Na 32ª Semana dos Realizadores do festival Fantasporto, de Oporto o filme de Javi Camino, 'Jacinto' volveu con dous importantes recoñecementos que se engaden ao seu palmarés. O filme foi elixido polo xurado do prestixioso evento como o mellor traballo desta sección oficial e ademais o traballo dos seus dous actores principais, o falecido Pedro Brandariz e Juanma Butrón, recibiu o galardón ao mellor intérprete masculino compartido entrambos ex-aequo . A pelÃcula de Camino engade estes premios aos conseguidos en Sitges, Austin e aos catro Premios Mestre Mateo, incluÃdo o outorgado tamén a Brandariz.
Homenaxe en Noia
O tristemente falecido actor e cómico recibirá tamén esta semana unha sentida homenaxe en Noia, xa que a Sociedade Liceo desta vila coruñesa bautizou como Festival do Humor Pedro BrandarÃz a un evento que esta semana, entre o 13 e o 16, reunirá nesa localidade catro espectáculos deste xénero, na que será a primeira edición con esa denominación. A conexión do malogrado Brandariz con Noia xa quedou patente cando, ao pouco do seu falecemento desde a Mostra de Curtas de Noia decidiron que un premio deste certame levarÃa o seu nome. En homenaxe a quen actuou de condutor da súa gala en moitas ocasións.