Novas | 371 a 380 de 4138

<< Anterior Siguiente >>

26/08/2022
Galicia presente na carreira aos Oscar coa película 'As bestas'

A Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España ven de facer pública a selección das tres películas finalistas entre as que os membros da institución terán que decidir cal vai ser a representante do cinema español nos Premios Óscar estadounidenses, no apartado de películas estranxeiras. Unha delas será 'As bestas', o filme con título en galego e que o realizador Rodrigo Sorogoyen rodou en Galicia e con actores galegos nalgúns papeis principais e secundarios da historia. O vindeiro 13 de setembro coñecerase a decisión final da Academia que pode levar o acento galego ata California, unha oportunidade que xa tivo hai agora dous anos o filme 'O que arde' de Oliver Laxe, que finalmente non foi a fita seleccionada naquela ocasión. A película de Sorogoyen compite con Alcarràs, de Carla Simón e 'Cinco lobitos', de Alauda Ruiz de Azúa.. Amplía a nova>>

25/08/2022
Ángel de La Cruz estreará o filme 'O home e o can' no festival OUFF

A película "O home e o can", do cineasta Ángel de La Cruz, e protagonizado por Manuel Manquiña estrearase na XXVII edición do Festival Internacional de Cine de Ourense, OUFF, dentro da sección oficial. "O home e o can" foi rodada integramente na provincia de Ourense, en localizacións de San Cristovo de Cea, Ourense e San Cibrao das Viñas. A película é unha homenaxe ao neorrealismo -gravouse en branco e negro-, con forma dun drama arredor da soidade dos maiores e a crise demográfica do rural.. Amplía a nova>>

25/08/2022
Miguel de Lira premiado no FICBUEU

O actor Miguel de Lira (Lira, 1964) recibirá o Premio Cinema Galego da 15ª edición do Festival Internacional de Cinema de Bueu, FICBUEU, que se celebrará entre o 11 e o 24 de setembro. O galardón recoñece a a prolífica traxectoria do intérprete e a súa achega e compromiso coa sociedade e a cultura galegas. Como lembran desde a organización do FICBUEU, Miguel de Lira ten participado en máis de vinte películas ademais de moitos traballos para televisión que lle valeron ata seis candidaturas finalistas como intérprete nos Premios Mestre Mateo do audiovisual galega, que recolleu en tres ocasións. De Lira recollerá o seu premio e participará do programa do 15º FICBUEU cunha entrevista co periodista e produtor Gaspar Broullón, co que repasará os momentos máis destacables da súa carreira. Esta conversación estará dispoñible posteriormente en líña tras do festival a través do Canal FICBUEU.. Amplía a nova>>

24/08/2022
O FICV - Vía XIV comezará o vindeiro martes

O Festival Internacional de Curtas de Verín - Vía XIV presentou a súa sétima VII edición, que se celebrará do martes 30 de agosto ao domingo 4 de setembro. O Festival, que terá como festival convidado ao Galician Freaky Film Festival, porá de novo o foco nun dos seus piares fundamentais: o Entroido. Nesta ocasión, farao a través de narrativas menos convencionais. Dunha banda, proxectarase unha sesión de curtametraxes cuxo fío condutor será o Entroido dende unha visión de orixe e posta en común das diferentes tradicións ao redor do mundo. A sesión finalizará cunha curta filmada a comezos do século pasado en Laza. Doutra banda, representarase a performance "Carrilano KaoS" de Álvaro Rúa con Gaita en Dó con técnicas estendidas, na que colaborarán o Fulión de Mormentelos e Kotodama Teatro.. Amplía a nova>>

23/08/2022
Ata 19 proxectos de guión, webseries, curtas e longametraxes recibirán as axudas ao talento audiovisual

Ademais da convocatoria de subencións á `preprodución a actividade da Xunta no respecto ao audiovisual segue a ser vertixinosa esta semana e acaba de adxudicar as subvencións á creación audiovisual para o desenvolvemento e promoción do talento galego, a través das que distribúe 194.000 euros entre os 19 proxectos seleccionados na convocatoria de 2022. A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades impulsa, así, a realización de seis guións para longametraxes, dúas webseries, tres longametraxes e oito curtas.. Amplía a nova>>

