Novas | 411 a 420 de 4138

<< Anterior Siguiente >>

22/04/2022
'Traballar coma un galego': un documental sobre a construción da paisaxe do Douro

A Radio Televisión Portuguesa (RTP) e a Televisión de Galicia (TVG) continúan na súa liña de coproducións co documental "Galegos D'Ouro", estreado a semana pasada e que hoxe está dispoñible de xeito completo no web da RTP. Dirixido por Arminda Sousa, o documental céntrase no gran número de traballadores galegos que contribuíron a construír a paisaxe do viño das ribeiras do Douro desde o século XVIII, incluíndo a construción dos socalcos, das adegas, das prantacións e das vendimas ata facer del o escenario que hoxe é Património Mundial da Humanidade. O documental inclúe entrevistas a diferentes expertos como Camilo Fernández Cortizo, José António Souto Cabo, Ramón Villares, Natália Fauvrelle ou Evaristo Rodríguez. . Amplía a nova>>

22/04/2022
Homenaxe a Xosé Velo coa estrea dun documental e presentación dun libro

A Deputación de Pontevedra, a través do departamento de Memoria Histórica, vai celebrar este sábado 23 de abril o 106 aniversario e render homenaxe a Xosé Velo. No acto estrearase o documental dirixido por Aser Álvarez para Arraianos Producións, 'Xosé Velo. O libertador ibérico' sobre a súa figura e tamén o libro ‘Xosé Velo. Textos escollidos’. Este volume baséase en documentos en diferentes formatos que a deputación de Pontevedra foi adquirindo produto da actividade política e cultural de Velo, que inclúen poemas, textos, artigos e outros materiais recuperados e adquiridos pola institución provincial. O salón de Plenos da Deputación de Pontevedra acollerá esta homenaxe e as presentacións, comezando ás 11.30 horas.. Amplía a nova>>

21/04/2022
Loitar saben, unha serie para achegarse ao pasado das mulleres

A serie Loitar saben, promovida por Mazarelos, revista de historia e cultura, publicou os dous episodios dunha serie docuemntal que busca observar a experiencia da vida das mulleres en dous momentos do pasado. Por unha banda, a peza Fisterra recupera a memoria das traballadoras desta vila coruñesa entre o doméstico e o traballo público. O outro documental, Loiba feminino achégase á creación da Unión Deportiva Loiba Feminino no ano 1989, na que un grupo de mulleres de Ortigueira comezaron a xogar ao fútbol, ata o momento un espazo unicamente masculino. O obxectivo é "darlle voz a elas mesasm para rachar eufemismos e tópicos que falsean a realidade histórica". O proxecto está financiado polo Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021-2022 da Xunta de Galicia. . Amplía a nova>>

21/04/2022
Comeza a rodaxe de '13 exorcismos' apoiada desde o Hub Audiovisual

Unha subvención de 350.000 euros a través do fondo de atracción de rodaxes do Hub Audiovisual da Industria Cultural, foi a chave para acadar o comezo da reodaxe en terras galegas da película '13 exorcismos'. A realización da longametraxe implicará, segundo a Xunta, un compromiso de gasto de 1,75 millóns de euros na nosa Comunidade por parte das empresas implicadas. A produtora galega con sede en Madrid, Bambú Producciones, xunto con Atresmedia Cine e Mr Fields & Friends son as empresas impulsoras desta película de terror baseada no último caso de exorcismo documentado en España, no ano 2014. Ademais da cidade de Ourense e doutros puntos da provincia, o equipo da película '13 exorcismos' tamén traballará en Ordes (A Coruña), onde recreará a casa familiar desta historia. O proxecto conta cunha ampla nómina de profesionais do país, que encabeza o director do filme, o coruñés Jacobo Martínez, contando tamén coa directora de produción, Tamara Soto; a xefa de perruquería, Mara Collazo, ou os propios produtores executivos, Teresa Fernández-Valdés, Ramón Campos e Sara Gonzalo, así como varios dos membros do elenco interpretativo, como Cristina Castaño, e arredor de 350 figurantes. Os actores Ruth Díaz e Urko Olazabal, protagonizan o filme xunto a María Romanillos e Pablo Revuelta.. Amplía a nova>>

