13/07/2004
“León e Olvido” leva dous premios no festival de Karlovy Vary mentres o filme de animación “Minotauromaquia” participa nun certame en Hiroshima
A película “León e Olvido” do ourensán Xavier Bermúdez, conseguiu a pasada fin de semana dous premios no festival internacional de Karlovy Vary en Chequia. Bermúdez fíxose co Globo de Cristal á mellor dirección mentres Marta Larralde era considerada a mellor actriz. Tamén nestes días o filme de animación “Minotauromaquia: Pablo no labirinto” realizado por Juan Pablo Etcheverry está a participar no prestixioso Festival Internacional de Animación de Hiroshima. O filme está baseado na obra de Pablo Picasso e foi realizado mediante bonecos de plastilina.
Máis información sobre os premios de “León y Olvido” en El Mundo; ficha do filme en AVG; sobre “Minotauromaquia” en La Voz de Galicia e en Galicia Hoxe; as fichas de J. P. Etcheverry e a de Minotauromaquia en AVG.
.
Amplía a nova>>
08/07/2004
Chega aos cines “Pinocho 3000”, a última produción de Filmax Animation realizada en Galicia
Despois de anos de traballo por fin chega ás pantallas “Pinocho 3000”, a última produción de Filmax Animation, que se realizou en boa parte nos estudios composteláns de Bren Entertainment. A película, desenvolvida integramente por computador, contará con tres copias en galego, e entre os actores que participan poñendo voces aos personaxes están algúns coñecidos das nosas pantallas coma Gonzalo Mourelos ou Tacho González.
Máis información en La Voz de Galicia; no web do filme e en AVG
.
Amplía a nova>>
07/07/2004
As Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia non conseguen apoios para incrementar as súas actividades
A Consellaría de Cultura fixo pública onte a súa negativa a incrementar a achega económica que realiza anualmente ás Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia (Xociviga) que cumpren este ano a súa vixésimo primeira edición no Carballiño. Deste xeito, a organización conta cun orzamento final de dezaoito mil euros, que reparten a Consellaría e o Concello. O programa previsto para a primeira semana de agosto, que precisaba de sesenta mil euros para o seu desenvolvemento e incluía entre outras propostas un obradoiro de imaxe verase seriamente recortado pola falta de financiamento.
Máis información en La Región; en La Voz de Galicia e nos nosos arquivos
.
Amplía a nova>>
05/07/2004
A TVG estreará a teleserie “O país das marabillas” en xaneiro, baixo a producción de José María Besteiro
Un equipo dirixido polo produtor José María Besteiro prepara para a súa emisión en xaneiro na TVG unha nova teleserie, “O país das marabillas”. Tres personaxes centrais, unha directora de xornal, un empresario da moda e un xuíz contra o narcotráfico contan os seus recordos sobre Galicia dende os anos 60 ata hoxe. Unha familia exemplificará eses cambios sociais. “Na TVG falta unha familia á que poidan querer todos os galegos”, afirmou o produtor José María Besteiro. Os guións correrán a cargo de Zopilote e a directora da serie será Mariana Carballal. A serie estará protagonizada por Manuel Sanmartín, Diana Nogueira, Gonzalo Uriarte ou Celso Parada.
Máis información en El Correo Gallego; Zopilote en AVG
.
Amplía a nova>>
02/07/2004
O encontro Mundos Dixitais reúne na Coruña algúns dos máis destacados especialistas do mundo en creación por ordenador
A animación en tres dimensións, a arquitectura dixital e o Net Art son os tres eixes do encontro Mundos Dixitais que se celebra na Coruña durante a semana que ven. Os responsábeis da animación de filmes coma "Shrek" ou "O día de mañá" compartirán espazo cos autores da reconstrución virtual da Sagrada Familia ou con diferentes especialistas en Net Art.
Máis información no web do encontro
.
Amplía a nova>>
30/06/2004
Caixa Galicia iníciase na produción audiovisual entrando na sociedade Veralia
A última das entidades financeiras en sumarse ao carro da produción audiovisual é Caixa Galicia. E faino a través das súas xestoras de capital risco Diana Capital e GesCaixa Galicia, que entran cun 10 e un 5 por cento en Veralia, que é o holding que agrupa as inversións de Vocento no sector da produción audiovisual. Veralia é a compañía que ten participacións no Grupo Árbol (“los Sérrano”, “Un paso adelante), en Europroduciones (“Día a Día” ou “Grand prix”) e en BocaBoca (“El Comisario” ou “Planta cuarta”)
Consulta o web de Caixa Galicia e o de Vocento
.
Amplía a nova>>
29/06/2004
A OSG declina gravar a banda sonora de "Mar adentro" porque foron avisados con pouca antelación
O novo filme de Alejandro Amenábar, "Mar adentro" non só conta a historia dun galego, senón que foi rodado en varias localidades coruñesas, senón que alén diso, a súa banda sonora contará coa participación de Carlos Núñez. O son podería levar tamén o selo da Orquestra Sinfónica de Galicia mais a formación tivo que rexeitar a proposta da produtora por problemas de calendario. Segundo publica o xornal La Opinión, a OSG foi avisada con pouco tempo de antelación, o que fixo imposíbel poder asumir o proxecto.
Máis información en La Opinión
.
Amplía a nova>>
25/06/2004
Julio Fernández é o homenaxeado na Semana de Cine de Betanzos
O director da Semana Internacional de Cine de Betanzos deu a coñecer onte o programa da sétima edición, que transcorrerá entre os días 27 e 30 de xullo. E o evento presenta caras moi coñecidas no programa: Julio Fernández, o produtor de Fílmax a quen se lle dedica unha homenaxe pola súa traxectoria profesional; Goya Toledo (da que se proxecta "Palabras encadenadas"); Elsa Pataki (protagonista de Romasanta), Raquel Meroño (que asistirá ao pase de "Dagom") Stuart Gordon e Tristán Ulloa asistirán para participar no coloquio "Traballar con Julio Fernández". As xornadas desenvolveranse no Liceo de Betanzos e na sala de proxeccións do Centro Galego de Artes da Imaxe de A Coruña.
Máis información en La Voz de Galicia e na nosa ficha de Julio Fernández
.
Amplía a nova>>
25/06/2004
A Academia Galega do audiovisual entrega o sábado os seus premios nunha gala emitida en directo
O sábado pola noite (21:00 horas) o Pazo de Congresos e Exposicións vestirase de gala para acoller a entrega dos premios aos mellores traballos do 2003. Un total de 40 produtoras e 150 profesionais optan aos 25 galardóns que estabelece a Academia Galega do Audiovisual. A gala será transmitida en directo pola Televisión de Galicia. ¡Que haxa sorte!
Consulta a listaxe de candidatos en AVG (en pdf)
.
Amplía a nova>>
23/06/2004
Dygra achega até Vigo unha exposición sobre a súa película "O soño dunha noite de San Xoán"
A produtora coruñesa Dygra Films aproveita a celebración do día de San Xoán para inagurar en Vigo a exposición sobre "O soño dunha noite de San Xoán", a súa segunda longametraxe de animación. A mostra abriu as súas portas para descrubir Oniria, unha civilización de trasnos, fadas e humanos que recrea a adaptación que o equipo de Dygra fai do clásico de Shakespeare. A exposición tamén dá a coñecer o proceso de traballo dunha película de animación e as personaxes protagonistas. A mostra comeza en Vigo, pero logo visitará unha decena de cidades españolas e portuguesas.
Máis información sobre a exposición en Galicia Hoxe e sobre a película e a productora Dygra en AVG
.
Amplía a nova>>