Novas | 4081 a 4090 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

25/11/2003
Produccións de IJV, Dygra e Filmanova conseguen axudas do fondo gubernamental de Ibermedia

“O soño dunha noite de San Xoán” de Dygra Films e a empresa lusa Apia; “Hotel Tívoli” de Filmanova coa Oficina de Imagens e Animatografo II e “O promedio vermello” da productora coruñesa IJV coa chilena Amiguetes Enternainment acaban de ser seleccionados para recibir axudas do comité intergubernamental de Ibermedia. Un fondo que se creou para estimular a coproducción de películas para cine e televisión en Iberoamérica, a montaxe, distribución e promoción de películas no mercado rexional. As axudas, que se conederon a 30 proxectos de coproducción ascenden a máis de catro millóns de dólares

Máis información no web de Ibermedia, consulta a ficha de O Soño dunha noite de San Xoán e a de IJV e Filmanova . Amplía a nova>>

24/11/2003
Conferencias e proxeccións compoñen o programa da XIII Semana de Cine Submarino de Vigo

Universidade e Club Subacuático Bahía de Vigo traballan xuntos da man para organizar a XIII edición da Semana de Cine submarino. E no programa deste ano destácanse dous apartados. Por unha banda a das conferencias, que contará co laureado e coñecido realizador estrela Christian Petron, responsable da expedición do submarino Nautile á zona de afundimento do Titanic en 1998. Pola outra, a das proxeccións o programa conta coa exhibición de produccións internacionais, nacionais e dúas cintas realizadas integramente en Galicia. As xornadas, que comezarán o mércores desenvolveranse no Centro Cultural Caixanova ata o día 28 de novembro.

Máis información no web das Xornadas e na ficha de "Mar de Estrelas" en AVG. Amplía a nova>>

21/11/2003
Bigas Luna recolle esta noite en Compostela o Premio Cineuropa

Inquedo, transgresor, visionario, poético, e contrario ao pudor son algunhas das características que o Concello de Santiago destacou no cine de Juan José Bigas Luna e polas que lle concedeu o Premio Cineuropa 2003. E esta noite o cineasta estará en Compostela para recoller o seu premio e asistir á proxección do seu filme “A camareira do Titanic”. A cita será ás nove no Teatro Principal.

Máis información sobre a homenaxe e a programación no web de Santiago Turismo . Amplía a nova>>

21/11/2003
A Asociación de Actores Galegos presenta a nova edición do catálogo de profesionais con 230 fichas

Nome, foto e unha pequena ficha profesional. Estes son os principais datos que se ofrecen dos 200 actores e actrices, 19 directores e 8 técnicos que conforman a nova edición do “Catálogo da Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena”. Unha publicación que completa a xa editada no 1999, conta con 2.000 exemplares e será distribuído, principalmente, a través das productoras. Esta edición conta tamén cun CD-ROM e tivo un custe de 12.000 euros.

Máis información no web da Asociación de Actores, Directores e Técnicos de escea . Amplía a nova>>

19/11/2003
A productora Continental rodará en Betanzos “Abrígate”, un filme guionizado polo autor de “El hijo de la novia”

Betanzos acollerá o vindeiro outono a rodaxe de “Abrígate”, un filme da productora galega Continental que conta coa participación de Fernando Castets, responsable dos diálogos da premiada “El hijo de la novia”. O filme estará ambientado no noso país e conta a historia de dúas mulleres, unha perruqueira galega e outra que chega de Arxentina.

Máis información en Galicia Hoxe e en La Opinión

. Amplía a nova>>

14/11/2003
José de Cora, a Escola Galega de Cine e Vaca Films presentan os seus proxectos en Ourense

O Festival de cine de Ourense enfila a recta final da súa oitava edición. E faino con máis proxeccións galegas. En primeiro lugar, José de Cora presentou a súa película “O ladrón de Reliquias” (CTV e Lugopress), despois a productora coruñesa Saga TV fixo o propio con “O derradeiro grolo”, dirixida por Olalla Piñeiro. A presentación das produccións continuaron coas curtametraxes da Escola Galega de Cine (Egaci) e os proxectos do xénero fantástico e de terror de Vaca Films.