20/04/2022
Premio Rodolfo Prada de xestión cultural para o ciclo Poetas Di(n)versos

O ciclo de recitais de poesía 'Poetas Di(n)versos' que se leva a cabo na cidade da Coruña, coordinado por Yolanda Castaño foi merecedor do Premio Rodolfo Prada á Xestión Cultural da deputación provincial de Ourense. Así o decidiu por unanimidade o xurado destes galardóns, reunido na ICC Week na quinta edición destes premios, cuxo proxecto gañador consegue unha dotación de 3.000 euros e unha escultura conmemorativa. O ciclo internacional de recitais de poesía, que xunta voces galegas con outras de outras linguas e culturas diferentes gañou nesta ocasión, pero o xurado ademais decidiu un podio no que tamén hai espazo pra un segundo e un terceiro premios, ademais dunha mención especial.. Amplía a nova>>

20/04/2022
O legado próximo de Pedro Brandariz

A intensa actividade que despregaba o actor Pedro Brandariz continúa a deixar pegada mesmo logo do seu falecemento o pasado mes de febreiro. Deste xeito, a canle de Youtube da Secretaría Xeral de Política Lingüística ten publicados, desde o pasado catro de abril os cinco episodios da serie Sesión Vermú, protagonizada polo cómico e que ve a luz de xeito póstumo.. Amplía a nova>>

19/04/2022
A Rede Cultural da Deputación da Coruña programará 1.408 espectáculos na provincia

Un total de 1.408 espectáculos poderán verse en todos os concellos da provincia da Coruña no marco da Rede Cultural da Deputación Provincial. A entidade deu a coñecer a listaxe de actividades que fan parte deste programa, que conta cun investimento de 1.509.836 euros por parte do organismo.. Amplía a nova>>

11/04/2022
'Jacinto' acada dous premios no Fantasporto

Na 32ª Semana dos Realizadores do festival Fantasporto, de Oporto o filme de Javi Camino, 'Jacinto' volveu con dous importantes recoñecementos que se engaden ao seu palmarés. O filme foi elixido polo xurado do prestixioso evento como o mellor traballo desta sección oficial e ademais o traballo dos seus dous actores principais, o falecido Pedro Brandariz e Juanma Butrón, recibiu o galardón ao mellor intérprete masculino compartido entrambos ex-aequo . A película de Camino engade estes premios aos conseguidos en Sitges, Austin e aos catro Premios Mestre Mateo, incluído o outorgado tamén a Brandariz.. Amplía a nova>>

11/04/2022
O IXº Carballo Interplay despídese cun palmarés moi repartido

A novena edición do Carballo InterPlay, Festival de Contidos Dixitais, celebrouse con éxito segundo o previsto e deixou tras de si un amplo palmarés de premios, recoñecendo os diferentes formatos e habilidades na creación de produtos audiovisuais pensados para o mundo dixital. En total sete premios e catro mencións especiais, moi repartidos entre traballos chegados de varios países. No referente aos traballos en lingua galega, o premio á mellor serie en versión orixinal en galego foi para 'Amnesia 3.0', de Irene Pin, recibindo ademais unha mención especial nesa categoría a produción protagonizada polo malogrado Pedro Brandaríz, 'Mataría MicroSerie', de Javier Seoane. Ademais tamén se recoñeceu con Premio ao Mellor Proxecto a Serie Web en galego ao presentado para facer 'Mentres non chova', de Carla Álvarez, Xiana Rei Martiz e Luiza Velizarova. . Amplía a nova>>

08/04/2022
A RAG presenta a serie documental sobre Florencio Delgado Gurriarán

Florencio Delgado Gurriarán. O soño da Galicia infinda é o título da serie documental que a Real Academia Galega lle dedica ao homenaxeado no Día das Letras deste 2022. O proxecto publicaba este sete de abril na rede o seu episodio de presentación, co título Meu Córgomo de Valdeorras. Ata o vindeiro día das letras estrearase cada xoves nas redes un dos cinco episodios con que conta este proxecto, ata un total de cinco.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org