Novas | 4021 a 4030 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

11/05/2004
A Real Academia Galega editará este verán o dicionario castelán-galego

A Real Academia Galega presenta os seus novos proxectos. E o máis inmediato é o agardado dicionario castelán-galego que acaba de chegar ao prelo para ser editado este verán. O volume conta con 35.000 entradas, foi elaborado polos filólogos Manuel González e Constantino García durante oito anos, e será editado na colección "Galicia Viva" da Fundación Barrié. Outro dos proxectos que ten a RAG en carteira ten que ver co audiovisual. Trátase dun proxecto para recuperar as películas da época da escritora Emilia Pardo Bazán, así como o de organizar un ciclo de conferencias sobre a escritora. Este proxecto é posíbel grazas ao convenio subscrito coa Deputación da Coruña para impulsar a actividade desta casa museo.

Máis información sobre o dicionario en La Opinión e sobre a recuperación do contexto cinematográfico de  Pardo Bazán en La Voz de Galicia (edición A Coruña)

. Amplía a nova>>

11/05/2004
A necesidade de publicitar os produtos audiovisuais centra as xornadas de Promoción, Marketing e Prensa de cine

Non chega só con producir, senón que tamén hai que publicitarse no estranxeiro, para abrir novos mercados. Esta foi o eixe sobre o que xirou o primeiro día das "Xornadas de promoción, mercadotecnia e prensa de cine" que organiza a Consellaría de Cultura na EGAP e que reúne a profesionais e estudosos do sector. Na xornada inaugural, Xesús Pérez Varela situou ao sector audiovisual como o terceiro núcleo de produción estatal, amparado nas cifras: un crecemento do 159% do último ano, ademais dos proxectos para o vindeiro curso como a rodaxe de 10 longametraxes, 3 series e 40 documentais e 8 proxectos de animación.

Máis información en El Correo Gallego

. Amplía a nova>>

10/05/2004
A Universidade da Sorbona acolle unha semana de cine galego catalán

De Carlos Velo a Jorge Coira, e de Llorenç Soler a Frederic Amat, todo o audiovisual galego e catalán ten esta semana unha cita na Sorbonne Nouvelle-París III. Trátase dunha actividade que organizan conxuntamente o Centre d´Études Galiciennes, o Lectorat de catalán da Université Paris III e o Cineclube Compostela, quen aproveitará para presentar na capital gala "Ariel, boletín de cinema en galego".

Máis información e o programa no web do Centro d´Études Galiciennes

. Amplía a nova>>

07/05/2004
O lugar de Cans en Porriño celebra a súa primeira festival de curtametaxes

Cannes versus Cans: o glamour frente o enxebrismo. Lonxe da alfombra vermella, salas de proxección, medios acreditados e o desfile de estrelas do afamado festival de Cannes (Francia), o lugar de Cans, da parroquia de Porriño, celebra o seu I Festival de Curtametraxes. Un evento que terá lugar os vindeiros 21 e 22 de maio no que se poden ver curtas galegas feitas a partir do 2000 en improvisados locais de exhibición que facilitan os veciños. O certame, organizado pola Asociación Cultural Arela, premiará a mellor curta, a mellor curta de ficción e a mellor curta de animación, mentres que o premio de honra Pedrigree’04 foi para Luís Tosar.

Consulta o programa

. Amplía a nova>>

05/05/2004
“O Lápis do carpinteiro” e "Blanca Madison" favoritas para os premios Mestre Mateo

Comeza a conta atrás. Os candidatos do premio do audiovisual máis importantes de Galicia xa están seleccionados polos socios da Academia Galega do Audiovisual. Os filmes favoritos son “O Lapis do Carpinteiro” (Filmanova) de Antón Reixa  e "Blanca Madison"(Vici Producións) de Carlos Amil  que optan a nove galardóns. Entre as candidaturas ao filme de Reixa destaca o de mellor película, director, interpretación masculina e feminina, actor e actriz de reparto. Séguenlle “O agasallo de Silvia” (Lorelei Produccións) con seis candidaturas (mellor longametraxe, director, maquillaxe, interpretación masculina, actor e actriz de reparto e son) e “Trece badaladas” con catro (longametraxe, director, actriz de reparto e guión)

Consulta a listaxe de candidatos no noso documento en pdf

. Amplía a nova>>

28/04/2004
A película que conta a historia de Carme Avendaño comeza a rodaxe o vindeiro 31 en Vigo