Máis información na nosa ficha do Festival, da productora Lugopress e da escola Egaci. Amplía a nova>>

13/11/2003
Agapi presenta un catálogo da producción independente para chegar aos mercados internacionais

A Asociación Galega de Productoras Independentes (Agapi) acaba de presentar no Festival de Cine Independente de Ourense o primeiro catálogo que agrupa toda producción independente realizada polas firmas galegas. Trátase, en palabras do presidente de Agapi, dunha “ferramenta de traballo que permitirá entrar nos mercados internacionais”. Cunha tiraxe de 500 exemplares (impresos e en soporte CD-Rom) comezouse a distribuír no propio festival, dentro da sección de “Título Provisional” á que acoden preto de corenta firmas chegadas da República Checa, Francia, Portugal e México e a partires da semana que vén nos mercados e eventos internacionais.

Máis información na nosa ficha da Agapi . Amplía a nova>>

11/11/2003
Dygra Films presenta en Ourense “O soño de San Xoán” e os seus productos de animación

Hai dous anos Dygra acudía ao Festival de Cine de Ourense co seu primeiro proxecto debaixo do brazo. Tratábase de “O bosque animado”, a primeira longametraxe comercial de animación creada en Europa. Hoxe, logo do bo facer colleitado polo producto, presenta “O soño dunha noite de San Xoán”, outra longametraxe que segundo o seu guionista e creador, Miguel Angel de la Cruz, “non é unha adaptación da novela de Shakespeare, senón máis ben unha secuela”. A súa estrea está prevista para a noite de San Xoán de 2005. Pero hai máis proxectos: o máis inmediato é a longametraxe “O club do bosque”, que sairá en vídeo e DVD a principios do ano que vén. Trátase da segunda parte de “O Bosque Animado”, que tamén inspira una serie que comezará a realizarse no 2004 e que se finalizará no 2006. E máis a medio prazo, desde Dygra Films trabállase nunha coproducción cunha empresa danesa, e en cine dixital “Os mortos van ás présas” que será o seu primeiro traballo con imaxe real.

Web oficial de Dygra; ficha de O soño en AVG; ficha de O bosque animado e de Dygra en AVG . Amplía a nova>>

11/11/2003
A Fundación Aisge compra un local en Santiago para ofrecer máis servicios aos actores galegos

Pilar Bardem e Isabel Blanco, presidenta e delegada en Galicia da Fundación Aisge (Artistas e Intérprete Sociedad de Gestión) aproveitaron a celebración do Festival Internacional de Cine de Ourense para explicar os obxectivos da asociación, así como informar da compra dun local en Santiago. Un espacio que servirá para ofrecer máis actividades formativas das que se beneficiarán todos aqueles que se queiran asociar. A fundación, constituída en xullo do 2002, é unha sociedade que ten tres obxectivos básicos: formación dos artistas intérpretes (que inclúe desde actores ata coreógrafos), xestión dos dereitos de propiedade intelectual e desenvolvemento de servicios de carácter asistencial.

Web de AISGE . Amplía a nova>>

10/11/2003
Montxo Armendáriz recibe o premio Concello de Ourense 2003 facendo un percorrido pola súa carreira profesional

O sábado comezou na cidade das Burgas a cita co cinema. A VIII edición do Festival de Cine Independente de Ourense entregou o premio do concello a Montxo Armendáriz. E o director vasco mantivo un encontro co público onde aproveitou para pedir exencións fiscais para o investimento privado no cinema, ademais de destacar a importancia da figura do productor, como unha parte importante no proxecto. No programa previsto para hoxe destaca a presentación do obradoiro de actores que organiza a AISGE e que imparte Jose Luís Cuerda e a segunda proxección de “Fresa e chocolate” dentro do ciclo de cine dedicado a Cuba.

Máis información no web do Festival de Cine de Ourense . Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org