27/01/2004
A produtora Zénit organiza un foro sobre a adaptación de obras literarias ao cine e á televisión
A literatura é unha das fontes de procedencia de moitas películas. E cómo converter unha novela nun guión é o obxectivo que se analiza no foro de adaptación literaria, "Historias de don Camilo", que organiza a produtora Zenit Televisión. O evento desenvolverase o xoves no salón de actos do Consello da Cultura Galega (CCG) e céntrase en tres bloques: a presentación de tres películas baseadas en contos de Camilo José Cela; a adaptación literaria a series de televisión e a adaptación como valor de produción. Entre os conferenciantes están os directores e guionistas Mario Camus e Fernando Méndez-Leite e todos os relatorios poderán seguirse en directo no web corporativo do CCG.
Máis información no web do
Consello da Cultura Galega
. Amplía a nova>>
26/01/2004
O Foro Teatral de Sada cambia de sede para protestar pola moción de censura
A moción de censura de Sada levanta espullas no tema político, social e tamén no cultural. Neste último ámbito o Foro Teatral, creado hai tres anos para constituír un foro de debate e estudo do mundo teatral galego, acaba de facer público que cambiará a súa sede (polo momento sen determinar) como mostra de protesta. Agora, o foro pasará a chamarse "Foro teatral de Sada no exilio". Ademais, membros do audiovisual xa comentaron a posibilidade de facer unha película sobre o tema e, quen si fará un documental, é o director de curtametraxes sadense Alfonso Hernández .
.
Amplía a nova>>
21/01/2004
TVG e o ICO asinan un convenio para favorecer o financiamento das producións audiovisuais
A TVG asinou onte un convenio co Instituto de Crédito Oficial, dentro das medidas estabelecidas para potenciar o sector audiovisual. Coa esta sinatura, a cargo dos directores xerais de ambas entidades, conséguese unha liña de crédito de nove millóns de euros e que supón unha liña complementaria de financiamento das producións. Este convenio aplícase ás obras audiovisuais producidas desde o 2003 até o 31 de decembro de 2005 e cuxos dereitos estén en propiedade da CRTVG. Con esta inxección económica, Francisco Campos plantexou que o reto do sector para os vindeiros cinco anos é conseguir exportar o 40% da produción que se realiza en Galicia.
Máis información en
El Correo Gallego
. Amplía a nova>>
21/01/2004
Margarita Ledo presenta no Teatro Principal a súa primeira longametraxe "Santa liberdade"
Durante dous anos, a catedrática de comunicación audiovisual Margarita Ledo (Castro de Rei, 1951) estivo recompilando información sobre a historia do secuestro do "Santa María". E o resultado dese traballo é unha película documental que conta a versión galega do secuestro do trasatlántico portugués por un comando formado por galegos e lusos do Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación. A estrea da produción será mañá día 22, ás 20:30 no compostelán Teatro Principal.
Máis información sobre a produción na súa
ficha
. Amplía a nova>>
20/01/2004
Filmax recibirá unha homenaxe no Fantasporto, Tosar presenta "Douche os meus ollos" e continúa a desenvolverse o festival de animación
O audiovisual galego sae a palestra por múltiples motivos. En primeiro lugar, porque en Porto continúa a desenvolverse o ciclo de animación que reúne aos responsábeis da animación galega e portuguesa para afondar nas súas relacións e nas súas posíbeis vías de colaboración. Polo demais, Luís Tosar está en Park City (no estado americano de Utah) para presentar no Sundance a película "Douche os meus ollos", que protagoniza xunto con Laia Marull e dirixida por Icía Bollaín. Unha película que busca un oco no panorama americano e que terá que rivalizar con "O maquinista" a ultima produción de Filmax. E precisamente a produtora-distribuidora dirixida por Julio Fernández recibirá unha homenaxe no Festival Internacional de Cine Fantástico de Porto (Fantasporto) polo "seu traballo realizado para que o cine non comercial entre nos circuítos internacionais".
