A Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España ven de facer pública a selección das tres pelÃculas finalistas entre as que os membros da institución terán que decidir cal vai ser a representante do cinema español nos Premios Óscar estadounidenses, no apartado de pelÃculas estranxeiras. Unha delas será 'As bestas', o filme con tÃtulo en galego e que o realizador Rodrigo Sorogoyen rodou en Galicia e con actores galegos nalgúns papeis principais e secundarios da historia. O vindeiro 13 de setembro coñecerase a decisión final da Academia que pode levar o acento galego ata California, unha oportunidade que xa tivo hai agora dous anos o filme 'O que arde' de Oliver Laxe, que finalmente non foi a fita seleccionada naquela ocasión. A pelÃcula de Sorogoyen compite con Alcarrà s, de Carla Simón e 'Cinco lobitos', de Alauda Ruiz de Azúa.
'As bestas' aÃnda non foi estreada en España, pero si que o foi en Francia con éxito. A pelÃcula ademais pasou polo festival francés de Cannes con eloxiose foi seleccionada para o de san Sebastián. Entre o elenco galego da cinta destacan os traballos de LuÃs Zahera e Diego Anido en roles principais da historia ademais de outros moitos intérpretes como Machi Salgado, Federico Rey ou Luisa Merelas, entre outros. O filme, baseado nunha historia real, trata en clave de intriga o desencontro dunha parella francesa que se instala nunha aldea galega cuns irmáns veciños seus por mor dunha instalación eólica na zona á que se opón o matrimonio galego. A cinta foi gravada en Galicia e en León e inclúe imaxes da Rapa das Bestas de Sabucedo, da que saca o seu nome.