Alber Ponte chegaba xa a CurtocircuÃto cun galardón debaixo do brazo, o certame de guións celebrado dentro do apartado “Compostela Ródase”; e marcha con outro premio polo seu traballo “Esperando”, que concede o público e o único con dotación económica (1.500 euros). A listaxe de gañadores do festival que rematou onte é a seguinte: Yolanda Castaño con “O vÃdeo da egoÃsta” (videocreación), Alberto RuÃz Rojo con “Dez minutos” (fición), Juan Pablo Etcheverry con “Minotauromaquia” (animación e premio especial do xurado) e Paco R. Baños con “Necesidad) (mellor idea orixinal).
Máis información no seu sitio web e en La Voz de Galicia ; vai ver tamén as fichas de J. P. Etcheverry e a de Minotauromaquia en AVG.