Novas | 4151 a 4160 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

25/06/2003
O CGAI presenta unha nova edición do programa “Cero en conducta”

Cada ano o Centro Galego de Artes da Imaxe organiza unha serie de cursos de formación en forma de seminarios e obradoiros sobre temas relacionados co audiovisual. Este ano a oferta vai desde un seminario sobre cuestións sociais e éticas do xornalismo televisivo ata a análise de dúas películas “A caixa 507” e “A vida mancha”. O prazo de inscrición remata o 9 de xullo.

Máis información no web do CGAI . Amplía a nova>>

23/06/2003
As películas de Doraemon e de Shin Chan estrearanse en galego

As películas de Shin Chan e de Doraemon, que chegarán ás carteleiras en breve, estrearanse en galego. É a decisión tomada pola distribuidora dos filmes, Luk Internacional, que respondeu así ás peticións da Mesa pola Normalización Lingüística que, pola súa vez promoverá a asistencia ás salas. O filme “Shin-Chan e a procura das bólas perdidas” estréase este venres, mentres que “Doraemon e o imperio Maia” farao o 29 de agosto.

Máis información no web de A Mesa . Amplía a nova>>

23/06/2003
A Semana Internacional de Cine de Betanzos homenaxea ao betanceiro Ricardo Núñez

Ricardo Núñez é unha figura. Foi actor, productor e director de cine, descubriu a Imperio Argentina e a Lola Flores. Xunto con Rosita Díaz Gimeno foron a parella máis popular do cinema español nos 30. Ricardo Núñez, coñecido como o “galán da simpatía”, naceu en Betanzos e a el dedícaselle a Semana Internacional de Cine que se celebrarán na cidade betanceira do 28 ao 31 de xullo.

Máis información en La Opinión e no portal redcasting.com . Amplía a nova>>

20/06/2003
Dygra estreará no 2005 a película de animación en 3D “O soño dunha noite de San Xoán”

Dygra fai coincidir o día de san Xoán coa presentación da súa última producción en 3D “O soño dunha noite de San Xoán”. Inspirado na obra de Shakespeare, o novo traballo da productora coruñesa é un reto logo do éxito acadado por “O bosque animado”. A longametraxe ten un orzamento de sete millóns e medio de euros e estrearase simultaneamente en sete países no ano 2005. Na cinta participa tamén a compañía portuguesa Appia Filmes.

Máis información no web de Dygra e en La Voz de Galicia . Amplía a nova>>

19/06/2003
Filmanova produce un filme sobre as diferencias culturais do camiño de Santiago

Unha xaponesa, unha brasileira e un holandés contan as súas experiencias no camiño de Santiago. É o argumento de “Whitin The way without” ("Dentro e fóra do camiño") que produce Filmanova dirixida por Laurence Boulting e está en fase de rodaxe. A súa estrea está prevista para o 25 de xullo. E hoxe preséntase en Carnota o documental “Illa de loito” que pretende contar en primeira persoa os efectos reais que ocasionou o vertido do Prestige. O documental, de 35 minutos de duración, foi dirixido por Carlos Hervella e ten guión de Manuel Barbeito. O traballo ten versións en galego e castelán e foi realizado por “Produccións Vigo”.

Máis información sobre a película de Filmanova en La Voz de Galicia e sobre o documental en Galicia hoxe e no Faro de Vigo . Amplía a nova>>

18/06/2003
A productora galega Enxebre Sistemas idea un sistema para rodar e ver en tres dimensións sen estereoscopio

Percibir unha proxección en tres dimensións significa un maior realismo do traballo audiovisual. E ese é o efecto que pretende perseguir a productora galega “Enxebre Sistemas” ao deseñar un sistema informático para rodar e ver produccións audiovisuais en 3D. A principal novidade do sistema financiado polo Programa de Tecnoloxías da Información Plan Galego de Investigación, Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico, é conseguirán este efecto sen necesidade de empregar o antigo estereoscopio.

Máis información no sitio web de Enxebre e no Diario de Pontevedra . Amplía a nova>>

18/06/2003
Finaliza o festival “Curtas na rúa” entregando o premio do público ao mellor traballo

Desde hai varias semanas, un mércores de cada dous un espacio público de Santiago converteuse nun improvisado cinema. Era “Cortos na rúa” o festival de curtas organizado pola santiaguesa Productora Muerta que remata esta noite cunha nova sesión de proxeccións dos dez mellores traballos e coa entrega do premio que outorga o público. A cita é esta noite, ás 22:30, na praza da Quíntana.

Máis información en El Correo Gallego e en La Voz de Galicia . Amplía a nova>>

17/06/2003
Millán Salcedo incorpórase á rodaxe da película dirixida por José de Cora

CTV e Lugopress traballan xuntas da man nun proxecto con guión e dirección de José de Cora, director de "El Progreso", titulado “El ladrón de reliquias”. Trátase dunha longametraxe cómica que pretende esclarecer a orixe dos ósos que se atopan na cripta da catedral de Santiago. A historia está interpretada por Verónica Docando e Óscar Ladoire e acábase de incorporar Millán Salcedo (ex compoñente do grupo”Martes y Trece”). O filme comezou a rodarse en Lugo hai unha semana.

Máis información en El Progreso . Amplía a nova>>

16/06/2003
O Festival de Cine de Ourense abre a sección “Título provisional” para favorecer o intercambio de productos audiovisuais

Unir os productos cos mercados para difundilos. Este é o obxectivo principal de “Título provisional” (Working title) a nova sección que terá a edición deste ano do Festival Internacional de Cine de Ourense. Será, pois, un punto de encontro entre productores, distribuidores e canles televisivas. O anuncio fíxose logo dunha xuntanza organizada en Ourense pola Fundación Araguaney titulada “Festivais e mercados: plataformas de exhibición e venda”. . Amplía a nova>>

11/06/2003
Os alumnos de Imaxe e Son estrean as súas primeiras curtametraxes froito do traballo de clase

Son os aprendices de cineastas, técnicos e profesionais do audiovisual galego. Os alumnos de Imaxe e Son da Coruña presentan esta tarde os seus traballos nunha modesta gala na que exhibirán o aprendido neste curso. Son sete traballos noveles que contaron coa axuda de actrices xa coñecidas como Rosa Veiga e Camila Bossa e de persoas anónimas que colaboraron desinteresadamente. E da outra banda, de xente que leva anos traballando no audiovisual, está Manuel Gutiérrez Aragón que anda a rematar en Betanzos a rodaxe do seu último filme “La vida que te espera”, que conta coa participación de Luís Tosar.

Máis información sobre os traballos dos estudiantes de Imaxe e Son da Coruña en El Ideal Gallego e no Faro de Vigo sobre a rodaxe de “La Vida que te espera” . Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org