Gerardo Herrero e Continental coproducen a película "Deixábase levar" que pretende levar ás pantallas a vida de Carme Avendaño. O proxecto comezará a rodarse nos barrios de Bouzas, Teis e no centro da cidade olívica a partir do vindeiro 31 de maio. As produtoras pretenden, ademais da película, facer un documental. E de documentais vai tamén o anuncio que o director de programación da canle Discovery Channel fixo onte en Barcelona. Alí, na presentación dunha produción sobre o cambio urbanístico da cidade condal, anunciou que completará a película feita sobre a catástrofe do Prestige centrándose agora na extracción do fuel.

Máis información no web de Continental e no web da cadea Discovery Channel

. Amplía a nova>>

28/04/2004
Fílmax presenta a súa segunda longametraxe "Pinoccio P3K" que chegará ás salas o 16 de xullo

O Pinoccio do 3003 xa está aquí. Muda a madeira polos chips e convértese nun robot. A nova aposta de Fílmax presentouse onte en Teo nun pase privado e chegará ás carteleiras o vindeiro 16 de xullo. A versión futurista do clásico de Carlo Collodi terá versión en galego, dura unha hora e cuarto e ten un orzamento que supera os dez millóns de euros. É a segunda longametraxe en 3D que desenvolve a produtora Filmax Animation na súa factoría santiaguesa Bren Entertainment, onde se está a preparar "Donkey Xote", baseada na figura de don Quíxote e que se estreará no 2006 e "O soño dunha noite de san Xoán", unha versión da obra de Shakespeare que finalizará no 2005.

Máis información sobre as producción no sitio web e na ficha de Fílmax

. Amplía a nova>>

27/04/2004
Jorge Coira presenta no festival de Málaga a súa primeira longametraxe

Este é “O ano da Carracha”. A primeira longametraxe do director lucense Jorge Coira xa está rematada e terá a súa presentación en sociedade o vindeiro 30 de abril no marco do festival de Málaga. Un festival no que tamén se presenta “Romasanta, A caza da besta” a produción de “Castelao Productions” baseada na lenda do lobishome de Allariz e “León e Olvido” dirixida por Xavier Bermúdez. Pero o audiovisual ten tamén outros proxectos a medio prazo: por un lado, o cineasta alemán, Hannes Störh ultima as localizacións para a película “One day in Europe (Galatasaray-Dépor)” que comezará a rodar no verán e, por outro lado, Xosé Neira Vilas confirmou que un cineasta galego residente en Madrid, Ismael González, dirixirá a versión cinematográfica de “Memorias dun neno labrego”.

Máis información sobre o Festival de Málaga no seu web; consulta a ficha de O ano da Carracha, máis información sobre Romasanta na nosa hemeroteca e a confirmación de Neira Vilas en La Voz de Galicia

. Amplía a nova>>

27/04/2004
O Museo do Pobo exhibe nunha mostra a achega de Xaquín Lourenzo ao cine

Xaquín Lourenzo, homenaxeado nesta edición do Día das Letras Galegas, foi ademais dun etnógrafo, un entusiasta do mundo da imaxe. De feito, en 1940 e aproveitando os seus estudos analíticos sobre o carro, rodou en Lobeira o documental "El carro y el hombre", unha copia que se deu por perdida e que hai pouco foi localizada e restaurada pola Filmoteca Nacional. Xocas gardou un copión do traballo e, corenta anos despois, Eloi Lozano sonorizouno cunha locución de Lourenzo e titulouno "O carro e o home". As dúas versións do documental forman parte da mostra que o Museo do Pobo inaugura hoxe como homenaxe a Xocas.

Máis información en La Voz de Galicia e en Vieiros

. Amplía a nova>>

26/04/2004
O traballo da Compostela Film Commission serve de modelo ás produtoras integradas na Rede de Cidades de Cine

Desde o ano 2001, a Compostela Film Commission leva facilitándolle ás produtoras audiovisuais, a información e os trámites para gravacións e rodaxes. O seu traballo a máis dunha trintena de entidades acaba de converterse no modelo a seguir para todas as Film Commission das cidades que integra a Rede de Cidades de Cine. Así o acordaron na xuntanza celebrada en Santiago durante a semana pasada.

Máis información en La Voz de Galicia

. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org