TVG estrea este domingo “Libro de familia” unha serie dirixida, producida e realizada por mulleres

Familia feminina

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
“Libro de familia” é a nova serie da Televisión de Galicia. Producida por El Correo Gallego chegará este domingo ás nosas pantallas. A serie está ambientada na Galicia dos anos 60, nun momento de transformación social e económica, e conta a historia de tres familias galegas de distinto estrato social que viven en Santalla, unha aldea ficticia do centro de Galicia. A serie está protagonizada por Celso Parada, Diana Nogueira, Mara Sánchez, Monti Castiñeiras Diana Freire e Abelardo Pérez. Dirixida por Mariana Carballal, a serie conta cun equipo directivo formado integramente por mulleres: Silvia Carnero é xefa de produción mentres que Giselle Llanio se encargada da produción.

Máis información en El Correo Gallego e consulta a ficha de Mariana Carballal en AVG

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mulleres, El Correo Gallego, AVG, TVG...