Seis televisións locais únense en Lalín para crear o primeiro canal autonómico privado de Galicia

Unha tele privada

A información e os debates políticos e sociais serán o punto forte do primeiro canal autonómico privado de Galicia. Acaba de constituírse en Lalín aínda que o seu domicilio social será en Silleda. O seu presidente será o xornalista Fidel Fernán e está formada por Canal Deza, TV7 Monforte, Tele Salnés-Barbanza. Tele Chantada, Tele Coruña e Tele Miño. A nova televisión ten previsto comezar coa súa programación a principios do ano que vén.