06/11/2003
”Festexar as cidades” é o lema co que se celebra a nova edición do Día Mundial da Arquitectura
Coma cada ano, o Colexio de Arquitectos de Galicia escolleu sete edificios en sete localidades diferentes para chamar a atención sobre esta arte. No día de hoxe a celebración quere reivindicar o papel social e cultural das cidades na historia do país, salientando a necesidade de planificar a evolución das cidades. A Torre de Hércules, a Escola Naval Militar de Marín ou o Concello de Fene son algunhas das construccións seleccionadas.
Máis información en La Voz de Galicia e no web do Colexio de Arquitectos
. Amplía a nova>>
06/11/2003
Galicia é un punta crucial nas rutas migratorias de aves e acolle poboacións únicas de libélulas
A Celebración do Día Mundial das Aves esta fin de semana trouxo á actualidade a importancia do noso país nas rutas migratorias destes animais. Abondosos afeccionados dábanse cita o sábado en Estaca de Bares, un dos principais observatorios ornitolóxicos do país, mentres desde a Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galiza denunciaban o perigo de extinción de moitas especies destes animais no noso país. Mentres, un estudio da Consellería de Medio Ambiente revelou que varios ríos galegos acollen as maiores poboacións ibéricas da libélula Macromia Splendens, en perigo de extinción.
Máis información sobre as aves en El Correo Gallego; sobre as libélulas en La Voz de Galicia
. Amplía a nova>>
06/11/2003
A Xunta prepara a Semana da Ciencia e da Tecnoloxía mentres critica o escaso investimento empresarial en investigación
A Consellería de Innovación, Industria e Comercio, en colaboración con Caixanova, porá en marcha o vindeiro mes de novembro unha nova edición da Semana da Ciencia e da Tecnoloxía. Este evento achegará ás principais cidades os últimos traballos en investigación e desenvolvemento que se integran no Sistema de Innovación de Galicia. Mentres, en resposta a unha pregunta parlamentaria, esta mesma consellería denunciou o escaso investimento que fan en investigación e desenvolvemento as empresas galegas, un dos máis baixos da Unión Europea.
Máis información sobre a Semana da Ciencia no web da Dirección Xeral de I+D e en La Voz de Galicia; sobre as críticas da Xunta ás empresas no Faro de Vigo
.
Amplía a nova>>
05/11/2003
O CGAI celebra os cen anos do pasamento do productor Cesáreo González coa proxección dos seus filmes
O Centro Galego de Artes da Imaxe leva un mes dedicando parte da súa programación a homenaxear unha figura importante dentro do mundo audiovisual: o productor vigués Cesáreo González. As citas convocadas para este mes inclúe proxeccións de produccións súas como “Muerte de un ciclista” (Juan Antonio Bardem, o día 14) ou “¡Vivan los novios!” (Berlanga, o día 22). As proxeccións do CGAI complétanse don dúas xornadas dedicadas ao documental e sesións especial que o día 15 traerán ao guionista arxentino Fernando Castets, que fixo o guión das produccións “O fillo da noiva” e “O mesmo amor, a mesma chuvia”.
Máis información no web do
CGAI e Galicia Hoxe
. Amplía a nova>>
04/11/2003
Francisco Campos dá contas no Parlamento da actividade desenvolvida na CRTVG este ano e anuncia máis proxectos de producción propia
O director xeral da CRTVG, Francisco Campos, compareceu onte no Parlamento para dar conta das actividades desenvolvidas no ente público durante este exercicio e os proxectos para o ano que vén. Entre as prioridades figura continuar amortizando a débeda do ente, a renovación tecnolóxica e manter a audiencia no fondo. Pero no fondo hai unha idea clave: seguir apostando polo audiovisual galego. E neste camiño volveu recordar a implicación do ente coa posta en marcha de seis series de ficción, a coproducción de doce filmes e doce documentais que integran o Plan de Cine, telefilmes serie se e programas que está aberto a concurso público. O orzamento do ente é de 118 millóns de euros, un 3.2% máis que no 2003 (101.9 para a TVG, 8.1 para a Radio Galega e 8 para o ente).
