Rafael Cid dirixe un documental que narra as penurias dos que construíron a liña de tren Pobla de Sanabria-Ourense.

Túneles dos trens

Entre 1927-1957 milleiros de traballadores galegos construíron en pésimas condicións a liña do ferrocarril entre Pobra de Sanabria e Ourense que se mantén hoxe en día. Un traballo no que se deixaron a pel e mesmo a vida. Recuperar a memoria esquecida das penurias dos traballadores é un dos cometidos do documental “Carrilanos. Os túneles do tempo”. O traballo elaborado polo xornalista Rafael Cid preséntase mañá día 5 no cine Bos Aires de Verín ás 19:30.






Máis información en La Región .