Un equipo dirixido polo produtor José María Besteiro prepara para a súa emisión en xaneiro na TVG unha nova teleserie, O país das marabillas. Tres personaxes centrais, unha directora de xornal, un empresario da moda e un xuíz contra o narcotráfico contan os seus recordos sobre Galicia dende os anos 60 ata hoxe. Unha familia exemplificará eses cambios sociais. Na TVG falta unha familia á que poidan querer todos os galegos, afirmou o produtor José María Besteiro. Os guións correrán a cargo de Zopilote e a directora da serie será Mariana Carballal. A serie estará protagonizada por Manuel Sanmartín, Diana Nogueira, Gonzalo Uriarte ou Celso Parada.
Máis información en El Correo Gallego; Zopilote en AVG