Os directores galegos propoñen crear un programa de cine galego na TVG

Ángel de la Cruz é o novo presidente do colectivo que une a realizadores e directores

1/2/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Son malos tempos para a distribución de películas. Por iso, os directores e realizadores galegos propoñen crear unha rede ou circuíto de exhibición de cine galego e propor a creación dun programa de “Versión Galega” na televisión de Galicia. Son só algunhas propostas do plan de traballo que desenvolverá a nova xunta directiva de CREA, entidade que agrupa a directores e realizadores, elixida o pasado venres nunha xuntanza. Ángel de a Cruz (O bosque animado ou Os mortos van ás présas) substitúe no cargo a Xabier Bermúdez e contará no seu equipo con Héctor Carré (Dáme Lume, Dáme algo) e Jorge Coira (O ano da carracha), entre outros.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, TVG, Héctor Carré, Jorge Coira...