Novas | 4001 a 4010 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

21/06/2004
Alber Ponte consegue o Premio Especial do Público en Curtocircuíto con “Esperando”

Alber Ponte chegaba xa a Curtocircuíto cun galardón debaixo do brazo, o certame de guións celebrado dentro do apartado “Compostela Ródase”; e marcha con outro premio polo seu traballo “Esperando”, que concede o público e o único con dotación económica (1.500 euros). A listaxe de gañadores do festival que rematou onte é a seguinte: Yolanda Castaño con “O vídeo da egoísta” (videocreación), Alberto Ruíz Rojo con “Dez minutos” (fición), Juan Pablo Etcheverry con “Minotauromaquia” (animación e premio especial do xurado) e Paco R. Baños con “Necesidad) (mellor idea orixinal).

Máis información no seu sitio web e en La Voz de Galicia ; vai ver tamén as fichas de J. P. Etcheverry e a de Minotauromaquia en AVG.

. Amplía a nova>>

17/06/2004
Os creadores de Shin Chan visitan Galicia dentro da promoción do novo filme do personaxe, que se estrará no noso idioma

O director e o produtor da serie de animación Shin Chan visitarán Galicia dentro dos actos de promoción do novo filme deste personaxe. "Shin Chan, operación rescate", estrearase este verán no noso país unicamente con copias en galego. A Mesa pola Normalización e a distribuidora da película, Luk Internacional, chegaron a un acordo polo que a organización galega realizará actividades de promoción dos filmes que a empresa distribúa en galego, como xa realizara coa anterior estrea de Shin Chan e o filme “Doaremon e o imperio maia”, con moi bos resultados económicos.

Máis información no web da Mesa; o video promocional da película en AVG

. Amplía a nova>>

17/06/2004
Luís Álvarez Pousa, Ricky Morgade e o el Cine Club de Pontevedra son os premios especiais Mestre Mateo

O vindeiro día 26 de xuño o Pazo de Congresos de Santiago acollerá a Gala de Entrega dos Mestre Mateo. E ese día haberá tres persoas que xa saben que subirán a recoller unha estatuíña. Son os galardoados nas categorías especiais e que a Xunta Directiva da Academia Galega do Audiovisual decidiu onte. Os premiados son: Ricky Morgade, como "Premio Revelación Chano Piñeiro"; o Cine Club de Pontevedra na categoría "Premio Especial José Sellier" pola súa traxectoria empresarial ou institucional e Luís Álvarez Pousa consegue o "Premio de Honra Fernando Rei" pola súa traxectoria profesional.

Máis información sobre Ricky Morgade na súa ficha , sobre os premiados no web da Academia Galega do Audiovisual e consulta a listaxe de candidatos en AVG (en pdf)

. Amplía a nova>>

15/06/2004
O concello de Vigo presenta o cartel da nova edición do festival “Para Vigo me voy”

Con 200.000 euros e catro días (do 27 ao 30 de xullo ambos incluidos), o Concello de Vigo acaba de presentar o cartel do festival de verán “Para Vigo me voy”. Abre o programa Israel “Cachao” López o día 27, e pechan Carlos Baute e Coti, o día 30, con sendos concertos. E no medio estarán Dulce Pontes e Bebo e Chucho Baldés.

Máis información no Faro de Vigo

. Amplía a nova>>

15/06/2004
O Consorcio Audiovisual anuncia un plan de actividades para promover o audiovisual no exterior

O Consello de Dirección do Consorcio Audiovisual de Galicia celebrou onte unha xuntanza ordinaria para aprobar a memoria de actividades do ano pasado e definir as que fará o vindeiro ano. Entre os proxectos presentados está a convocatoria “Docs Galicia 04” para a promoción de documentais e as axudas para estreas de longametraxes fóra de Galicia e para a realización de producións audiovisuais a través de Internet.

