30/12/2003
A Coruña é a cidade do Estado que ten as entradas de cine matinais máis caras
Ir ao cinema é caro. E así se desprende do ultimo informe realizado pola Federación de Consumidores en Acción (Facua España) que sinala que o prezo medio dunha entrada de cine é de 4'62 euros. E entre os datos que figuran, desglosados por días e sesións, figura que a cidade da Coruña ten a sesión de cine matinal (con 5.05 euros) máis cara do estado.
Máis información no web de Facua
. Amplía a nova>>
29/12/2003
A linguaxe audiovisual entrará nas escolas da man do programa Au2003
A Consellaría de Educación e o Consorcio audiovisual acaban de iniciar unha nova vía de promoción do sector audiovisual. Este novo proxecto chámase Au2003 e é unha iniciativa pretende iniciar aos escolares de primaria, secundaria e bacharelato na linguaxe da imaxe. O programa desenvolverá en tres fases: a primeira para a selección dos centros escolares; a segunda na creación dun curso de formación de monitores (de xaneiro a marzo) e por último unha aplicación práctica nos centros (de marzo a maio).
Máis información en La Voz de Galicia
. Amplía a nova>>
23/12/2003
O concello de Santiago promove a cidade e as curtametraxes cun certame
"Curtocircuíto" é moito máis que un festival de curtametraxes. É un evento que pretende impulsar a produción audiovisual, seguir demostrando o potencial de Compostela como capital de rodaxe e a promoción turística da cidade. Son os obxectivos dun certame que se desenvolverá do 11 ao 19 de xuño en Compostela e que inclúe un certame de curtas, un concurso de guións e proxeccións en distintas prazas da cidade. “Curtocircuíto” está organizado polo Concello de Santiago co patrocinio de Caixa Galicia.
Máis información no web Santiago Turismo
. Amplía a nova>>
17/12/2003
Filmax preestrea en Compostela e en galego a súa longametraxe de animación “O Cid, a lenda”
Venres 19 de decembro. Esta é a data na que 270 copias por todo o estado español proxectarán "O Cid, a lenda" a longametraxe de animación creada por Filmax Animation, o selo de animación do Grupo Filmax. Unha película que se preestreará, na versión galega, esta noite ás 20:00 no Pazo de Congresos de Santiago nun acto ao que asistirán Manuel Fraga, presidente da Xunta, Xulio Fernández, presidente de Filmax e Xesús Pérez Varela, conselleiro de Cultura. "O cid" que é candidato ao Goya na categoría de animación, vaise distribuír en castelán, galego e catalán.
Máis información sobre “O Cid” na súa ficha
. Amplía a nova>>
11/12/2003
Luís Tosar, María Pujalte e Víctor Clavijo son candidatos aos Goya por mellor actor, actriz de reparto e actor revelación respectivamente
Estes días multiplícase a proxección do audiovisual galego no exterior. Empezamos polo máis próximo, que son os premios Goya, que se entregan o vindeiro 31 de xaneiro e que contan cunha listaxe de candidatos nos que figuran abondosas galegos. Luís Tosar por "Douche os meus ollos" opta ao mellor actor protagonista; María Pujalte a mellor actriz secundaria por "O lapis do carpinteiro" e Víctor Clavijo por "O agasallo de Silvia" pode converterse no mellor actor revelación. "O misterio Galíndez", no que participaron TVG e Continental conseguiu dúas candidaturas á mellor dirección de produción e á mellor fotografía. Polo demais, son tamén candidatos a un Goya "O Cid. A lenda" por mellor película de animación e "O lapis" por mellor dirección artística. A seguinte cita co audiovisual será do 5 ao 15 de febreiro no Festival de Berlín, onde a película "A vida que che espera", protagonizada por Luís Tosar e Celso Bugallo, acaba de ser seleccionada para a sección oficial. E por último, mañá, no marco de Animadrid presentarase o Cartoon Forum Galicia, que se desenvolverá do 22 ao 25 de setembro do 2004 en Santiago e que será a cita para coñecer os proxectos de animación para televisión que se están a desenvolver en toda Europa.