22/08/2022
A Xunta convoca as axudas á preprodución audiovisual

A Xunta abriu a convocatoria anual de subvencións da Xunta ao desenvolvemento de proxectos audiovisuais individuais, para a que mantén o orzamento de 300.000 euros, igual ao do pasado ano. Esta cifra destinarase aos diferentes traballos que teñan lugar na fase de preprodución de películas e series galegas para cinema e televisión cara á súa produción e rodaxe en anos posteriores. Estas axudas apoiarán as actividades propias da fase de desenvolvemento anterior á rodaxe, como son as relacionadas coa escrita do guión, financiamento, venda e distribución, xestión de dereitos, investigación ou elaboración de materiais promocionais, entre outras. Esta liña, manexada desde o Hub Audiovisual está financiada ao 100 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19. . Amplía a nova>>

11/08/2022
O Festival RiR incluirá unha homenaxe a Pedro Brandariz

O Festival Internacional de Curtas de Comedias RIR chegará en setembro en Allariz a súa V edición. Se fai uns días coñecíase a artista á que se deicará o premio de honra, a actriz Isabel Risco, agora ven de presentarse o programa do evento e de darse a coñecer algúns dos nomes propios que forman parte desta edición extendida de cinco días. O xurado que este ano avaliará os filmes está composto pola "script" e montadora Alba Gallego, a actriz e presentadora Marta Doviro e o actor Fernando González. Ademais, a programación paralela de Rir, que este ano ten como festival amigo convidado ao Festival de Cine Fantástico de Lemos, inclúe a estrea da obra de teatro "Caldas e Mancho", de Héctor Martínez e Marcos Vázquez; unha homenaxe ao recentemente falecido Pedro Brandariz; a proxección do filme "Valentina", de Chelo Loureiro -patrocinado pola Deputación-; charlas literarias para presentar os novos libros de Rubén Méndez e Cristina Carro; mesas redondas; teatro infantil; un conto musical ou unha exposición de David Fernández Bueno -"Loiro"-. O Festival RIR arranca o 5 de setembro. A partir de aí, os asistentes poderán ver en sucesivos días as curtametraxes en competición, divididos en tres bloques e procedentes de España, Francia, Belarús ou Arxentina.. Amplía a nova>>

09/08/2022
O FIC Bueu medra na súa 15ª edición

O Festival Internacional de Cinema de Bueu presenta a súa 15ª edición cun amplo programa que comezará o domingo 11 de setembro e se prolongará ata o sábado 24, traendo de novo unha selección de curtametraxes nacionais e internacionais. Tras voltar á total normalidade logo de varios anos marcados pola situación derivada da crise sanitaria, o FICBUEU continúa coa progresión das pasadas edicións e presenta un novo formato que vai máis aló do festival, co claro obxectivo de poñer en valor os proxectos que se realizan durante os meses anteriores e posteriores ao evento. Así xorde a nova estrutura do FICBUEU, que se basea nas diferentes accións que realiza a organización ao longo do ano: o festival de curtametraxes, as colaboracións con festivais, asociacións e outras entidades, as xornadas cinematográficas e o futuro proxecto de residencia de creación. A programación completa xa está dispoñible no sitio web do festival.. Amplía a nova>>

09/08/2022
Catorce proxectos reparten as axudas á produción audiovisual da Agadic

. Amplía a nova>>

05/08/2022
A Xunta activa no Hub audiovisual unha nova liña de subvencións a equipamentos técnicos

O Consello da Xunta ven de dar luz verde a unha nova liña de subvencións ao abeiro do Hub audiovisual da industria cultural, que desta volta activa un fondo de 1,3 millóns de euros para impulsar a modernización e a competitividade do conxunto do sector cultural galego mediante a adquisición de equipamentos técnicos por parte de empresas privadas e traballadores autónomos. En concreto, está prevista a concesión de ata 100.000 euros por cada proposta subvencionada para a compra de equipamentos e outros activos fixos materiais vinculados á actividade principal do solicitante, de activos fixos inmateriais, como a activación de Licenzas informáticas destinadas ao proceso produtivo, ou de servizos de software, así como para a adecuación dos espazos físicos cara á instalación dos equipamentos. . Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org