Novas | 3461 a 3470 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

14/12/2006
A TVG emitirá o sábado un documental que explica como se fixo “A casa de 1906”

“A Casa de 1906” entra na historia da Televisión de Galicia (TVG) como o seu primeiro programa de telerrealidade producido e emitido en prime time. Despois de obter unha cota media de audiencia do 24.5 por cento e 239.000 espectadores, chega á súa fin esta fin de semana. Por iso, o sábado, a cadea emitirá a partir das 16:00 horas o documental “Como se fixo a casa de 1906” onde se poderán ver imaxes inéditas así como as declaracións de membros do equipo técnico que fixo posible o programa.

Máis información sobre a programa na súa ficha en AVG

. Amplía a nova>>

13/12/2006
A primeira película de Miguelanxo Prado chegará ás carteleiras o 19 de xaneiro

Despois dunha atípica estrea (con música en directo e fóra dunha sala de cine) chega ás carteleiras “De Profundis”, a primeira longametraxe de animación de Miguelanxo Prado. Será o día 19 de xaneiro cando as salas comerciais presenten este proxecto de animación 2D, no que a música composta por Nani García ten case a mesma importancia que as imaxes debuxadas por Miguelanxo Prado.

Máis información sobre “De profundis” en AVG

. Amplía a nova>>

13/12/2006
O CGAC inaugura un ciclo de videocreación que ofrece as visións persoais sobre a socialización

“En primeira persoa” é o título do ciclo de videocreación que acaba de inaugurar o Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC). Trátase dun espazo no que unha serie de artistas coñecidos como Tracy Moffat ou Marina Abramovic pretenden explorar as súas respostas individuais perante procesos de socialización. O ciclo divídese en oito programas diarios (en dous pases ás 12:00 horas e ás 18:00 horas) cos seguintes temas: “Sensacións en primeira persoa”, “A expresión da euforia e o desafogo”, “Proxeccións do xénero nos obxectos”, “Só os vivos narran a morte”, “Sexualidade”, “Relacións de poder na proximidade”, “Reflexións sobre as relacións” e “Editando o pasado”.

Consulta a canle CGAC de El Correo Gallego

. Amplía a nova>>

13/12/2006
Galaxia prepara unha longametraxe de ficción que afondará no perfil máis humano de Castelao

A división audiovisual de Galaxia prepara “O retrato/a mirada de Castelao”, unha ambiciosa longametraxe na que pretenderá que incidirá no perfil máis humano e persoal de Castelao. O proxecto atópase en fase de desenvolvemento de guión, acaba de realizar o primeiro cásting e está a piques de pechar o seu plan financeiro e o de produción. A longametraxe aproveita a historia de María, unha emigrante que vive cos seus pais nun barrio de Bos Aires, para achegarse á figura de Castelao desde un punto de vista máis humano. Para isto, Galaxia está a desenvolver un intenso traballo de documentación. Antonio Gonzalo, que se achegou no seu momento dun xeito parecido á figura de Blas Infante, é o director da longametraxe de ficción pensada para salas comerciais. É un dos proxectos máis fortes que desenvolve o Grupo Editorial Galaxia a través de Merlin Comunicación que se iniciou no sector audiovisual co proxecto as “Crónicas do Sochantre” ou “Un ollo de vido” que coproduce con Dygra.

Máis información sobre o proxecto no web da Axencia Audiovisual Galega e no web Galaxia

. Amplía a nova>>

13/12/2006
O Clúster Audiovisual organiza unha xornada para analizar o sistema de medición de audiencia

Coa chegada da TDT aumentou o número de canles. Pero o aumento da oferta non é paralelo ao da demanda, por iso as audiencias están cada vez máis segmentadas. Como medir o público, a aparición de novos sistemas de medición no mundo dixital e os novos formatos publicitarios en televisión analizaranse o xoves en Santiago, nunha xornadas organizada polo Clúster Audiovisual de Galicia, a Consellaría de Industria e Caixanova.

Máis información no web do Clúster

. Amplía a nova>>

12/12/2006
Cultura aproveitará os espazos da rede de Teatros e Auditorios para proxectar películas

Baixo o nome de “Cinemas dixitais” a Consellaría de Cultura proxectará producións audiovisuais a partir do próximo mes de febreiro. Esta iniciativa ten dous matices peculiares: dunha banda que contará con prezos asequibles e, pola outra, aproveitarán os locais da Rede Galega de Teatros e Auditorios para as proxeccións. A iniciativa, avanzada na presentación da Axencia Audiovisual Galega, pretende recuperar ou fomentar o hábito de asistir a unha sala a ver unha película.

Máis información en La Voz de Galicia e na nosa nova sobre a presentación da Axencia Audiovisual Galega

. Amplía a nova>>

07/12/2006
O festival Play Doc de Tui recibe 513 filmes para a súa nova edición

Nada menos que 513 documentais chegados de 55 países diferentes aspiran a entrar na selección de filmes que se proxectarán na vindeira edición do festival Play Doc. Segundo apunta a organización do evento esta cifra supera amplamente a participación do ultimo ano, e destaca especialmente o alto número de propostas galegas, nada menos que trinta e tres documentais. O festival celebrarase entre o 21 e o 25 de marzo do vindeiro ano.

Máis información no web do festival e nos nosos arquivos

. Amplía a nova>>

07/12/2006
Un total de 24.795 espectadores sitúan o festival Cineuropa como o maior de Galicia

Cineuropa, o festival de cine que se celebra en Compostela cada mes de novembro, é xa o festival galego cun maior número de espectadores. Segundo afirmaba o pasado martes Néstor Rego, concelleiro de Cultura da cidade, 24.795 persoas achegáronse a algún dos pases do evento, case dous mil máis que na anterior edición. Ademais, Rego destacou que tamén por número de películas e por duración o festival é o maior do seu tipo en todo o país.

Máis información en Galicia Hoxe e no web do Concello de Santiago; máis sobre o festival nos nosos arquivos

. Amplía a nova>>

05/12/2006
“O espazo das Apariencias” faise co premio ao mellor traballo na Mostra de Curtas de Noia

Esta fin de semana concluíu en Noia a VIII Mostra de Curtametraxes, Fíxoo coa entrega dos seus premios na que o traballo de Carmen Rico “O espazo das apariencias” fíxose co premio a mellor curtametraxe, mellor dirección artística, mellor actriz (par Betriz Spelzini) e mellor dirección. O traballo “Carne de Neón” foi recoñecido como mellor guión e o seu actor, Vicente Romero, foi valorado como o mellor intérprete. Dani de la Torre recibiu o premio a mellor curta en vídeo por “Bos días” e “A viaxe de Said” de Coke Rioboo como mellor traballo de animación.. Amplía a nova>>

04/12/2006
O Clúster Audiovisual Galego e a Consellaría de Innovación crearán outro catálogo do sector

Un estudo de viabilidade para o desenvolver e lanzar a marca do Audiovisual Galego, outro para desenvolver as necesidades do parque tecnolóxico, e a participación no encontro Mundos Dixitais son algunhas das actividades que acordaron hoxe o Clúster Audiovisual Galego e a Consellaría de Innovación. Os representantes de ambas entidades, Fernando Blanco pola banda da administración e Antón Reixa pola do Clúster, asinaron un convenio que tamén contempla a creación dun catálogo do sector que estará dispoñible na rede.

Máis información no web da Consellaría de Innovación, e na nosa hemeroteca sobre a creación da catálogo da Axencia Audiovisual Galega, o do Portal do Audiovisual de Galicia e AVG

. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org