"Somne, el que sueña" é o tÃtulo do filme que está a rodar estes dÃas a produtora coruñesa Vaca Films en Compostela, Lousame e O Grove. O filme, dirixido por Isidro Ortiz, está protagonizado por Nancho Novo e por Goya Toledo, e é primeira longametraxe desta empresa da Coruña. "Residencial Caribe" é unha coprodución entre Cuba e España, con música de Milladoiro e de Pablo Milanés e a presenza de actores coma Manuel Manquiña. O filme comezará a rodarse o vindeiro outono en diferentes localizacións do noso paÃs, segundo apuntaron os responsábeis na presentación da rodaxe que se fixo onte en Compostela. Tamén onte coñecÃase que "Mar adentro", o filme de Alejandro Amenábar sobre a vida de Ramón Sampedro será distribuÃda en Estados Unidos, onde se estreará a finais de ano.
Máis información sobre Residencial Caribe en Galicia Hoxe; sobre Somne e Mar Adentro en La Voz de Galicia; as fichas de Vaca Films e Nancho Novo en AVG