Máis información sobre o Consorcio na súa ficha en AVG e en Galicia Hoxe

. Amplía a nova>>

15/06/2004
Arousa acolle a rodaxe da longametraxe “Heroína”, inspirada na vida de Carme Avendaño

O pazo de Baión(Vilanova de Arousa), símbolo da loita contra o narcotráfico é hoxe o escenario da rodaxe de “Heroína”; a longametraxe producida por Tornasol Films e Continental que ten prevista a súa estrea para o 2005. A mesma data que “El pais de nomeacuerdo”, unha longametraxe documental elaborada pola produtora coruñesa de Anxo fernández, que narra a historia de Arxentina a partir da vida dun exiliado galego. Esta tarde o Pazo de Congresos e Exposición de Santiago acolle “Metaforum 2004”, que consiste na proxección dos traballo elaborado neste curso polos alumnos da Escola Superior de Artes Cinematográficas de Galicia, a Egaci. E, por último, o pontevedrés Mario Iglesias foi o gañador do certame Notodopublifest que convoca Notodo.com, no que propuña un spot para o xornal El País.

Máis información sobre a rodaxe de Heroína no web de Continental; sobre “El País de nomeacuerdo” na revista dixital de Agapi e sobre o premio de Mario Iglesias en Notopublifest.com

. Amplía a nova>>

14/06/2004
A Asociación Galega de Produtoras Independentes renova a súa xunta directiva

Luis Núñez Rojo na tesouraría e Luis Daura coma xerente son as novidades da cúpula directiva de Agapi (Asociación Galega de Produtores Independentes), tal e como acordara na xuntanza celebrada o pasado 18 de maio. Entre os novos cometidos de Luis Daura figuran a coordinación das actividades previstas para o segundo semestre do ano, nas que figuran dous foros sobre contidos para os mercados internacionais, ou os actos para conmemorar o seu décimo aniversario.

Máis información sobre AGAPI na súa ficha de AVG

. Amplía a nova>>

11/06/2004
Comeza en Compostela o festival Curtocircuíto, que proxectará cento cincuenta curtametraxes na cidade

Cento cincuenta curtametraxes poderán verse en Compostela desde hoxe e até o vindeiro día dezanove no marco do festival Curtocircuíto 2004. Este encontro conta con trinta pezas en concurso que complementa coa exposición doutros trinta e oito filmes na sección Panorama. Entre as propostas máis orixinais do evento está a sección “Non te curtes”, na que a organización ofrece un equipo de produción ás persoas interesadas en gravar unha curta durante un día. Os traballos realizados poderán verse nas prazas da cidade.

Máis información en La Voz de Galicia e no web do festival

. Amplía a nova>>

08/06/2004
“O Cid, a lenda” e Pinocho 3000 compiten na mesma categoría no festival de animación de Annency

"Hair High" (EEUU), "Oseam" (Corea do Sur), "Toto Sapore e a magica Sotria do a Pizza" (Italia) e dúas películas españolas "O cid, a lenda" e "Pinocho 3000" compiten na sección "Feauture films" do prestixioso festival de animación Annecy. É a primeira vez que España compite con dúas producións, ambas co selo Filmax, e foron feitas na factoría Bren Enternainment que a compañía ten en Santiago de Compostela.

Máis información sobre nas fichas de El Cid e Bren Entertainment e no web do festival

. Amplía a nova>>

04/06/2004
O mundo do audiovisual dáse cita esta noite na presentación dos candidatos aos premios Mestre Mateo

A Sala Capitol de Compostela acollerá a gala na que se entregarán as candidaturas aos Mestre Mateo correspondentes ás producións do ano 2003. Entre os favoritos, filmes coma "O lapis do carpinteiro", "Blanca Madison", "O agasallo de Silvia" e "Trece Badaladas", que acumulan o maior número de mencións. Na categoría de mellor produción multimedia, o soportal AVG de Culturagalega.org compite con Caixa On de Dygrafilms S.L, European World Heritage de Tres Deseos Animación S.L e Marcovigo.com de Interacción. Que gañen os mellores.

Máis información na nosa listaxe dos candidatos, nas nosas noticias sobre as candidaturas e sobre as produccións multimedia que compiten; visita tamén AVG

. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org