| << Anterior | Siguiente >> |
04/08/2004
Galicia ten a taxa máis baixa de consumo televisivo do Estado
Máis información no web da SGAE
. Amplía a nova>> "De mar a mar. Lorenzo Varela" é o título do documental que está a rodar actualmente o director de orixe arxentina Xan Leira. Esta produción analiza a vida do poeta que se homenaxeará na vindeira edición do Día das Letras no exilio americano. Leira quere facer unha estrea simultánea deste proxecto en Arxentina e en Galicia en marzo de 2005.Máis información en Galicia Hoxe; máis sobre Xan Leira en AVG
. Amplía a nova>>28/07/2004
As Xociviga do Carballiño e Petín un pobo de cine continúan os encontros cinematográficos do verán
Máis información sobre as Xociviga en La Voz de Galicia; e nos nosos arquivos; sobre o encontro de Petín no web da AGAPI
. Amplía a nova>> "Somne, el que sueña" é o título do filme que está a rodar estes días a produtora coruñesa Vaca Films en Compostela, Lousame e O Grove. O filme, dirixido por Isidro Ortiz, está protagonizado por Nancho Novo e por Goya Toledo, e é primeira longametraxe desta empresa da Coruña. "Residencial Caribe" é unha coprodución entre Cuba e España, con música de Milladoiro e de Pablo Milanés e a presenza de actores coma Manuel Manquiña. O filme comezará a rodarse o vindeiro outono en diferentes localizacións do noso país, segundo apuntaron os responsábeis na presentación da rodaxe que se fixo onte en Compostela. Tamén onte coñecíase que "Mar adentro", o filme de Alejandro Amenábar sobre a vida de Ramón Sampedro será distribuída en Estados Unidos, onde se estreará a finais de ano.Máis información sobre Residencial Caribe en Galicia Hoxe; sobre Somne e Mar Adentro en La Voz de Galicia; as fichas de Vaca Films e Nancho Novo en AVG
. Amplía a nova>>27/07/2004
A semana do cine de Betanzos homenaxea a Julio Fernández, presidente do grupo Filmax
Máis información en El Correo Gallego e en El Ideal Gallego
. Amplía a nova>>23/07/2004
O Festigal de Compostela inclúe na súa programación unha completa mostra de producións audivosiuais
Máis información no Web do Festigal; as fichas dalgunhas das produccións que se proxectarán en AVG: Muxía, política na Costa da Morte; Minotauromaquia; A Subela; Santa Liberdade
. Amplía a nova>> A loita que os dorneiros das rías galegas desenvolveron contra os monopolios cataláns da pesca no século XVIII é o fondo no que se desenvolve "Conversas co vento". A rodaxe deste filme, comezará baixo a dirección do catalán Mariano Barroso a mediados do vindeiro mes de agosto, e transcorrerá entra a ría de Arousa, a de Muros de Noia e a Costa da Morte, con Luís Tosar coma actor protagonista. A película é unha coprodución entre a compañía galega Ficción Producciones, a TVG, unha canle privada española, unha produtora vasca e unha catalá, e na actualidade está a se negociar a incorporación ao proxecto de empresas francesas e portuguesas. Os responsábeis prevén que en novembro de 2005 remate a rodaxe e que para o 2006 se poida estrear a produción. As festas das Revenidas en Vilaxoán serviron de escenario para a presentación do filme o pasado venres.Máis información en AVG sobre Ficción Produccións; sobre Luís Tosar; a presentación do filme en Diario de Arousa
. Amplía a nova>>14/07/2004
A Xunta fai públicas as axudas á produción audiovisual do ano 2004, que suman 3,62 millóns de euros
Descarga aquí a listaxe de axudas en formato pdf; máis información en Cine por la Red
. Amplía a nova>> Unha nova xunta directiva presidida por Julio Fernández, e algúns dos plans que desenvolverán os vindeiros cinco anos son as grandes novidades que presentou onte o Clúster do Audiovisual de Galicia. Competir no mercado internacional é o obxectivo das empresas galegas integradas neste colectivo. Neste sentido queren organizar un Centro de Ideas que funcione coma laboratorio de investigación e desenvolvemento para o sector, ao tempo que buscarán un Club de Producións que quere promover alianzas entre os diferentes produtores e facilitar o contacto con posíbeis inversores.Máis información en La Voz de Galicia; nos nosos arquivos e na ficha do Clúster en AVG
. Amplía a nova>>14/07/2004
José Luís Cuerda anuncia que está a traballar en dous guións baseados en obras de escritores galegos
Máis información en Galicia Hoxe e en La Opinión; consulta o programa completo do curso en AVG
. Amplía a nova>>| << Anterior | Siguiente >> |
