Amando de Ossorio (1918-2002) foi un descoñecido en Galicia, sen embargo, en Estados Unidos é ben coñecido por cultivar o cinema de serie B, Z e S. De feito, en norteamérica as súas pelÃculas pódense consultar en vÃdeo e o seu nome figura en todos os listados que se precian sobre cinema de terror. Agora, o CGAI, dentro da súa polÃtica de recuperación de produccións galegas (ou relacionadas en Galicia) presentará esta tarde a ópera prima do director coruñés, "A bandeira negra". E xa que se presenta a obra de Amando de Ossoro, Xosé Zapata aproveitará para presentar o seu documental "Amando de Ossorio,o último templario". A cita, ás 20:15 da tarde.
Ossorio, por partida doble
A figura do director galego de cinema de terror, Amando de Ossorio, estará hoxe presente no CGAI por partida dobre. Por unha banda, está a proxección de "A bandeira negra" a ópera prima do director coruñés creada en 1956. Un filme que acaba de ser restaurado polo CGAI, nun minucioso traballo que foi relacionado coa colaboración da Filmoteca Nacional, onde só se conservaba un positivo completo e un negativo ó que lle faltaba o sétimo rolo. E a partires da copia positiva realizouse un contratipo que permitiu reconstruÃr na súa integridade o negativo. Un feito que está dentro da programación habitual desenvolvida desde o CGAI.
Pero a pelÃcula de Amando de Ossorio exhibirase no mesmo momento no que se presentará un documental sobre o director. Unha producción elaborada por Lorelei Produccións e que inclúe entrevistas con coñecedores de Ossorio, fragmentos dos seus filmes e esceas inéditas. E para presentar este traballo estará o seu director, Xosé Zapata, que comentará o filme e fará un repaso pola vida e obra do cineasta.
E dentro do ciclo de programación do CGAI está programada para mañá o libro "Un cinema ferido" obra de Jose Luis Castro de Paz, profesor de Historia do Cine da Universidade de Vigo.
Recuperación
Con esta nova producción, o CGAI continúa coa súa liña de recuperación de produccións históricas galegas ou que estén relacionadas con Galicia. "A bandeira negra" está considerada como un dos tÃtulos malditos da historia do cine en España. Non foi estreada no seu dÃa por múltiples problemas administrativos e de censura, polo que a penas tivo difusión pública.
A pelicula de Amando de Ossorio está considerada cinema galego pola creación malia que non gozou de producción galega O sue director é galñego, baséasa na obra teatral de Horacio Ruiz de la Fuente e protagonizada por un único intérprete, o tamén galego, José MarÃa Seoane. E por iso entra dentro das produccións recuperadas polo CGAI que leva uns 20 tÃtulos recuperados. Para os que conta coa colaboración e co apoio doutras institucións entre as qeu está a Filmoteca de Cataluña, a Vasca, o Museo de Pontevedra, o Arquivo Sonoro de Galicia, a Casa de Galicai en Bos Aires, o Consello da Cultura Galega, o Dest Danske Filmmuseum e a Sociedade de Beneficnecia de Naturais de Galicia na Habana.