Unha xaponesa, unha brasileira e un holandés contan as súas experiencias no camiño de Santiago. É o argumento de “Whitin The way without” ("Dentro e fóra do camiño") que produce Filmanova dirixida por Laurence Boulting e está en fase de rodaxe. A súa estrea está prevista para o 25 de xullo. E hoxe preséntase en Carnota o documental “Illa de loito” que pretende contar en primeira persoa os efectos reais que ocasionou o vertido do Prestige. O documental, de 35 minutos de duración, foi dirixido por Carlos Hervella e ten guión de Manuel Barbeito. O traballo ten versións en galego e castelán e foi realizado por “Produccións Vigo”.
Máis información sobre a pelÃcula de Filmanova en
La Voz de Galicia e sobre o documental en Galicia hoxe e no Faro de Vigo