Novas | 3451 a 3460 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

29/12/2006
“Planeta cine” repasa as novidades do audiovisual do 2007

Televisión de Galicia emite esta noite “Planeta Cine” (01:30 horas). O programa presentado por Uxía Blanco fai un repaso do que deu de si este ano. Entre os asuntos a tratar, destaca a proxección de actores galegos como Mabel River ou Tamar Novas, así como un avance do audiovisual que veremos no 2007.

Máis información no web da CRTVG

. Amplía a nova>>

29/12/2006
Carmen Calvo presentou aos sectores do cine e da televisión o borrador para a futura lei do audiovisual

A nova lei do cine estatal está próxima. A Ministra de Cultura, Carmen Calvo, entregou onte aos representantes do sector un documento de 13 páxinas nas que se pide a súa colaboración para consensuar o novo texto lexislativo. Entre as novidades figura a conversión do Instituto para a Cinematografía e Arte Audiovisuais (ICAA) nunha Axencia Estatal de carácter interdepartamental, así como fondos de axudas para tvmovies, series de animación, mulleres así como a flexibilización da cota de pantalla, entre outras novidades. O sector ten agora ata o 15 de xaneiro para presentar as súas novas propostas.

Máis información sobre a futura lei en El Pais

. Amplía a nova>>

28/12/2006
As xornadas do Ateneo conclúen cunha escolma de curtas galardoas nos Óscar

Hoxe rematan no Ateneo ferrolá as sextas Xornadas de Curtametraxes. E faino coa proxección de traballos premiados nos Óscar. Con elas ponse fin a unhas sesións que comezaron o martes e nas que se puideron ver os traballos de Xosé Zapata, “Mártires”; Isabel Aguayvives, “Ecos”; Marcos Nine, “J.E.D.N.” e de Rubén Coca, “Notamotof”. . Amplía a nova>>

26/12/2006
Nani García grava a banda sonora da longametraxe cinematográfica “O neno de barro”

Nani García non para. Despois de poñer musica ao proxecto que coproduciu con Miguelanxo Prado, “De Profundis”, está inmerso no seguinte proxecto. Trátase de “O neno de barro” a ambiciosa longametraxe que ten prevista a súa estrea a primavera de 2007. Esta fin de semana cincuenta músicos, dirixidos polo francés David Etheve, gravaron a banda sonora no Centro Mans de A Coruña. Entre os proxectos futuros de Nani García está o de compoñer a banda sonora de “O menor dos males”.

Máis información sobre Nani García na súa ficha en AVG

. Amplía a nova>>

22/12/2006
Cultura difundirá curtametraxes galegas con motivo do Nadal

“Curtas no Nadal” é o título baixo o que a Consellaría de Cultura dá a coñecer un total de 60 curtametraxes en diferentes localidade de Galicia. Organizado pola produtora Mr Misto Films entre ata o 20 de xaneiro poderanse ver curtametraxes de todos os xéneros feitas por galegos. “O obxectivo, segundo unha nota de prensa da Consellaría, é levar o cinema alí onde non adoita chegar o cinema comercial”.

Máis información no web da Consellaría de Cultura

. Amplía a nova>>

20/12/2006
A Fundación Caixa Galicia acolle a presentación dunha curtametraxe protagonizada por persoas con discapacidade

A Sede da Fundación Caixa Galicia exhibe esta tarde (Cantón Grande 21-24, ás 20:00 horas) a curtametraxe “Masacre”. Non se trata dun traballo audiovisual ao uso, xa que a iniciativa partiu da Asociación de Pais e Familiares de Persoas con Discapacidade Intelectual (Aspronaga) e esta protagonizada tanto por voluntarios como por persoas con discapacidade. O traballo, que contou coa axuda da Consellaría de Cultura, está pensado para ser levado a festivais e será proxectado en diferentes puntos de Galicia.

Máis información na súa ficha

. Amplía a nova>>

19/12/2006
O Clúster do Audiovisual convoca unha xornada para potenciar a industria dos videoxogos

A industria dos videoxogos xerou 863 millóns de euros en 2005, o que a converte no sector con maior proxección por diante doutras industrias culturais como o cine ou a música. Estas cifras motivaron a que o Clúster do Audiovisual analizase onte en Pontevedra a potencialidade galega no sector dos videoxogos. No transcurso da xornada, que levaba por título “ClústerPlay: Lecer Interactivo”, abordáronse as posibilidades de realización de videoxogos a partir de películas, así como a necesidade de potenciar este sector.. Amplía a nova>>

19/12/2006
A mostra sobre Cortázar chega á rede e poderá verse en París

Despois do “Outono Cortázar” que achegaba o legado de Julio Cortázar cunha mostra (que tivo 12.000 visitantes), un ciclo de cine (cuns 2.000 asistentes) e as xornadas de debate, a Secretaría Xeral de Comunicación acaba de facer públicos dous novos destinos para estes contidos. Dunha banda está o web do Centro Galego de Artes da Imaxe, que presenta unha visita virtual da mostra e, da outra, París. No centro de América Latina da capital francesa poderase ver (a partir do 12 de xaneiro) a mostra que dá a coñecer o legado fotográfico, documental e cinematográfico que cedera a viúva do escritor a Galicia.

Máis información sobre a nova no web da Xunta, visita a mostra no web do CGAI, e sobre o arquivo de Cortázar na nosa hemeroteca

. Amplía a nova>>

18/12/2006
Filmax e Miguelanxo Prado compiten na categoría de animación duns Goya con pouca presenza galega

“De profundis”, a creatividade de Miguelanxo Prado e Nani García compite con “Pérez, o ratiño dos seus soños”, o saber facer de Fílmax Animation. Son as dúas producións galegas que compiten na carreira dos XXI Edición dos Premios da Academia das Artes e da Cinematografía española, máis coñecidos como os Goya. Unha gala na que, contravindo a tendencia dos últimos anos, ademais das citadas só hai unha coprodución galega. Trátase de “Un franco, 14 pesetas” de Adivina Produccións, que é candidata a mellor dirección novel. Con 15 candidaturas, “Alatriste” de Agustín Díaz Yáñez e “Volver” con 14 son as grandes favoritas da Academia, que estrea nova dirección con Ángeles González Sinde.

Máis información en El País, en La Voz de Galicia e na nosa hemeroteca sobre as edicións anteriores. Consulta as fichas de De profundis e Un franco, 14 pesetas

. Amplía a nova>>

15/12/2006
O goberno non nomeou ao director do CGAI sete meses despois de ser anunciado

O pasado marzo o secretario xeral de Comunicación, Fernado Salgado, anunciou a Jaime Pena como novo director do Centro Galego de Artes da Imaxe. Sete meses despois, o seu nomeamento segue sen ser efectivo e, segundo explica, o Director Xeral de Comunicación Audiovisual (DXCA), Manuel José Fernández, débese a un problema estrictamente xurídico. A DXCA está elaborar un decreto que permita o funcionamento organizado do CGAI. En todo caso, no horizonte deste departamento está a reorganización total do panorama do audiovisual (en coherencia coa reforma normativa que se está a debater no ámbito estatal) que non se producirá antes dous ou tres anos xa que precisa de consenso de todos os sectores implicados.

Máis información sobre o CGAI na nosa hemeroteca

. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org