Novas | 4161 a 4170 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

10/06/2003
O Consorcio do Audiovisual aproba o plan de actividades para o 2003

Promoción, formación e establecer contactos con organismos e outras entidades nacionais e internacionais son os principais obxectivos que o Consorcio do Audiovisual se propón para este ano. Foron os principais resultados dunha xuntanza que mantivo o Consello de Dirección do Consorcio en Santiago no que abordaron programas concretos como: Curtas 03 (para promover as curtametraxes realizadas en Galicia); o Cartoon Master of New Technologies en A Coruña e o Cartoon Forum 2004 en Santiago (para converter Galicia nun referente no mundo da animación) e o curso “O guionista, a televisión e a ficción.

Máis información en El Correo Gallego . Amplía a nova>>

09/06/2003
Público e profesionais escollen “Entre bateas” como mellor película do 2002

A gala de entrega dos I premios Mestre Máteo deixou tres títulos vencedores: “Entre bateas” de Costa Oeste, que recolleu dez dos vintecatro premios; “Os luns ó sol” coproducida por Continental e a TVG recibiu tres, igual cá serie producida polo grupo Voz,“Terra de Miranda”. A gala, conducida por Javier Veiga, foi aumentando o ton reivindicativo a medida que os premiados foron recordando a situación provocada polo Prestige.

Máis información no web da Academia Galega do Audiovisual (en .PDF) . Amplía a nova>>

06/06/2003
As produccións galegas compiten este sábado polos I Premios Mestre Mateo

Javier Veiga como presentador e o Pórtico da Gloria como fío temático serán os eixos conductores da gala de entrega dos premios Mestre Máteo. A festa que premia os mellores traballos do audiovisual galego terá lugar mañá, sábado 7, ás 21:00 horas no Auditorio de Galicia en Santiago e será retransmitida en directo pola Televisión de Galicia.

Consulta a listaxe dos propostos(en .pdf) e recorda que aínda podes votar se non o fixeches . Amplía a nova>>

06/06/2003
Presentan os documentais sobre as vidas do astrónomo Ramón María Aller e do pintor Manuel Torres

Dous documentais para explicar vida e obra. Son os traballos “Ramón María Aller, astrónomo” e “Manuel Torres, virtuosismo técnico” que onte o hoxe se presentan en Pontevedra e Marín, respectivamente. O primeiro forma parte dos actos do 125 aniversario do nacemento do astrónomo de Lalín; e o segundo é un dos 13 capítulos dunha serie que amosará a biografía de pintores da vangarda galega, que están a elaborar as productoras “Vía Láctea Filmes” e “Faro Producciones” e que emitirá proximamente a TVG.

Consulta o noso tema do día sobre Ramón María Aller . Amplía a nova>>

06/06/2003
O IGAPE concede un crédito a baixo interese para a promoción e distribución da película rodada en Santiago

“Trece badaladas” acaba de recibir unha inxección de 340.000 euros para a promoción e distribución da película. Trátase dun préstamo directo a baixo interese concedido polo IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica) que actúa a xeito de banco nese interese por promover o audiovisual galego. . Amplía a nova>>

05/06/2003
Unha producción galega sobre os naufraxios dos últimos vinte anos pecha a I Semana do Documental Español

A I Semana do Documental Español que se celebra en Madrid desde o pasado trinta de maio chega hoxe á súa fin coa proxección de “Terra de Náufragos”, un documental de Jorge Algora que recolle os naufraxios que houbo nas nosas costas durante os últimos vinte anos. A productora do filme, Adivina Produccións, anunciou que en breve comezará a rodaxe da serie documental “Camino de Santiago. El origen”.

Máis información en El Correo Gallego; en La Voz de Galicia e en AVG

. Amplía a nova>>

04/06/2003
Javier Bardem e Alejandro Amenábar levan ao cine a odisea de Ramón Sampedro

É a primeira vez que Javier Bardem e Alejandro Amenábar traballarán xuntos e fano para recrear a historia do tetrapléxico Ramón Sampedro que loitou durante 25 anos para conseguir unha morte digna. Con guión de Amenábar e Mateo Gil o filme titularase “Mar adentro” e é unha producción de Sogecine e Himenóptero.

Máis información en Xornal.com e no Faro de Vigo . Amplía a nova>>

02/06/2003
O Centro de Estudios Fílmicos da USC organiza en Lugo un ciclo de cine que ten relación coa provincia

Películas rodadas en Lugo ou que teñen relación coa cidade. Este é o fío de conexión das catro películas que forman parte do ciclo “A cidade e provincia no cine español” que o CEFILMUS (Centro de Estudios Fílmicos da USC) organiza durante este semana en Lugo. E de cinema estivo esta semana Bueu que celebrou unha mostra de curtametraxes e documentais organizada polo Cineclube Bueu e polo Concello. Na mostra o realizador da vila Manuel Buceta presentou “Sublimación” o seu último traballo.

Máis información sobre as xornadas de Lugo no xornal da USC . Amplía a nova>>

02/06/2003
Manuel Gómez é elixido Presidente da Academia Galega do Audiovisual

O productor Manolo Gómez, director xeral de Dygra Films, foi elixido presidente da Academia Galega do Audiovisual esta fin de semana. Obtivo 69 votos que superaron a candidatura de María Bouzas, con 51. Entre os obxectivos de Gómez para a súa presidencia figuran a creación da Casa do Audiovisual, para asegurar a xubilación de técnicos e artistas, a formación e a integración en diferentes institucións galegas. A candidatura de Gómez estaba integrada por Manolo Abad, Isabel Blanco, Suso Bello, Carlos Carballo, Ángel de la Cruz, Miguel Anxo Fernández, María Liaño, David Melero e Marta Villar.

Máis información en El Correo Gallego, en Código Cero; ficha de Manolo Gómez en AVG; ficha da Academia en AVG

. Amplía a nova>>

30/05/2003
O Consorcio Audiovisual de Galicia abre unha convocatoria para axudas á promoción e difusión das curtametraxes

O Consorcio Audiovisual de Galicia comeza a súa andaina pública convocando “Curtas 03”, un plan de promoción e difusión das curtametraxes públicas realizadas en Galicia que consiste na inclusión en dous tipos de catálogos –un destinado á promoción dentro de Galicia e outro, multilingüe, para o exterior- e nun programa de pases dentro do territorio da comunidade autónoma. Os solicitantes deberán autorizar ao Consorcio a posibilidade de incorporar todo ou parte da súa producción dentro dos soportes promocionais que este estableza.

Descarga as bases na web do Consorcio Audiovisual; Ficha do Consorcio en AVG

. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org