Morre en Madrid Díaz Noriega, fundador do cine amateur galego

Principio e fin

Hai historias que rematan e outras que comezan. Unha das que rematan é a dun home, José Ernesto Díaz Noriega (Barcelona, 1912- Madrid, 2002) case un descoñecido en Galicia. Sen embargo o mundo do audiovisual débelle moito a el. Viveu na Coruña longas temporadas, que deron froito a un gran número de títulos e longametraxes que foron forxando o cine amateur galego. E non só iso, participou como actor en varias produccións do denominado "novo cine galego", ademais de ser presidente da Asociación de cine e xurado de numerosos festivais. E outras histoiras que rematan, ou comezan, segundo se mire, son as de "Galáctea", a primeira curtametraxe de ficción coa sinatura de Chano Piñeiro que e presenta hoxe na praza Elíptica de Vigo. E hoxe tamén se presenta en Compostela "Trece Badaladas", a última producción de Xavier Villaverde que contará coa participación de Juan Diego Botto.

Cine amateur


Onte finaba e Madrid, José Ernesto Díaz Noriega. Un nome que está moi relacionado co audiovisual galego. De feito, a súa estadía na Coruña, producíu unha vida moi activa da que saíron gran cantidade de títulos: "Dúas versións do mar", "Sever Odnum (Mundo ó revés)", "O xurado", "Al Nasr Altair", "O festival", "Bosques de Galicia", "Os suevos", "Nosos prados, nosos montes". Pero de toda a súa producción realizada en Galicia destacou "Cine amateur", un filme satíritico-didáctico que obtivo máis dunha ducia de premios nacionais e internacionais, como a Palma de Ouro no Festival Internacional de Cannes ou as medallas de ouro nos de certames de Estoril e Dvronik. E non só iso, senón que a súa presencia en Coruña tivo tamén outros froitos: a participación como actor en varias películas do cine novo galego ("Illa", "Herdeiro", "O pai de migueliño" e "Fendetestas"); foi presidente da Asociación de cine de Galicia (creada en 1983) e foi membro do xurado de numerosos festivais. As súas relacións con Galicia remataron cando o seu traballo como axudante de Montes que o trouxo ata Santiago o levou cara Madrid; precisamente onde finou a causa dunha parada cardiorespiratoria.



Galáctea



Hoxe a praza elíptica de Vigo encherase de numerosas personalidades do cinema galego. Entre outras cousas porque se presentará "Galáctea", ou o que é o mesmo a primeira curtametraxe de ficción que leva o nome de Chano Piñeiro. Esta producción está prudicdo por Produccións Vigo S.L., coa colaboracion da Escola de Imaxe e Son de Vigo RTV, a Escola galega de Cine e subvencionada pola Consellería de Cultura, Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual da Xunta, e que conta para a súa estrea coa colaboración de máis de 20 importantes empresas de Vigo.




Trece badaladas


E o Centro Galego de Arte Contemporánea volve a ser noticia hoxe porque se presentou "Trece badaladas" o último e máis grande proxecto no que se embarca Continental. E na presentación o seu director, Pancho Casal, falou de cartos, porque este gran proxecto conta co 90% de financiamento externo, sendo ese 10% restante capital galego. Unha película de 250 millóns de orzamento que ofrece, como declarou Xavier Villaverde nunha entrevista publicada en culturagalega hai unhas semanas, "a oportunidade de facer esa película sobre Santiago". Nesa mesma entrevista fala de que é " unha historia de horror bastante especial, cuns personaxes moi potentes, que fala tamén de cousas moi próximas cada un de nós, dos nosos propios abismos, do medo a ser, do medo a existir". Esta producción está baseada na última novela de Suso de Toro quen tamén estivo na convocatoria, e que describíu que o filme partirá da idea de Santigo como un laberinto por onde unha pantasma intervirá no mundo dos vivos. Instalada no xénero marcado por "El sexto sentido" e seguido por Amenábar en "Los otros", Xavier Villaverde augurou sorpresas para un filme de terror que nace do cotiá e do mesmo de cada un.
A novela na que se inspira a película sairá á venda dentro dun mes por Xerais, e no outono en castelán por Seix Barral. O último, será o filme que chegará ás pantallas, segundo estimacións oficiais, en novembro deste ano.