15/07/2005
A Consellaría de Cultura publica na rede o Libro Branco do Audiovisual
O sector audiovisual galego xa ten o seu libro branco. A Consellaría de Cultura publicou onte na rede este documento que contén as principais magnitudes, indicadores e datos. Este informe será a base a partir da que se deseñen as liñas políticas para o desenvolvemento dun sector que está considerado estratéxico por lei. O libro branco pódese consultar no web do acabado de crear Observatorio do Audiovisual, servizo dependente desta carteira que ten como finalidade, segundo figura no seu sitio, “proporcionar unha información permanentemente actualizada sobre o sector audiovisual, dirixida aos axentes implicados, tanto empresas como institucións”.
Consulta no libro no web do Observatorio Audiovisual
. Amplía a nova>>
15/07/2005
15 proxectos buscaron financiamento no segundo encontro de Ideas para producir organizado polo Clúster Audiovisual
Catro longametraxes de ficción, seis documentais, catro series de televisión e unha oferta para producir micromovies (un formato novo que pretende contar historias en períodos de tempo moi curtos) presentáronse onte para buscar financiamento. Foi no transcurso da xoranda convocada polo Clúster do Audiovisual Galego, en colaboración con Caixa Galicia e o Consorcio Audiovisual, dentro do seu programa Club de Producións I+P (Ideas para producir). O coordinador do espazo, Pancho Casal, explicou a La Voz de Galicia a satisfacción polo éxito da convocatoria xa que asistiron numerosos produtores, chegados mesmo desde cinco países.
Máis información en La Voz de Galicia
. Amplía a nova>>
13/07/2005
As últimas producións audiovisuais centrarán as XXII Xociviga do Carballiño
As Xornadas de Cine e Vídeo en Galicia, máis antigas, as Xociviga, xa teñen perfilado o cartel. Do 12 ao 19 de agosto, Carballiño acollerá un amplo programa de actividades que vai desde cine galego, portugués, infantil, os traballos da Escola Galega de Cine e a Escola de Imaxe e Son, ademais das seccións documentalia, as televisións locais e nas reunións do sector. Entre as novidades destaca “Eurocinema. Ver e facer” no que as Xociviga participan en colaboración con outros festivais internacionais e “o cine como espectáculo” no que se emitirán as montaxes audiovisuais “Rodado en Galicia”, baseado no libro realizado por Miguelanxo Fernández, e “O Carballiño, recuperando a imaxe” que está elaborando TVE en colaboración co equipo das Xociviga..
Amplía a nova>>
12/07/2005
Un informe dos produtores españois revela que o audiovisual galego é o segundo máis subvencionado
A Memoria 2004 da Federación de Produtores Españois (FAPAE) constata un incremento da facturación do 9% da produción audiovisual estatal con respecto ao 2003. Os datos amosan que Galicia é a segunda comunidade que máis axudas recibe do goberno autonómico (cun 17%) pero, segundo informa Galicia Hoxe, das que menos factura (un 4%). Por outra banda, a Consellaría de Cultura publica hoxe no DOG a concesión de axudas para o desenvolvemento de guións para a realización de proxectos de produción audiovisual en lingua galega.
Máis información no DOG (en pdf) e no web de FAPAE e en Galicia Hoxe
. Amplía a nova>>
06/07/2005
Sete salas proxectarán películas en alta definición despois do verán
O cine entra de cheo nas novas tecnoloxías. A Asociación Española de Cine Dixital poñerá en marcha os seus servizos despois do verán. Das oitenta salas de cine que se incorporarán ao novos sistema haberá sete galegas (en Caldas, Ferrol, Ribadeo, Foz, Xinzo da Limia, Leiro e Porriño). O e-cinema implica un cambio no concepto de cine tradicional ao pretender atraer a distintos públicos ao longo da semana (desde cine de autor at musicais ou eventos deportivos en vivo). Iso é posible grazas a un cambio na tecnoloxía na que non haxa cinta en celuloide, senón que se substitúa por películas dixitais que e emiten vía satélite e que os cines almacenan ata a súa proxección. O sistema leva consigo un aumento da calidade da imaxe e do son.
