13/05/2022
Abre a exposición sobre Maria Casares na Coruña
O Quiosco Alfonso da Coruña acolle a exposición 'María Casares, actriz océano. Itinerario vital dunha exiliada'. A mostra retrospectiva realizada sobre a actriz de orixe coruñés supón o acto central do Ano Internacional María Casares, organizado polo Concello para conmemorar o centenario do seu nacemento.
A exposición contén máis de 200 pezas e fotografías que trazan unha cronoloxía da vida da actriz, desde o seu nacemento na Coruña ao seu éxito como actriz no exilio francés, pasando pola súa etapa en Madrid e a súa formación en distintos momentos. A mostra conta tamén con catro traxes orixinais utilizados por María Casares e os libros recuperados da biblioteca persoal de Santiago Casares Quiroga, pai da actriz, doados pola súa familia ao Concello. A mostra, de carácter divulgativo, concíbese como un achegamento integral á figura de María Casares a través de materiais de arquivo persoais e coleccións prestadas por 25 entidades diferentes. Esta exposición é de entrada libre e estará dispoñible ata o 25 de xullo no Quiosco Alfonso. Desde o Concello promóvese un calendario con máis de 20 actividades dinamizadoras, que van desde visitas guiadas teatralizadas á gravación dun podcast sobre a actriz, todas elas celebradas no Quiosco. .
Amplía a nova>>
13/05/2022
(S8) renóvase para a súa XIII edición
Co anuncio da estrea europea do último filme de Amy Halpern e un monográfico sobre Ute Aurand, (S8) Mostra de Cinema Periférico presentaba este doce de maio a súa XIII edición. A Coruña acollerá entre o 27 de maio e o 5 de xuño..
Amplía a nova>>
12/05/2022
Publicacións, proxectos sonoros e propostas escénicas celebran a Florencio Delgado
Cando se achega o 17 de maio, intensifícanse as iniciativas para celebrar a Florencio Delgado Gurriarán, poeta homenaxeado nesta xeira do Día das Letras. Dentro das máis recentes, a Universidade de Santiago acaba de presentar
Florencio Delgado Gurriarán. O soño dunha Galicia infinda, unha obra coordinada por Dolores Vilavedra que recolle seis traballos a facer "un percorrido pola biografía literaria, humana e sociolingüística do autor" e que incrementan as achegas de investigación sobre a súa figura..
Amplía a nova>>
11/05/2022
O Polo de Videoxogos ponse en marcha coa selección dos seus membros
Logo do anuncio o pasado día 5 da constitución do Polo de aceleración do sector dos videoxogos, este organismo comeza a súa actividade oficial. O Diario Oficial de Galicia deste 11 de maio publica a convocatoria por parte da Axencia Galega das Industrias Culturais da selección das empresas e proxectos que farán parte desta entidade. As firmas participantes repartirán subvencións por valor de 290.000 euros para facilitar a súa participación nas actividades da mesma..
Amplía a nova>>
09/05/2022
Raul Domingues álzase co triunfo no XVIII Play-Doc
O Play-Doc, festival de documentais de Tui, fechou este 8 de maio a súa décima oitava edición coa entrega de galardóns.
Terra que marca, do portugués Raul Domingues, foi escolleito como mellor longametraxe internacional, a recoñecer un filme "ecolóxica sensible e realizado con grande beleza", segundo destacou o xurado..
Amplía a nova>>
04/05/2022
O XIX Festival de Cans volta á primavera
Cun programa completo, a recuperar paseos en chimpíns, concertos, e de volta nas datas de primavera, o Festival de Cans presentaba este tres de maio a súa décimo novena edición. O encontro audiovisual do Porriño transcorrerá entre os vindeiros 17 e 21 de maio, cun programa que inclúe 40 actividades e 32 curtametraxes..
Amplía a nova>>
02/05/2022
Once festivais audiovisuais acadan subvencións da Agadic
A Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia ven de facer pública a resolución de adxudicación da convocatoria de subvencións a festivais audiovisuais de 2022, pola que distribuirá 210.000 euros entre 11 certames de toda GaliciaRespecto á convocatorio anterior aumenta o orzamento desta liña de axudas (10.000 euros máis que en 2021) e repártese finalmente entre menos eventos, xa que o pasado ano foron catorce os beneficiados. O Play-Doc de Tui, que celebra a súa décimo oitava edición esta semana, do 4 ao 8 de maio conta cunha axuda de 38.473 euros a través desta liña de apoio..
Amplía a nova>>
28/04/2022
Son d'Aldea publica na rede os vídeos da súa última edición
A organización do encontro Son d'Aldea completou esta semana a publicación en Youtube dos vídeos que recollen a súa décima edición. Desde o pasado mes de xaneiro a entidade publicou as 14 pezas audiovisuais coas actuacións deste proxecto de teatro comunitario que se desenvolveu en setembro de 2021..
Amplía a nova>>
26/04/2022
O HUB Audiovisual abre a segunda convocatoria con fondos europeos para atraer rodaxes
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases reguladoras da segunda quenda de axudas de para proxectos audiovisuais que leven á captación de rodaxes en territorio galego, encadrado no proxecto Hub audiovisual-industria cultural da Axencia Galega de Industrias Culturais vinculado á xestión dos fondos do programa REACT da Unión Europea. Esta nova convocatoria conta cun crédito total de 2.000.000 de euros, a dividir a partes iguais para as anualidades 2022 e 2023. As actuacións subvencionables con cargo a estas axudas estarán financiadas ao 100 % a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder). Poden ser beneficiarias empresas galegas co obxectivo de realizar proxectos xunto con produtoras, canles de televisión e plataformas de fóra de Galicia. As subvencionadas poderán exercer ben como coprodutoras destes traballos, cunha participación igual ou superior ao 20%, ben como provedoras de servizos de produción, sempre acreditando a realización dun gasto mínimo en Galicia fixado en 1 millón de euros para longas cinematográficas de ficción e animación e de 1,5 millóns de euros para as series de ficción. As subvencións concédense por concorrencia non competitiva e poden oscilar en máximos de entre 300.000 e 350.000 euros, tanto para longametraxes como para series, como xa foi o caso da primeira quenda. .
Amplía a nova>>
25/04/2022
A Consellería de Cultura anuncia novos programas de apoio á industria
O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, aproveitou o encontro que mantivo este sábado 23 de abril con representantes da industria musical para anunciar a vindeira convocatoria de liñas de axudas para diferentes ámbitos do sector cultural. A sumar un investimento total de 4,8 millóns de euros, as convocatorias anunciadas para as vindeiras semanas inclúen varias das subvencións anuais xa existentes ao tempo que engaden novidades..
Amplía a nova>>