Máis información sobre
Luís Tosar; María Pujalte; "O agasallo de Silvia"; “O Cid, a lenda", no web de Continental e sobre o Cartoon Forum no web de Animadrid. Amplía a nova>>
11/12/2003
Jorge Coira e Carlos Alberto Alonso serán homenaxeados nas mostras de curtametraxes de Noia e Ferrol
Noia e Ferrol son as novas citas do audiovisual para os vindeiros días. E a primeira comeza mañá na quinta edición da Mostra de Curtametraxes Vila de Noia. Durante tres días proxectaranse 25 curtametraxes e homenaxearán a Jorge Coira, quen presentará un adianto da súa primeira longametraxe, "O ano da carracha". E os vindeiros 29 e 30 de desenvólvense as xornadas de curtametraxes que desde hai tres anos organiza o Ateneo Ferrolán. E entre o programa figura unha retrospectiva ao fenés Carlos Alberto Alonso, do que se exhibirán as súas curtas "Perla", "The end." e "As muxicas".
Consulta máis información en
El Correo Gallego e a fichas de Jorge Coira e Carlos Alberto Alonso
. Amplía a nova>>
05/12/2003
A coprodución, e a relación entre o audiovisual e a tecnoloxía centra as seguintes citas da empresa audiovisual
As posibilidades da coprodución centra o segundo foro que organiza AEGA, Asociación de Empresas do Audiovisual, en colaboración coa Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, co Consorcio do Audiovisual e FAPAE, Federación de Asociaciones de Produtores Audiovisuais de España. A cita será os días 11 e 12 de decembro en Santiago. E seis días máis tarde, o 18, Agapi e Eganet, Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet, organizan unha xornada na que pretenden sentar as bases para desenvolver acordos entre o mundo da tecnoloxía e o do audiovisual.
Consulta máis información sobre
Aega e a fichas de AGAPI e sobre o foro en Eganet
. Amplía a nova>>
02/12/2003
O Consorcio do Audiovisual fai balance da actividade do 2003 e prepara o ano fomentando a produción de documentais
A piques de acabar o ano, o Consello de Dirección do Consorcio Audiovisual de Galicia reuniuse en Santiago para facer balance das actividades realizadas no 2003 e preparar o camiño para o ano que vén. Entre as novidades destaca a posta en marcha do Plan de Promoción de Documentais; a elaboración da base de datos "Rodado en Galicia"; a incorporación á Federación de Entidades Rexionais do Audiovisual Europeo; a preparación de varios encontros e a potenciación do sector da animación. Unha serie de actividades que levarán cun orzamento de 636.000 euros.
Máis información no web do
Consorcio, na súa ficha en AVG, e a nova en Galicia Hoxe
. Amplía a nova>>
01/12/2003
Filmax presenta en Sitges “O cid” e un avance da súa longametraxe “Romasanta”
O Festival de Cine de Sitges (do 27 ao 7 de decembro) acolleu a presentación dos últimos traballos da productora Filmax que, precisamente, cumpre 50 anos de actividade no sector do audiovisual. E a gran primicia foi a premiere de “O Cid, a lenda” a longametraxe de debuxos animados que elaborou entre Santiago e Valencia (nos estudos Bren e Toon respectivamente). A estrea comercial do filme está prevista en 260 salas para o vindeiro día 19. Ademais, Filmax aproveitou a súa presencia para dar a coñecer un avance de “Romasanta, a caza da besta” o filme dirixido por Paco Placa e que está baseado nunha novela de Alfredo Conde. Por outra banda, o público desta edición de Cineuropa outorgou un 9 ao filme “Dogville” de Lars Von Trier. Convertiuse así o gañador nun certame no que “Ararat” (Atom Egoyam) acadou o segundo posto cun 8.22 e o terceiro posto para “In this world” de Winterbottom cun 8. En sección non oficial a película vencedora foi “As invasións bárbaras” de Dennys Arcand.
Máis información no web de Filmax Animation e na ficha de O Cid, nova sobre a rodaxe de Romasanta
.
Amplía a nova>>
28/11/2003
Diferentes películas que falan do sexo centra o maratón coa que conclúe a XVIII edición de Cineuropa
Despois de 24 días Cineuropa chega ao seu fin. E faino coma sempre, cun maratón de sete filmes que abordan desde diferentes puntos de vista unha mesma idea. E o tema sobre o que xira á última proxección da XVIII edición do festival vai sobre o sexo. "Ken Park", "Happiness", "Headwing and The angry inch", "Golfos e picardías de antano", "Hulster White", "Réquiem for a dream" e "Irreversible" son os títulos escollidos para fechar o mes cinematográfico de Compostela por excelencia.
Máis información en
Santiago Turismo e en Galicia Hoxe
. Amplía a nova>>