Novas | 4101 a 4110 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

24/10/2003
A venta de entradas por internet e por teléfono evitarán as colas no certame Cineuropa 2003

Sesenta películas, con títulos aínda sen confirmar, conforman o cartel de Cineuropa 2003. O evento cinematográfico de Compostela do mes de novembro abrirá as súas portas o día 4 coa película de Lars Von Trier “Dogville”. Na sección competitiva figuran “In this world” (Michael Winterbottom) e “Su hermano” (Patrice Chereau) e “Historie de Marie et Julien” (Jacques Rivette). Haberá tamén cinema galego gracias ao programa Curtas 03 promovido polo Consorcio do Audiovisual. Ademais, habilitarase a venda de entradas das películas por internet (http://www.servinova.com) e por teléfono (902 50 45 00).

Máis información en La Voz de Galicia a opinión do director do Festival en El Correo Gallego . Amplía a nova>>

23/10/2003
Montxo Armendáriz e Cuba son os protagonistas na 8 edición do Festival de Cine de Ourense

Máis cine en Ourense. A programación da oitava edición do Festival de Cine Independente conta con máis proxeccións na sección oficial que nas mostras anteriores: 10 longametraxes optarán á Gran Calpurnia (dotada 12.000 euros); 51 curtametraxes (dos que 31 son galegos debido á inclusión do programa Curtas 03 na programación) tentarán acadar os 3.500 euros correspondentes á súa categoría, o premio Canal + (que consiste en marcar os dereitos de emisión a 120 euros/minuto) ou o premio Eixo Atlántico, que ten unha contía de 1500 euros. O apartado dos galardóns complétase coa Calpurnia ao mellor director (2.000 euros), dous premios AISGE ao mellor actor e actriz (1.500 euros a cada un) e o premio do público que ascende a 1.500 euros. A programación complétase coa retrospectiva a Montxo Armendáriz e un ciclo de cine cubano.

Máis información en Cine por la red e no web do Festival . Amplía a nova>>

22/10/2003
Produccións galegas acoden ao Festival Internacional de Cine do Sahara

“O lapis do carpinteiro” de Antón Reixa e “Os luns ao sol” de Fernando León participarán na primeira edición do Festival Internacional de Cine do Sahara. A cita será do 20 ao 23 de novembro en Tinduf (Argelia). Un festival que mantén unha estreita colaboración co Festival de Cine de Ourense. Precisamente un evento no que competirá, na sección oficial, a película “Ollos que non ven”. Unha producción na que participa a productora coruñesa IJV e que chegará a Ourense logo de participar no festival de San Sebastián e gañar o primeiro premio en Biarritz.

Máis información nos web dos festivais de cine do Sáhara e de Ourense

. Amplía a nova>>

20/10/2003
O concello de Ourense non creará unha comisión para investigar as contas do último Festival de Cine

Non haberá comisión de investigación da xestión do último Festival de Cine Independente de Ourense. A semana pasada o BNG forzara un pleno extraordinario con carácter de urxencia para pedir que se analizasen as contas do Festival do ano 2002. Pero os 14 votos do Partido Popular foron suficientes para que non se crease a comisión. . Amplía a nova>>

17/10/2003
Valencia, Francia, Bos Aires e Bruxelas exhibirán as curtametraxes do programa Curtas 03

No pasado mes de marzo o Consorcio do Audiovisual aprobou un programa de promoción de curtametraxes galegas, Curtas 03. Daquel concurso público elaboráronse dous catálogos: un para a promoción en Galicia e outro para a promoción fóra de Galicia. Agora, o Consorcio fai públicos os destinos de promoción. Os primeiros exhibiranse no CGAI, no Festival Internacional de Cine de Ourense e en Cineuropa en Santiago, mentres que os da segunda listaxe irán a Valencia, Francia, Bos Aires (Semana de Cine galego de Bos Aires do 4 ao 10 de decembro) e Bruxelas (Festival de Cines de España e de América Latina, do 6 ao 25 de novembro).

Máis información no Consorcio do Audiovisual . Amplía a nova>>

15/10/2003
O BNG forza a celebración dun pleno extraordinario para aclarar as contas do último festival de cine de Ourense

As contas do último festival de Cine Independente de Ourense serán revisadas nun pleno extraordinario. Aínda que a corporación municipal rexeitou a creación dunha comisión de investigación, as sinaturas dos sete concelleiros do BNG son suficientes para forzar unha sesión extraordinaria. O BNG esixe “responsabilidades políticas e administrativas” logo de que o director do evento, José Araújo, recoñecera a "La Región" que o festival lle pagara facturas por importe de 36.000 euros a unha empresa, que é propiedade do seu socio.

Máis información na edición de hoxe de La Región . Amplía a nova>>

14/10/2003
O Consorcio Audiovisual de Galicia promoverá a estrea de películas fóra de Galicia

A partir de agora ver películas galegas fóra da nosa comunidade será máis doado. E isto débese a unha iniciativa promovida polo Consorcio Audiovisual de Galicia coa que pretende facilitar a distribución do audiovisual galego. E para iso conta con 120.000 euros, que repartirá entre longametraxes de máis de 60 minutos de duración e que se estreen entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2003. A contía máxima de axudas por estrea é de 12.000 euros.

Máis información no web do Consorcio do Audiovisual . Amplía a nova>>

13/10/2003
Un informe da Xunta constata o crecemento do sector audiovisual capitaneado pola TVG

Un sector en cifras. A Consellería de Cultura acaba de presentar o seu informe sobre o Audiovisual Galego entre os anos 2001 e 2002, que constata un bo desenvolvemento do sector, tanto en número de empresas coma en productos audiovisuais. En total a Xunta achegou máis de 2 millóns de euros en 144 proxectos audiovisuais, que xeraron uns 20,5 millóns de euros. Ademais, no informe constátase a importancia da TVG como motor do sector, e o desenvolvemento das figuras creadas na lei do audiovisual, tales como a Cidade da Imaxe e das Novas Tecnoloxías ou o Consorcio do Audiovisual.

Máis información no Consello da Xunta (en .pdf) . Amplía a nova>>

10/10/2003
O 15 de outubro sae á venda a versión en galego do filme “Doraemon e o tren do tempo”

“Doraemon e o tren do tempo” poñerase á venda en vídeo e DVD antes de que se poida ver nos cines. Será o vindeiro día 15 e estará en galego. É unha iniciativa da distribuidora, Luk Internacional, que este verán estreou “Doraemon e o imperio maia” e “Shin Chan na procura das bólas perdidas”. Este último filme sairá en vídeo e DVD o vindeiro 5 de novembro.

Máis información no web de A Mesa pola Normalización Lingüística . Amplía a nova>>

10/10/2003
Montxo Armendáriz recibirá o premio “Concello de Ourense” no marco do Festival de Cine

Comeza a conta atrás. Malia o aluvión de críticas e protestas ante a xestión económica do Festival de cine de Ourense, o evento inicia a súa conta atrás. E aínda que falta case un mes (do 8 ao 15 de novembro) xa se coñece a quen se lle vai a conceder o premio “Concello de Ourense”. Trátase do director Montxo Armendáriz, a quen tamén se lle dedica un ciclo en que se proxectarán seis filmes seus. Esta edición do festival, que terá o maior número de películas da súa historia, contará cun ciclo dedicado ao cine feminino.

Máis información na nosa ficha do Festival. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org