Novas | 3441 a 3450 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

11/01/2007
O Consorcio Audiovisual de Galicia e a Consellaría de Educación organizan un curso de inglés

Nos seus proxectos para o 2007, o Consorcio Audiovisual de Galicia anunciou o seu apoio decidido aos programas de formación. E unha das evidencias desta iniciativa fráguase no curso "Monográfico de Inglés Audiovisual" que a entidade, en colaboración coa Consellaría de Educación, acaban de convocar. O curso desenvolverase desde o 30 de xaneiro ata o 20 de marzo e está dirixido a profesinais e estudantes do sector audiovisual. Ademais, o Consorcio tamén organiza en febreiro, en colaboración co Departamento de Tradución e Lingüística da Universidade de Vigo, o "I Congreso de Tradución para a Dobraxe".. Amplía a nova>>

10/01/2007
Un estudo constata a caída de espectadores e de concellos con oferta cinematográfica

Se no 2001 vinte e catro municipios contaban con salas de cine, no 2007 o número é sensiblemente inferior. Segundo un estudo de Miguel Anxo Fernández, crítico e profesor de Comunicación Audiovisual, só trece concellos contan con esta oferta. A desaparición dos cines históricos deu paso á proliferación de multicines, de tal xeito que o número de pantallas se incrementou mentres baixou o de salas. Ese mesmo estudo, aínda inédito pero do que avanza datos “La Voz deGalicia”, constata que no 2005 asistiron ao cine no noso país 800.000 persoas menos.

Máis información en La Voz de Galicia

. Amplía a nova>>

10/01/2007
O ICAA convoca a súa liña de subvencións anual para curtametraxes

O Instituto das Artes e da Cinematografía (ICAA) acaba de facer pública dúas convocatorias de axudas para curtametraxes: unha para traballos xa realizados e outra para proxectos. En total, o ICAA destina 1.200.000 euros e a axuda por proxecto non poderá superar os 30.050 euros. O primeiro prazo remata o 20 de marzo, aínda que existen diferentes límites en función de cada convocatoria.

Solicitudes, convocatoria e información no web do ICAA

. Amplía a nova>>

10/01/2007
O CGAG proxectará vinte filmes clásicos do cine do terror e da ciencia ficción

Ao abeiro da exposición “Contos dixitais”, o Centro Galego de Arte Contemporánea proxecta o ciclo de cine de terror e ciencia ficción. Baixo o título “Ficcións e alteracións da realidade” ata o día 29 de xaneiro exhibense diariamente dous títulos entre os que figuran películas de culto como “Nosferatu” (1922) de Murnau, ou “Metropolis” (1927) de Fritz Lang xunto con recentes producións de cineastas como Stanley Kubrick, David Cronenberg e Tim Burton.

Máis información na canle CGAC de El Correo Gallego

. Amplía a nova>>

05/01/2007
A TVG ofrece unha programación especial con motivo do día de Reis

A Galega prepárase para a chegada dos Reis cunha programación especial. Comeza coa emisión do Xabarín Club (7:30 a 12:30). Xa pola tarde emitirá a longametraxe de Dygra “O bosque animado” (17:30 horas) seguido da retransmisión en directo a tradicional cabalgata de Reis desde Ourense. Pola noite, “Planeta Cine” repasará os gustos cinéfilos de diferente personalidades do mundo da cultura.

Máis información no web da CRTVG

. Amplía a nova>>

05/01/2007
Os documentais chegados de 55 países chegan a Tui para o seu festival de cine

33 producións galegas, 143 estatais e 337 doutros países é o balance dos traballos presentados á terceira edición de Play Doc. O festival de documental de Tui que se celebrará do 21 ao 25 de marzo incrementa o número de traballos recibidos. Agora a organización abre un prazo para escolmar as producións que conformarán a “Sección Oficial” a concurso a “Sección Informativa” que acompañará as actividades paralelas previstas para a terceira edición do certame.

Mais información no web de Play Doc

. Amplía a nova>>

03/01/2007
Margarita Ledo recupera un documental sobre o campo galego rodada nos anos setenta

“O campo para o home” é unha película documental sobre a situación do campo español con voces de expertos e campesiños. Pero tamén un filme rodado furtivamente, nos anos setenta grazas ao esforzo de dous nomes propios Helena Lumbreras e Mariano Lisa que quixeron dar a coñecer a situación do campesiño no Estado a través do caso de Galicia e Andalucía. O filme, que acaba de ser recuperado pola catedrática Margarita Ledo, conta coa colaboración dun novo Xosé Manuel Beiras como analista. O traballo exhibiuse en decembro dentro dos actos conmemorativos dos 15 anos da Facultade de Ciencias da Comunicación.

Máis información en El Pais

. Amplía a nova>>

03/01/2007
A Coruña ten as salas de cine máis caras de Galicia

6.20 euros de media é o que custa ir ao cine en A Coruña. A Federación de Consumidores en Acción (Facua) acaba de facer público un informe sobre o prezo das entradas de cinema en todo o Estado. A Coruña é a terceira cidade máis cara do Estado, despois de Barcelona e Madrid, mentres que Santiago de Compostela (con 3.40 euros) sitúase entre as mais baratas.

Máis información no web de Facua

. Amplía a nova>>

03/01/2007
O audiovisual bateu marcas no número de estreas cinematográficas malia o retroceso que supuxo a paralización da primeira rodaxe

O 2006 non foi o mellor ano do sector audiovisual. A paralización da rodaxe de “Os mortos van ás presas”, a dimisión do presidente da Academia Galega do Audiovisual, e menos candidaturas para o audiovisual galego nos Goya son algúns exemplos. Con todo, o sector bateu marcas de estreas e acabou o ano con tres portais para recoller o seu traballo así como cun incremento nas liñas de axudas. A iso se lle engade que o 2007 apunta moi alto, con máis de vinte filmes para estrear.. Amplía a nova>>

02/01/2007
O Consorcio Audiovisual aproveita o incremento do seu orzamento para conseguir unha maior proxección internacional

Un total de 1.2 millóns de euros, un 27% máis que no último exercicio, é o orzamento do que disporá o Consorcio Audiovisual de Galicia para as súas actividades no 2007. As liñas de actuación desta entidade interadministrativa creada ao abeiro da Lei do Audiovisual Galego seguirán sendo as mesmas: proxección exterior das producións audiovisuais, cursos de formación para profesionais, así como liñas de axuda a produción a través do fondo “Raíces”, que desenvolve xunto con Cataluña, Arxentina e, recentemente, Andalucía.

Máis información no web da Xunta e sobre o Consorcio no seu web e na nosa hemeroteca

. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org