Novas | 4011 a 4020 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

02/06/2004
O Comité organizador do II Congreso do Audiovisual define as áreas de contido

Todos os aspectos que teñen que ver co audiovisual, co seu pasado, co presente e co futuro, estarán presentes no programa do II Congreso do Audiovisual. A cita, que está prevista para os días do 9 ao 11 de decembro, abordará seis áreas: Contidos, Perfís profesionais, Industrias Culturais, Patrimonio Audiovisual, Cadea de Valor e Novos Media. O programa complétase con comunicacións, encontros, exposicións ou presentacións corporativas.

Máis información en Galicia Hoxe e sobre o anuncio na nosa nova

. Amplía a nova>>

01/06/2004
O Festival de Cine de Ourense homenaxeará a Pilar Miro e a Juan Antonio Bardem

A novena edición do Festival de Cine Independente de Ourense comeza a quecer motores. Faltan aínda tres meses para que se abran as portas e xa se sabe quen van ser os homenaxeados nesta edición. Os directores Juan Antonio Bardem e Pilar Miró serán os protagonistas das seccións “Memoria histórica” e “Cine feminino”, e o actor José Sacristán recibirá o premio Concello de Ourense. Pero a organización do festival xa avanzou máis información, unha exposición de Maite Ricard sobre “O cine de Hollywood” e as primeiras cifras:as das 17 longametraxes, 14 documentais e 26 curtas que están inscritas a competición.

Máis información en La Voz de Galicia

. Amplía a nova>>

31/05/2004
A CRTVG obtivo un superávit de dous millóns no último exercicio

2.07 millóns foi o balance que a CRTVG no seu último exercicio, o relativo a 2003. Aínda que a compañía pública obtivo superávit por noveno ano consecutivo, a débeda que o ente público acumula ascende a 13.5 millóns. Así o confirmou onte o seu director, Francisco Campos perante a comisión de Control da compañía no Parlamento de Galicia. Ademais, Campos aproveitou para avogar polo canon (pago dunha taxa por cada televisor que se merque) como un modelo válido de financiamento para as televisións públicas.

Máis información en El Ideal Gallego

. Amplía a nova>>

31/05/2004
Un documental recolle a historia do galego que potenciou o emprego da gaita en Cuba

"Los últimos gaiteros de la Habana" é o título do documental de Natasha Vázquez e Ernesto Daranas que recolle a historia de Eduardo Lorenzo. Este emigrante galego foi o responsábel da conservación e difusión da gaita galega na illa a partir dos anos trinta e da súa introdución en diversos grupos musicais do país. Lorenzo faleceu en 2003 cando contaba con noventa e tres anos de idade. O documental poderá verse en Galicia o vindeiro dezaoito de xuño dentro do Festival Curtocircuíto que se celebrará en Compostela. A produtora deste filme, AS Vídeo, está a traballar en dous novos documentais sobre as relacións entre os dous países, titulados "Hijas de Galicia" e "Peregrinos".

Máis información na edición de hoxe de La Voz de Galicia e neste web

. Amplía a nova>>

28/05/2004
A Xunta asegura a televisión dixital para o 85% dos galegos

A Comisión Permanente do Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual de Galicia celebrou onte unha xuntanza. Alí o Conselleiro de Cultura, Xesús Pérez Varela, asegurou que a televisión dixital chegará ate o 85% da poboación a finais de ano. Un feito que lle supón ás arcas públicas 3,4 millóns de euros. Ademais, o titular de cultura puxo outra data, o 2008, para chegar ao 95% da poboación.

Máis información en El Correo Gallego

. Amplía a nova>>

25/05/2004
Luís Tosar foi recibe o primeiro premio de honra do festival, Pedrigree´04, do festival de Cans

O sábado mentres en Cannes (Francia) se premiaba o filme de Michael Moore, en Cans (Porriño) os veciños e o xurado entregaban os galardóns deste primeiro “Festival de Curtametraxes de Cans”. Luís Tosar recibiu o premio de honra Pedrigree´04; “De tripas e corazón” de Juan Pablo Etcheverry foi galardoada como mellor curta de animación e “A petición de man” de Ben Temple, con guión de Anxos Sumai e Toñito de Poi, obtivo un doblete: mellor curta de ficción e premio do público.. Amplía a nova>>

25/05/2004
A productora de Antón Reixa amplia o capital da súa sociedade Filmanova Invest

O Grupo Corporativo Fuertes (ao que pertence Embutidos El Pozo), Saro 1000 S.L., Telespan 2000 S.L. (productora que fixo longametraxes como “O outro lado da cama”, ou “Días de Fútbol”) son, entre outros, os novos accionistas de Filmanova Invest, a sociedade fundada pola productora de Antón Reixa para o financiamento de proxectos cinematográficos. Con estas incorporacións, o capital social ascende a 6 millóns de euros.

Máis información no web de Filmanova

. Amplía a nova>>

21/05/2004
O produtor Gerardo Herrero presenta en Madrid unha película sobre a vida de Carmen Avendaño

Hai vidas, por boas ou por complicadas, que son de película. A de Carmen Avendaño, unha nai galega que loitou contra o narcotráfico galego tras descubrir a adición do seu fillo ás drogas, estará en breve na gran pantalla. Interpretada por Adriana Ozores, coa participación de María Bouzas, Carlos Blanco e Javier Pereira foi presentada onte en Madrid. A película comezará a rodarse en Vigo o vindeiro 31, ten guión de Ángeles González Sinde e está coproducida por Tornasol Films e Continental.

Máis información no web de Continental

. Amplía a nova>>

19/05/2004
Santiago acolle a Conferencia de Autoridades Cinematográficas e o Fondo de Axuda Ibermedia

Os representantes das cinematografías iberoamericanas están estes días en Compostela por un motivo dobre: por unha banda a celebración dunha xuntanza da Conferencia de Autoridades Cinematográficas de Iberoamérica (CACI) e pola outra, pola reunión extraordinaria do Fondo iberoamericano de axuda Ibermedia. E no transcurso destas sesións, que se desenvolven no salón de actos da Fundación Araguaney até mañá, os integrantes poderán coñecer de primeira man a situación do sector audiovisual galego.

Máis información en Cine por la Red

. Amplía a nova>>

18/05/2004
"O soño dunha noite de San Xoán" chegará a 25 países

Mentres as estrelas desfilaban pola alfombra vermella no festival de Cannes, produtores e distribuidores negociaban na trastenda o que veremos nas carteleiras nos vindeiros meses. E nesas negociacións andaba a produtora Dygra, que conseguirá que a súa longametraxe "O soño dunha noite de San Xoán" se exhiba en 25 países.

Máis información sobre a produción na nosa ficha en AVG

. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org