Nace unha asociación para defender os intereses dos directores e realizadores do audiovisual

Crea

Os directores e os realizadores do sector audiovisual en Galicia terán tamén o seu organismo de representación e de defensa. Chámase CREA e presentarase mañá na Coruña co obxectivo de impulsar, desenvolver e fomentar o debate entre os profesionais, ademais de servir de canle de comunicación coa Administración. A xunta directiva está formada por Carlos Amil, Antonio Simón e Ramón Costafreda entre outros.