| << Anterior | Siguiente >> |
24/03/2004
AVG é candidato aos Mestre Mateo na categoría de mellor multimedia
Consulta as fichas das produccións candidatas. Na categoría de Multimedia: Dygra e Tres Deseos Animación; na categoría de Mellor Produción de Publicidade: “A todas horas Radio Galega” de Adivina, "Voluntarios" de Estrella Galicia feito por Continental e “Gracias ao voluntario” de Lúa Films; na categoría de Mellor Documental "Muxía, política na Costa da Morte" de Zopilote, "Terras de Merlín" da Produtora Faro e Televisión de Galicia, "O que dis que din" e "Pucho Boedo. Un crooner na fin do mundo" de Voz Audiovisual. Consulta o resto do procedemento no web da Academia Galega do Audiovisual
. Amplía a nova>>15/03/2004
O Consorcio audiovisual subvencionará a presentación de longametraxes fóra de Galicia
Máis información no web do Consorcio
. Amplía a nova>>09/03/2004
Tosar conseguiu o Fotograma de Prata 2003 pola súa interpretación en “Douche os meus ollos”
Máis información sobre o premio Fotogramas en La Voz de Galicia e sobre o galardón da Unión de Actores en Galicia Hoxe
. Amplía a nova>>08/03/2004
Lúa Films prepara a primeira longametraxe galega de animación feita con plastilina
Máis información no xornal La Voz de Galicia . Amplía a nova>>
05/03/2004
O MARCO acolle un ciclo de películas a medio camiño entre a arte e o cine
Máis información no xornal do Concello de Vigo
. Amplía a nova>>26/02/2004
Pérez Varela anuncia un incremento de axudas para o audiovisual galego do 13%
Este será o ano das producións en animación. É o obxectivo marcado pola Xunta de Galicia, que convocou onte unha rolda de prensa para dar a coñecer a situación do sector. Fílmax, que acaba de constituír a división de animación “Filmax animation”, falou dos seus proxectos en curso (Pinoccio, Donkey e Nocturna). Pola súa parte, Dygra, que onte fixo público o seu novo proxecto “O asno de ouro”, pretende consolidar o seu camiño coa segunda parte de “O bosque animado” e “O soño dunha noite de San Xoán”. O apoio institucional pasa polo anuncio de tres citas relevantes para o mundo da animación: o Cartoon Future (23-25 de abril), Mundos dixitais (5-9 de xullo) e o Cartoon Forum (22-25 de setembro). Pérez Varela tamén anunciou un incremento do 13% nas axudas ao sector audiovisual e mencionou que este ano hai 123 proxectos presentados e 128 máis en estudo.
Máis información en La Voz de Galicia e El Correo Gallego
. Amplía a nova>>26/02/2004
A mesa anuncia a distribución en galego dos filmes de Doraemon e Shin Chan
Máis información en Galicia Hoxe e na entrevista a Carlos Callón publicada en Arestora
25/02/2004
Maribel Verdú protagoniza “Mar vermello” que coproduce TVG e Continental
Máis información no web de Continental
. Amplía a nova>> En 1999 o Concello de Ferrol mercou o castelo de San Filipe que hoxe está proposto pola Real Academia de Belas Artes para que a Unesco o declare Patrimonio da Humanidade. E entre as primeiras medidas que se adoptaron figuraba cobrar unha taxa de 165 euros por rodaxe a cargo de particulares e de empresas interesadas en realizar gravacións cinematográficas, de vídeo ou fotografías. Unha taxa que o actual goberno da que acaba de eximir a aquelas empresas que filmen cunha finalidade social ou pública.Máis información no Diario de Ferrol
18/02/2004
Preséntase a curtametraxe “La petición de mano”, dirixida por Ben Temple con guión de Anxos Sumai
| << Anterior | Siguiente >> |
