Estes dÃas multiplÃcase a proxección do audiovisual galego no exterior. Empezamos polo máis próximo, que son os premios Goya, que se entregan o vindeiro 31 de xaneiro e que contan cunha listaxe de candidatos nos que figuran abondosas galegos. LuÃs Tosar por "Douche os meus ollos" opta ao mellor actor protagonista; MarÃa Pujalte a mellor actriz secundaria por "O lapis do carpinteiro" e VÃctor Clavijo por "O agasallo de Silvia" pode converterse no mellor actor revelación. "O misterio GalÃndez", no que participaron TVG e Continental conseguiu dúas candidaturas á mellor dirección de produción e á mellor fotografÃa. Polo demais, son tamén candidatos a un Goya "O Cid. A lenda" por mellor pelÃcula de animación e "O lapis" por mellor dirección artÃstica. A seguinte cita co audiovisual será do 5 ao 15 de febreiro no Festival de BerlÃn, onde a pelÃcula "A vida que che espera", protagonizada por LuÃs Tosar e Celso Bugallo, acaba de ser seleccionada para a sección oficial. E por último, mañá, no marco de Animadrid presentarase o Cartoon Forum Galicia, que se desenvolverá do 22 ao 25 de setembro do 2004 en Santiago e que será a cita para coñecer os proxectos de animación para televisión que se están a desenvolver en toda Europa.
Máis información sobre
LuÃs Tosar; MarÃa Pujalte; "O agasallo de Silvia"; “O Cid, a lenda", no web de Continental e sobre o Cartoon Forum no web de Animadrid