29/01/2007
Filmax faise co premio a mellor película de animación nunha gala na que trunfaron "Volver" e o “Labirinto do fauno”
“Hoxe é un día grande para a animación galega” asegurou o presidente de Fílmax, Julio Fernández cando subiu a recoller o Goya que consideraba a “O ratiño dos teus soños” como mellor película de animación. Canda a ela “Volver” (mellor película, dirección, actrices principal e secundaria e música orixinal) e “O labirinto do Fauno” (guión orixinal, montaxe, fotografía, efectos especiais, son, actriz revelación e maquillaxe e perruquería).
Mais información en La Voz de Galicia, El País e en El Correo Gallego e na nosa hemeroteca
.
Amplía a nova>>
26/01/2007
Este domingo decídese se o audiovisual galego incrementa a súa lista de premios Goya
A cultura do país estará pendente esta fin de semana do Palacio Municipal de Congresos do Campo das Nacións, en Madrid. Alí se celebra, a noite do domingo, a XXI Edición dos Premios Goya, e saberase se Galicia engade outro destes galardóns á lista dos xa conseguidos. "De profundis", de Miguelanxo Prado e Nani García, compite con "Pérez, o ratiño dos seus soños", da coruñesa Filmax, para ver quen é o mellor filme de animación. Pola súa banda, a produción galega "Un franco, 14 pesetas", compite na categoría de mellor director novel.
Máis información nos nosos arquivos, "De profundis", "Un franco, 14 pesetas"
. Amplía a nova>>
23/01/2007
A Asociación Cultural Arela abre xa o prazo de presentación de traballos para o Festival de Cans
O Festival de Cans xa quenta motores. O evento organizado pola Asociación Cultural Arela acaba de abrir os prazos de admisión de curtametraxes galegas e, entre as novidades, figura a categoría documental. O prazo estará aberto ata o 15 de marzo e deberán enviarse en soporte DVD, durar menos de 25 minutos e ter unha ficha técnica con imaxes dixitais do cartel e un fotograma.
Máis información no web do festival
.
Amplía a nova>>
23/01/2007
Unha xornada analizará a reforma sobre a renda e a prevención do fraude fiscal no eido audiovisual
O Cluster Audiovisual Galego en colaboración coa Asociación para o Progreso da Dirección (APD) veñen de organizar unha xornada (8 de febreiro) sobre a nova "Reforma Fiscal: Renda e Sociedades". A charla ten como obxectivo analizar a reforma aprobada polo Congreso dos Ddeputados, en torno a dous temas básicos: a reforma dos impostos persoais sobre a Renda, IRPF e Sociedades, e a prevención do Fraude Fiscal. Todo isto aplicado ao eido audiovisual..
Amplía a nova>>
20/01/2007
O CGAI leva a Santiago as películas máis antigas que se rodaron en Galicia
Tal e como se anunciou, o CGAI estenderá a súa programación máis alá da cidade da Coruña na que ten a súa sede. Unha mostra é o ciclo “Pioneiros do cinema” que o Director Xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández, vén de presentar. A partir do mércores, o Teatro Principal de Santiago acollerá a proxección de dous documentais: “Botadura del Acorazado Alfonso XIII” (1913), rodado en Ferrol e o portugués “O Ano Santo em Compostela (1915)”. Canda a eles “Miss Ledya” (1916) a primeira película de ficción que se conserva rodada en Galicia. O grupo de jazz Abe Rábade Trío será o encargado de acompañar musicalmente estas pezas do cine mudo..
Amplía a nova>>
18/01/2007
O director Ángel de la Cruz anuncia que retomará a rodaxe de "Os mortos van ás présas"
Coa vindeira primavera, se todo vai ben, retomarase a rodaxe do filme "Os mortos van ás présas", dirixido por Ángel de la Cruz. Segundo adianta hoxe "El Progreso", o director ten xa comprometidos os apoios da Xunta de Galicia, a TVG e a distribución con Buena Vista. De calquera xeito, mantén a busca de financiamento que lle permita completar o millón de euros que, aproximadamente, vai custar o proxecto. No caso de non acadar os fondos para maio, a rodaxe atrasaríase ata setembro.
Máis información no blog do filme; a Rede Natura nos ficha da produción
. Amplía a nova>>
18/01/2007
O documental galego "2050" preséntase no mercado de televisión de Estados Unidos
O NATPE, considerado o maior mercado de televisión de Estados Unidos está a se celebrar estes días en Las Vegas. E alí está presente, a buscar compradores, o documental galego "2050: É xa demasiado tarde?" que analiza os efectos do cambio climático. A produtora compostelá Isabella Audiovisual presentou tamén alí a obra "Muxía, a ferida". "2050" foi xa adquirida pola TVG e mais por Documanía.
Máis información en Galicia Hoxe e na nosa ficha da produción
. Amplía a nova>>
17/01/2007
"O imperio téxtil", documental sobre unha fábrica de tecidos, está nos tribunais por un caso de apropiación indebida
Diferenzas entre a produtora e o director Fernando Carreira teñen paralizado desde hai un ano o final do documental "O imperio textil". Agora, o caso está nos tribunais xa que o director considera que se está a producir unha apropiación indebida por parte da empresa, que retén a gravación orixinal. O documental analizaba a historia da fábrica de tecidos Regojo, xa desaparecida.
Máis información nas edicións de hoxe de Faro de Vigo e de Atlántico Diario
. Amplía a nova>>
15/01/2007
Estréase "De Profundis" con posibilidades de chegar á Berlinale e de levar un Goya
Xa está todo preparado. O vindeiro día dezanove chega aos nosos cines a agardada "De profundis", o filme de animación de Miguelanxo Prado con música de Nani García. A estrea chega acompañada dunha nova destacada. Segundo adiantou o produtor do filme, Pancho Casal, é posible que este chegue a se proxectar na Berlinale, un recoñecemento que se sumaría á xa confirmada candidatura ao Goya ao mellor filme de animación.
Máis información en La Voz de Galicia e en AVG
. Amplía a nova>>
11/01/2007
A Secretaría Xeral de Comunicación fai públicas as axudas para que as produtoras asistan a mercados internacionais
O MIPCOM e o MIP tv de Cannes ou o European Film Market de Berlín son algunhas das referencias ineludibles do mercado audiovisual. O lugar no que as produtoras ofrecen os seus produtos e fan contactos e, polo tanto citas ás que hai que asistir. A Secretaría Xeral de Comunicación, a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual acaba de resolver as liñas de axudas que permitirán a empresas como Zenit, Vaca Films, Continental ou Filmanova acudir a eses festivais. Estas subvencións enmárcanse nas liñas de axuda para a promoción e difusión do patrimonio audiovisual galego, que incluían partidas para presentación de produccións así como o desenvolvemento e organización de festivais, xa adxudicadas..
Amplía a nova>>