Máis información sobre o I Encontro Luso-galaico de Animación en Cine por la Red, sobre a presenza de Tosar no Sundance en La Voz de Galicia e sobre o Fantasporto no seu web
. Amplía a nova>>
16/01/2004
A Academia Galega do Audiovisual organiza un debate para analizar a viabilidade da segunda canle da TVG
¿É necesaria unha segunda canle da TVG en Galicia? Preguntas coma esta serán as que terán que responder os profesionais e persoas relacionada co sector audiovisual no foro ao que están convocados o vindeiro xoves 22 en Vigo. A cita, convocada pola Academia Galega do Audiovisual tamén contará coa presenza de directivos doutras emisoras estatais que explicarán a súa experiencia desde o punto de vista do medio.
Máis información na ficha sobre a
Academia Galega do Audiovisual
. Amplía a nova>>
13/01/2004
A Consellaría achega a editores e produtores para crear un fondo de libros que levar ás pantallas
O cine é unha fonte de ideas. E agora, produtores e editores volveron a renovar o compromiso iniciado no 2001 de relacionar a literatura galega e o audiovisual. O segundo encontro propiciouno a Consellaría de Cultura, que achegará 30.000 euros para crear un catálogo de 16 obras literarias galegas para a súa adaptación a un produtor audiovisual como longametraxe, serie ou película para televisión. As entidades implicadas son, por un lado a Asociación Galega de Editores (AGE) e polo outro a Asociación Galega de Produtores Independentes (AGAPI) e a Consellaría de Cultura. O catálogo inclúe unha sinopse da obra, viabilidade de produción, mercados obxectivos, valor estimado do mercado, posíbeis socios financeiros e custes dos dereitos de propiedade intelectual.
Consulta a listaxe completa das obras en
La Voz de Galicia e El Correo Gallego e o anterior acordo entre as tres entidades en AVG
. Amplía a nova>>
12/01/2004
Os monitores de Audiovisual nas aulas formaranse nun curso impartido por profesionais
O Consorcio Audiovisual vén de presentar as súas fichaxes para impartir o curso de formación dos monitores que levarán o proxecto Audiovisual na aulas ante os estudantes de primaria e secundaria. Un equipo formado por profesionais de todas as áreas do sector audiovisual compartiran os seus coñecementos e experiencias con corenta futuros monitores que serán os encargados de aumentar o dominio da linguaxe audiovisual na mocidade. Entre os profesores deste curso, que se impartirá no Centro Multimedia, destacan nomes os de Gayoso, Antón Reixa, Xosé Manuel Piñeiro, as actrices Isabel Blanco e Uxía Blanco. Tamén participarán realizadores, profesores universitarios e críticos.
Máis información en Galicia Hoxe e El Correo Gallego. Amplía a nova>>
05/01/2004
“O Cid, a lenda”, a película de animación feita en Galicia sitúase entre as máis exitosas do Estado
Un millón de euros recadados nos dez primeiros días de exhibición fixo de “O Cid, a lenda” un dos filmes dez filmes máis vistos este Nadal. A película, que se desenvolveu en parte na factoría de animación Bren de Santiago de Compostela, custou arredor de oito millóns de euros e exhíbese con 288 copias por toda España, das que tres son en galego, catro en vasco, e doce en catalán.
Máis información en La Voz de Galicia; máis sobre o filme en AVG
. Amplía a nova>>
30/12/2003
Xurxo Souto presenta no CGAI un documental sobre Pucho Boedo
Un total de 14 curtametraxes compoñen o cartel das III Xornadas de Curtametraxes que hoxe e mañá se desenvolven no ateneo ferrolá. E que teñen ao director Carlos Alberto Alonso como principal protagonista. Por outro lado, o CGAI retomará en xaneiro as súas proxeccións entre elas están os ciclos dedicados a Akira Kurosawa, Olivier Assayas, o produtor vigués Cesáreo González, Nicolás Philibert e o actor e director galo Jacques Tati. E entre todas estas citas figura un documental sobre Pucho Boedo. Elaborado polo músico Xurxo Souto titúlase "Pucho Boedo: un crooner da fin do mundo".
Máis información na súas fichas en AVG do
CGAI e de Carlos Alberto Alonso
. Amplía a nova>>