Preséntase a curtametraxe “La petición de mano”, dirixida por Ben Temple con guión de Anxos Sumai

Petición curta

A Sala Yago de Compostela acolle esta mesma mañá a presentación da curtametraxe de Ben Temple “La petición de mano”. O filme conta cun guión de Anxos Sumai, colaboradora de culturagalega.org, e de Tonhito de Poi, que adaptaron a obra homónima de Antón Chéjov a Galicia. O traballo actoral corre a cargo de Ernesto Ferro e de Antonio Duran “Morris” que interpretan unha historia sobre a loita pola terra no rural.