Do 18 ao 22 de xullo A Coruña acollerá unha nova edición do programa de formación que convoca o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) máis coñecido como Cero en conducta. Nesta XIII edición haberá dúas liñas de traballo. Por unha banda a definición e o debate sobre o modelo de cine de autor que traerá ata A Coruña a Víctor Erice, José Luís Guerín, Xavier Bermúdez e a Mercedes Álvarez. Pola outra, a análise do guión, a posprodución dixital de son e a fotografía documental centrarán os obradoiros prácticos que xa teñen aberto os prazos de inscrición.
Máis información e inscrición no web do CGAI