Novas | 4031 a 4040 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

22/04/2004
O sector audiovisual estatal toma como modelo a aplicar en España a Lei do Audiovisual Galego

Tomar como modelo a Lei do Audiovisual Galego para a redacción dunha Lei Audiovisual estatal foi un dos puntos abordados na primeira sesión do Foro “Pola excepción e a identidade cultural” que a Academia Galega do Audiovisual celebra até o sábado na Fundación Luís Seoane. Os máis de vinte colectivos agrupados ao redor da Plataforma do Cine solicitaron que se declare xa a “excepción cultural”, é dicir, que se aproben o conxunto de normas económicas e lexislativas que garanten a viabilidade do sector e preservan a nosa identidade cultural. O foro continúa hoxe debatendo os conceptos de “marca de fábrica” e “Identidade cultural”.

Máis información no web da Academia Galega do Audiovisual e en La Voz de Galicia

. Amplía a nova>>

20/04/2004
Representantes que forman parte da Rede de Cidades de Cine programan o traballo para os vindeiros seis meses

Hai seis meses, representantes de Santiago, Salamanca, San Sebastián, Venecia, Porto e Tesalónica (que conforman a Rede de Cidades de Cine) reuníronse en San Sebastián para coordinar a rede aprobar o programa de traballo para este ano. E agora, reúnense en Santiago para analizar a evolución do gasto, o programa xeral e o proxecto de mercadotecnia do presente ano.

Máis información en Galicia Hoxe e Santiago Turismo

. Amplía a nova>>

19/04/2004
A Academia Galega do Audiovisual organiza para o mércores un "Foro pola excepción e a identidade cultural"

A Academia Galega do Audiovisual celebrou o ano pasado un debate para falar de que necesidades identitarias ha de satisfacer a estrutura audiovisual. E, á vista dos bos resultados obtidos, este ano repite a experiencia. O foro coincidirá coa xuntanza mensual que celebra a Plataforma para a Defensa do Cine Español que tamén intervén ten prevista a súa participación. A cita será na Fundación Luís Seoane na Coruña os días 21, 22 e 23 de abril.

Máis información en Vieiros

. Amplía a nova>>

15/04/2004
O IGVS adxudica a redacción do plan da Cidade da Imaxe que estará construído no 2006

O 1 de xaneiro de 2006 é a data que o Concello de Santiago baralla para pór en venda os terreos da Cidade da Imaxe. Trátase dun polígono industrial situado en San Marcos no que se instalarán as empresas relacionada co mundo da imaxe. A día de hoxe, cando o Instituto Galego da Vivenda e Solo acaba de adxudicar a redacción do plan de sectorialización, xa hai trinta empresas interesadas no proxecto. A celeridade do proxecto, que depende dos trámites administrativos, é determinante na viabilidade deste proxecto que terá entre 100 e 150 parcelas.

Máis información en La Voz de Galicia e na na nosa hemeroteca

. Amplía a nova>>

31/03/2004
Lugopress presenta unha teleserie sobre os Ancares que se emitirá en Localia

As lendas, a antropoloxía e a etnografía de 18 municipios dos Ancares queda plasmada na serie para televisión "O Grial dos Ancares" que onte se presentou en Lugo. Producida por Lugopress para a Rede Rural de Desenvolvemento, conta con trece capítulos e está programado para emisión nas oitenta emisoras de Localia. O realizador da serie é Yago Mazoy e o director de produción é José Luís Tejero.

Máis información na edición de hoxe de El Progreso e consulta a ficha de Lugopress

. Amplía a nova>>

30/03/2004
"Luar na lubre" celebra os seus 18 anos cun disco e cunha película documental

Luar na Lubre cumpre a súa maioría de idade dun xeito atípico na súa traxectoria. En primeiro lugar porque saca un novo traballo, "Hai un paraíso", no que se achega ao pop e ao jazz; e en segundo lugar porque estrea unha película documental ("Un bosque de música") que mestura música e cine. Logo da presentación multitudinaria en Nova York , a longametraxe dirixida por Ignacio Villar estrearase na Coruña o vindeiro 14 de maio.

Máis información en La Opinión no web de Luar na Lubre e consulta a ficha de Un bosque de música en AVG

. Amplía a nova>>

30/03/2004
Xan Leira estrea en Bos Aires unha película documental sobre Alexandre Bóveda

Xan Leira leva catro anos traballando nunha triloxía documental sobre a historia da guerra civil en Galicia. A primeira parte presentada hai un ano foi “Castelao e os irmáns da Liberdade”. Agora, o proxecto continúa coa presentación de “Alexandre Bóveda: unha crónica de Galicia Mártir”. A longametraxe producida por Acuarela Comunicación incorpora testemuños como os de Illa Couto, Díaz Pardo, Luís Tobío ou Antón Fraguas, entre outros. A estrea deste filme, que é a segunda parte, será o vindeiro 15 de abril en Bos Aires.

Máis información no web de Acuarela e consulta as nosas fichas de Xan Leira e de ”Castelao e os irmáns da liberdade” en AVG

. Amplía a nova>>

26/03/2004
TVE emitirá unha serie de once documentais dedicados aos cascos históricos da provincia da Coruña

Once cascos históricos da provincia da Coruña protagonizarán a serie documental que emitirá TVE-Galicia a partir do vindeiro mes de abril. A serie, guionizada polo profesor da Universidade da Coruña Ramón Soraluce promocionará os cascos antigos de Noia, Coruña, Pontedeume, Muros, Noia, Cedeira, Padrón, Melide e Ortigueira, prestando unha especial atención á configuración arquitectónica destes espazos. Está previsto que con posterioridade se emitan a través da canle Internacional de TVE e da La 2 estes programas.

Máis información en La Opinión

. Amplía a nova>>

25/03/2004
A identidade e o audiovisual centra o "II Foro Academia Aberta" da Academia Galega do Audiovisual

"Pola excepción e a identidade cultural". Este é o lema co que a Academia Galega do Audiovisual celebra o "II Foro Academia Aberta". Do 22 ao 24 de abril as asociacións Crea (Directores e Realizadores Asociados), Agag (Asociación Galega de Guionistas), Agapi (Asociación Galega de Produtores Independentes), Aega (Asociación de Empresas Galegas do Ausiovisual), Aadteg (Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena de Galicia) coordinadas por Ángel de la Cruz debaterán o papel do audiovisual na excepción cultural.

Máis información en Cine por la Red e consulta as fichas de Crea , Aega e Aadteg

. Amplía a nova>>

24/03/2004
Luar na Lubre presenta nos Estados Unidos a longametraxe musical dirixida por Ignacio Villar

O audiovisual de Ignacio Vilar e a música de Luar na Lubre van xuntas da man en “Un bosque de música”. Unha longametraxe musical sobre o grupo folk e que presentarán o mércores 24 de marzo no emblemático Lincoln Center de Nova York. O documental filmado en 35 mm da productora Vía Láctea Films chegará aos cines o vindeiro 24 de maio e estará dispoñible en DVD a partir do 15 de xuño.

Máis información na nosa ficha  en AVG

. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org