Máis información en
La Voz de Galicia
. Amplía a nova>>
04/11/2003
Comeza a XVII edición de Cineuropa con Dovgille, a última película de Lars Von Trier
Ás 20:00 horas de hoxe o Teatro Principal abrirá as súas portas para proxectar “Dogville”, o último filme do cineasta Lars Von Trier. Co inicio da proxección comezará a XVII edición de Cineuropa que exhibirá na capital galega sesenta títulos entre os que se atopan os premiados en Cannes, Venecia, Berlín, San Sebastián e Valladolid. Este ano Cineuropa entregará o premio especial ao cineasta Bigas Luna e haberá sitio para as curtametraxes galegas, para os documentais que completan un programa no que no faltarán nis as habituais seccións das “cinefilias” nin o maratón de despedida.
Consulta o programa no web de
Santiago Turismo, e máis información en La Voz de Galicia e El Correo Gallego
. Amplía a nova>>
31/10/2003
Filmanova amplía o seu capital para crear unha sociedade de financiamento de longametraxes
Filmanova acaba de medrar. Co aumento de participación de Caixanova e a incorporación do accionariado do Banco Galego (a través de Galiban 21 Comercial) acaban de realizar unha ampliación de capital. O obxectivo é crear, en breve, Filmanova Invest, unha sociedade de financiamento para poder desenvolver longametraxes cinematográficas. Este proxecto terá un capital social de sete millóns de euros e un volume de negocio superior aos 30 millóns de euros para os próximos tres anos.
Máis información no sitio web de
Filmanova
. Amplía a nova>>
30/10/2003
Dez documentais competirán na nova sección do VIII Festival de Cine Independente de Ourense
Entre as novidades que presenta para esta VIII edición o Festival de Cine Independente de Ourense (do 8 ao 16 de novembro) está unha Sección Competitiva dedicada ao documental. “Habana Abierta” de Jorge Perugorría; “Os que dis que din” de Emilio Mac Gregor; “Muxía, política na costa da morte” de Ricardo Llovo; “Monte Alén, Paraíso salvado” de Xosé Abad; “Carrilanos, os túneles dun tempo” por Rafael Cid; “New York Spin” de Pedro Valiente; “El hombre que murió dos veces” codirixido por Iñaki Pinedo e Daniel Álvarez; “Francisco Sánchez-Paco de Lucía” por Daniel Hernández; “Sol de noche” de Pablo Milstein e “Puré Romance” conforman a listaxe de traballos a concurso. Os dez documentais poderanse ver na sala que ten o festival no Edificio Simeón. Ademais, o evento deixa tamén dúas proxeccións galegas: a de “Secuestrados en Xeorxia” de Filmanova e a estrea de “O ladrón de reliquias” de Lugopress e CTV.
Máis información no web do Festival
. Amplía a nova>>
29/10/2003
A Xunta informa da situación do sector ao Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual
A semana que vén o Consello de Ministros reunirase para abordar a concesión das frecuencias da televisión dixital terrestre dentro do Plan Nacional de Tecnoloxía Dixital. E onte a Xunta comunicoulle ao Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual que Galicia aspira á concesión de 80 televisións dixitais de ámbito local, aínda que a Consellería prevé que concederán catro televisións dixitais por cada demarcación (en total vinte concesións). Un feito que obrigou a que Pérez Varela anunciase a remodelación do espacio audiovisual cunha nova normativa autonómica para a televisión dixital autonómica e local.
Máis información en La Voz de Galicia
. Amplía a nova>>
27/10/2003
A televisión pública xaponesa fará unha conexión en directo desde Santiago para amosar o patrimonio cultural
Desde hai varios anos a televisión pública xaponesa (NHK) ensaia un novo formato para dar a coñecer a cultura doutros países mediante programas con varios días de emisión e conexións en directo. E aproveitando que inician a transmisión dixital terrestre de televisión en Xapón, a entidade presenta un programa estrela “Unha viaxe polo patrimonio da humanidade”. Un proxecto que se centra neste caso en transmitir ao espectadores a fusión da culturas que houbo en España. E dentro deste traballo o vindeiro día 7 de decembro un equipo da NHK estará en Santiago para facer unha conexión en directo desde a Catedral, para levar a cultura galega ata o Xapón.
.
Amplía a nova>>