncian a oculatación da orixe galega da acaba de estrear opera prima de Antón Reixa “O lapis do carpinteiro” ao facer referencia a que é unha adaptación da traducción editada por Alfaguara (“El lápiz del carpintero”). Ademais, a Mesa acaba de unirse á protesta do colectivo Escarlata e e advertiu que de non distribuíren alomenos unha copia en galego en todas as vilas nas que se exhibe a día de hoxe realizará “ao seu pesar” actos de protesta.
Máis información no web de
A Mesa e no web das Redes Escarlata
. Amplía a nova>>
02/05/2003
O 16 de abril estréase a producción galega “Blanca Madison”, dous anos despois de que fose gravada
Blanca Madison (Pilar Púnzano) é unha cantante de boleros que volve á cidade da súa nenez para idear o asasinato do seu antigo “protector”, Xesús Bocanegra (Mario Gas). Este é o argumento de “Blanca Madison” unha producción feita con capital integramente galego que foi rodada na Coruña hai dous anos. A longametraxe preséntase nas carteleiras o 16 de maio logo de ter unha boa acollida no Festival Internacional de Cine de Oporto, no Festival Internacional de Cine de Ourense, no Festival de Florianápolis (Brasil) e no Festival de Cine de Toulouse (Francia).
Máis información en
O Correo Galego e no web da Crtvg
. Amplía a nova>>
28/04/2003
A colaboración cidadá fai posible a primeira serie de ficción con afeccionados
O que comezou sendo unha idea para programar de xeito tradicional estase a converter nun éxito de participación. Trátase de “Cabo do mundo” a primeira serie de ficción que grava Televinte, a televisión local de Chantada en que o equipo artístico e técnico non cobra e os actores son os propios veciños. A artífice da idea é Comba Campoy que prepara unha tese sobre as televisións locais en Galicia.
Máis información en
La Voz de Galicia
. Amplía a nova>>
25/04/2003
A segunda curtametraxe do ferrolán Carlos Alberto Alonso “As muxicas” emítese esta noite en “La 2”
“As muxicas”, do director ferrolán Carlos Alberto Alonso, emitirase esta noite no programa de La 2 “Versión española”. A cinta, rodada en Monfero e Caaveiro no 2001, foi seleccionada no concurso de curtametraxes que celebra anualmente o programa de TVE.
Máis información na
páxina do programa e no Faro de Vigo
. Amplía a nova>>
22/04/2003
“O lapis do carpinteiro” estréase comercialmente o venres 25 de abril en Vigo
Onte foi a preestrea de “O lapis do carpinteiro”. E o venres, 25 de abril, a película, dirixida por Antón Reixa sobre a novela do mesmo nome de Manuel Rivas, estrearase nas salas comerciais de Vigo. Haberá versión en galego e castelán. A proxección en galego está confirmada nos Multicines Centro en Vigo e no Cine Equitativa na Coruña.
Consulta
a ficha de “O lapis do carpinteiro”. Amplía a nova>>
16/04/2003
O Festival de Cine Submarino de San Sebastián achégase aos fondos mariños galegos antes do Prestige
M. Huia e K. Irisarri son os directores do documental “Baixo das ondas das rías”, unha das seleccionadas para participar no XXVII Ciclo Internacional de Cine Submarino de San Sebastián. O filme ten a particularidade de que é a última producción rodada en Galicia antes do afundimento do Prestige e nel pretenden achegarse á vida dos centolos, os bovagantes e os congrios, biodiversidade nos fondos galegos..
Amplía a nova>>
15/04/2003
Gutiérrez Aragón comeza o luns a rodaxe da súa última película “La vida que te espera”
Manuel Gutiérrez Aragón ultima a rodaxe de “La vida que te espera”. Un filme que comezará a gravarse o luns en Santander pero no que as localizacións galegas (en Carballo, Cerceda e Betanzos) terán moita presencia. A película conta as desavinzas entre dous veciños logo de que a vaca de Xildo entre nas propiedades de Severo. A metade do equipo artístico e técnico desta película, coproducida por Continental, Tornasol e TVG, é galego.
Máis información en
La Voz de Galicia e en El Correo Gallego.
. Amplía a nova>>