Novas | 4281 a 4285 de 4285

<< Anterior

14/03/2002
Valentín Carrera, novo presidente dunha renovada AGAPI

E para afrontar os cambios e os novos retos que se lle aveciñan ó mundo do audiovisual, a Asociación Galega de Productoras Independentes (AGAPI) renova a súa Xunta Directiva. E Manolo Gómez, director de Dygra, cede o seu cetro a Valentín Carrera. E todo isto cando se coñecen os nominados ás categorías máis importantes dos primeiros Premios Chano Piñeiro. Un certame que organizan conxuntamente a AGAPI e a Asociación de Empresas Galegas do Audiovisual (AEGA) e que vén a recoller o relevo deixado polos AGAPI. . Amplía a nova>>

21/02/2002
Morre en Madrid Díaz Noriega, fundador do cine amateur galego

Hai historias que rematan e outras que comezan. Unha das que rematan é a dun home, José Ernesto Díaz Noriega (Barcelona, 1912- Madrid, 2002) case un descoñecido en Galicia. Sen embargo o mundo do audiovisual débelle moito a el. Viveu na Coruña longas temporadas, que deron froito a un gran número de títulos e longametraxes que foron forxando o cine amateur galego. E non só iso, participou como actor en varias produccións do denominado "novo cine galego", ademais de ser presidente da Asociación de cine e xurado de numerosos festivais. E outras histoiras que rematan, ou comezan, segundo se mire, son as de "Galáctea", a primeira curtametraxe de ficción coa sinatura de Chano Piñeiro que e presenta hoxe na praza Elíptica de Vigo. E hoxe tamén se presenta en Compostela "Trece Badaladas", a última producción de Xavier Villaverde que contará coa participación de Juan Diego Botto.. Amplía a nova>>

01/01/2002
Os Premios do Audiovisual Galego "Chano Piñeiro" substituirán óos AGAPI

A V Edicións dos Premios AGAPI do audiovisual galega, que se celebrou en febreiro do ano pasado foi tamén a última. Esta mañá presentáronse en Compostela os I Premios do Audiovisual Galego Chano Piñeiro, que subtiuirán a aqueles. Á Asociaicón Galega de Productoras Independentes (AGAPI) súmase nesta convocatorio a Asociación de Empresas Galegs do Audiovisual (AEGA), recentemente creada. Ademais, increméntase o número de categorías, que pasan de dezanove a vintecinco.. Amplía a nova>>

12/12/2001
As produccións audiovisuais de formato curto amosan o seu vigor e calidade

A presentación de dúas curtametraxes producidas por Pórtico de Comunicaciones centraron a actualidade audiovisual do momento. As dúas historias veñen acompañadas por nomes dabondo coñecidos, xa que unha delas está baseada nun relato de Manuel Rivas e a outra está dirixida por Paco Rañal que acadou o recoñecemento público á mellor curtametraxe galega dos anos 90 pola súa anterior realización "Coruña imposible". Entre hoxe e mañán o Ateneo de Ferrol tamén exhibirá curtametraxes de outros autores da comarca de Ferrolterra.. Amplía a nova>>

15/10/2001
Preséntase a Film Commission de Galicia que promoverá as rodaxes no país

Atraer a productoras de todo o mundo é o obxecto da Film Commission de Galicia, entidade que foi presentada o pasado xoves en Compostela polo conselleiro de Cultura Xesús Pérez Varela. A creación deste ente está previsto na Lei do Audiovisual de Galicia, e desde hai meses existe na rede unha web con toda a información precisa para filmar no noso país. Gerardo Vera animouse xa e vén de iniciar nas terras do deza a rodaxe do seu film "Deseo" e mentres, anúnciase a preestrea en Compostela de "Dagon", película rodada en Combarro e que vén de ser presentada no festival de Cannes.. Amplía a nova>>

27/02/2001
Cultura situa ó audiovisual galego entre os máis importantes do Estado

A Casa de Galicia en Madrid cumplía dez anos. E nese aniversario o director xeral de Comunicación Social e Audiovisual da Consellería de Cultura, Ignacio José Otero quixo partir unha lanza a favor do audiovisual galego. E fíxoo situando a Galicia entre as caro comunidades autónomas con maior peso no sector apoiándose nos datos de facturación, porcentaxe de cremento e previsións para este ano. E xa que falamos de audiovisual non debemos esquecernos dun ciclo de cine en Vigo e de novas proxeccións na Coruña.. Amplía a nova>>

19/01/2001
A Coruña perde a Amando de Ossorio, o director de cine de serie B

Cultivou cinema de serie B, Z e S; as súas películas pódense consultar en vídeo en Estados Unidos e o seu nome figura en tódolos listados que se precian sobre cinema de terror. Amando de Ossorio (1918-2001) é unhas das personaxes mais descoñecidas e que foi machacado pola crítica do seu país. . Amplía a nova>>

19/12/2000
Federico Luppi participou en A Coruña na rodaxe de "Todas clase de peles"

Non era a primeira vez que Federico Luppi viña a Galicia a participar nunha rodaxe. E esta vez fíxoo para presentar a curtamentraxe "Todas clase de peles", última gañadora do Concurso de Guións da Universidade de A Coruña e no que colabora desinteresadamente.. Amplía a nova>>

<< Anterior

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org