Máis información sobre o e-cinema no web da Asociación Española de Cine Dixital
. Amplía a nova>>
05/07/2005
O filme de Dygra é o máis visto na súa primeira fin de semana en carteleira
“O Soño dunha noite de San Xoán” chegaba ás carteleiras o pasado venres. E nesta fin de semana a película da produtora coruñesa sitouse como o filme español máis visto. Segundo os primeiros datos do Box Office a película de Dygra obtivo 40.000 espectadores, que supuxeron uns ingresos de 200.000 euros e que foi a quinta produción máis vista. “O soño” chegará as pantallas portuguesas a mediados deste mes e despois ás europeas.
Máis información en La Voz de Galiciae na súa ficha
. Amplía a nova>>
04/07/2005
Mundos Dixitais pecha esta edición advertindo que a animación abre novas fórmulas narrativas
Habitualmente pénsase na animación como un xénero específico para rapaces. Pero na edición de Mundos Dixitais que rematou o domingo na Coruña evidenciouse que é un xénero vivo que ten moito camiño por diante. Entre os conferenciantes estaba Chris Landreth, unha das referencias do mundo de animación e creador do “documental de animación”, unha nova variante que combina imaxes animadas en tres dimensións con imaxes reais. Landreth, gañador do Óscar á mellor curta nesta categoría, recibiu o premio especial do encontro advertindo que a animación permitirá no futuro abrir novas vías narrativas.
Máis información no web de Mundos Dixitais
.
Amplía a nova>>
29/06/2005
O Festival de Cine de Ourense aumenta o ciclo “Cine en gallego” para convertelo nun mercado
Aínda que non está o cartel definitivo, xa se coñecen algunhas das actividades previstas para o Festival de Cine de Ourense. Luís García Berlanga será o homenaxeado dentro da sección memoria histórica e os irmáns Bilbatúa protagonizan o ciclo “Cine e emigración”. Pero entre as novidades destaca a ampliación de “Cine en gallego” para convertelo nun escaparate de todas as producións galegas, desde curtametraxes ata películas para televisión. O obxectivo da organización é converter o Festival nun mercado que dea a coñecer todos os productos audiovisuais galegos. Isto inclúe desde os produtos que se rodan en Galicia como aqueles que se fagan fóra pero que contan con capital galego.
Máis información en La Región
. Amplía a nova>>
28/06/2005
A técnica e o modelo de cine de autor centran a XIII edición do programa “Cero en Conducta”
Do 18 ao 22 de xullo A Coruña acollerá unha nova edición do programa de formación que convoca o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) máis coñecido como “Cero en conducta”. Nesta XIII edición haberá dúas liñas de traballo. Por unha banda a definición e o debate sobre o modelo de “cine de autor” que traerá ata A Coruña a Víctor Erice, José Luís Guerín, Xavier Bermúdez e a Mercedes Álvarez. Pola outra, a análise do guión, a posprodución dixital de son e a fotografía documental centrarán os obradoiros prácticos que xa teñen aberto os prazos de inscrición.
Máis información e inscrición no web do CGAI
. Amplía a nova>>
27/06/2005
Luís Tosar convertirase nun narco na versión cinematográfica de “Miami Vice”
“Miami Vice” (Corrupción en Miami) é un fito dentro televisión dos anos oitenta. A coñecida serie de televisión vai ter versión cinematográfica e no seu reparto contará co actor galego Luís Tosar. O director e productor Michael Mann elexiu ao actor galego para interpretar a un colombiano narcotraficante nunha produción que terá un estilo diferente do da serie televisiva. O actor dálle deste xeito unha maior proxección internacional a súa carreira que se iniciou a principios dos noventa no campo das curtametraxes.
Máis información sobre o autor na súa ficha
. Amplía a nova>>