04/12/2006
A Residencia Porta do Camiño organiza un ciclo de cine para os maiores
“Paraíso Cinemaior” é o nome co que a Residencia-Fogar Porta do Camiño de Santiago de Compostela proxectará películas. Durante todo o mes de decembro e distribuído en cinco grandes bloques (cine español, arxentino, galego, de xeración e documentais recuperados) ofreceranse unha vintena de títulos para que os maiores poidan achegarse ao cinema. Luís Tosar foi o encargado de introducir “ A lingua das bolboretas”, o título co que a Residencia inaugurou o pasado día 1 este ciclo que terá lugar os luns, mércores e venres de 17:00 a 19:00 horas.
.
Amplía a nova>>
04/12/2006
Docentes e expertos analizan desde hoxe as posibilidades pedagóxicas dos produtos audiovisuais
Baixo o lema “Enredados nas pantallas”, hoxe comeza o II Encontro Internacional sobre Educación Audiovisual que terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela. Promovido polo Consorcio Audiovisual de Galicia será un punto de encontro para que os docentes poñan sobre a mesa as características que ten o audiovisual para integralo no seu proxecto pedagóxico. Entre as propostas destaca a de Carmen Pereira, da Universidade de Vigo, que explicará como o cinema de animación se pode aproveitar para fomentar valores como o respecto ou a convivencia.
Máis información no web da USC e no do Consorcio Audiovisual de Galicia
.
Amplía a nova>>
01/12/2006
O público premia a película “As vidas dos outros” que pecha Cineuropa nun pase especial
O público asistente a esta edición de Cineuropa concedeulle o seu galardón(cun 8.8) á película do realizador alemán, Florian Henckel-Donnersmark, “As vidas dos outros” . Un filme que se pode ver hoxe de balde no Teatro Principal e que pon fin á vixésima edición do festival compostelán. A segunda obra máis valorada foi “Indíxenas” de Rachid Bouchareb, cun 7.9, e cunha décima menos, situouse “Grbavica” que se ambienta no Saraievo da posguerra.
Máis información no web Compostela Cultura e en La Voz de Galicia e sobre esta edición en Galicia Hoxe e na nosa hemoreca
.
Amplía a nova>>
30/11/2006
Un traballo documental afonda na figura de Maruja Mallo
Maruja Mallo foi unha das artistas galegas máis recoñecidas do século XX. Tivo como amigos a personalidades como Dalí, Lorca, Buñuel e Ortega e Gasset, quen a invitou a colaborar na "Revista de Occidente". Unha vida que a produtora Ardora Filmes contará nun documental que se comeza a rodar en Viveiro. O traballo, ademais da parte documental, ficcionará parte da vida da pintora que será encarnada porla actriz Margarita Fernández.
Máis información sobre Maruja Mallo no noso album
.
Amplía a nova>>
29/11/2006
Cultura convoca un premio para fomentar a investigación no eido audiovisual
Mari Luz Morales foi, ademais dunha defensora do galeguismo e dos dereitos da muller, unha pioneira de crítica cinematográfica. Por isto, a Consellaría de Cultura acaba de poñerlle o seu nome ao premio de ensaios cinematográficos que acaba de convocar. O premio pretende fomentar a investigación arredor do audiovisual desde unha persecptiva galega e universal.
Máis información no web da Axencia Audiovisual Galega
.
Amplía a nova>>
28/11/2006
Cultura crea a Axencia Audiovisual Galega para agrupar a súa actividade en materia audiovisual
“A casa do audiovisual” así definiu Ánxela Bugallo, conselleira de Cultura, a Axencia Audiovisual Galega. Un organismo, dependente da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, que nace co obxectivo de consolidar o audiovisual con identidade propia. A Axencia conta co seu propio sitio web no que haberá un espazo para a actualidade do sector e unha oficina de produción virtual a través da que se ofrecerá asesoramento continuo aos creadores en todas as fases de realización do proxecto.
Máis información no web da Consellaría de Cultura, no da Axencia Audiovisual de Galicia e consulta a nova sobre a creación do portal “Audiovisual de Galicia” na nosa hemeroteca
.
Amplía a nova>>
27/11/2006
O Consorcio Audiovisual de Galicia presenta os traballos seleccionados para o seu catálogo anual de documentais
“A casa da miña avoa” e “Pic NIC” producidos por IBCinema, “Cambio climático” por TV7, “As voces do Prestige” por Directo Producciones e “A cuarta pista” de Diplodocus Producións son os documentais seleccionados para conformar “Docs 06”. Trátase do catálogo anual relativo a documentais elaborado polo Consorcio do Audiovisual de Galicia para dar a coñecer axeitadamente as producións audiovisuais nos mercados e feiras do sector.
Máis información no web do Consorcio Audiovisual e sobre os catálogos anteriores na nosa hemeroteca
.
Amplía a nova>>
27/11/2006
A provincia da Coruña contará con varios ciclos de cine específicos para o 2007
Ciclo “Filmoteca galega do CGAI”, un de “audiovisual galego”, outro de “Cine e creación literaria”, de “Miradas francesas”, un co título “Nueva York no cine” e outro de “Televisión e cine”. Estes son os títulos dos ciclos de cine que se organizarán na provincia da Coruña para o 2007. Así se desprende da proposta coa que a Fundación Caixa Galicia se acaba de facer co concurso público convocado pola Deputación da Coruña para xestionar a programación cultural desta provincia.
Máis información en Galicia Hoxe, La Voz de Galicia, no web da Diputación da Coruña e na nosa hemeroteca sobre a Fundación Caixa Galicia
.
Amplía a nova>>
27/11/2006
A Academia Galega do Audiovisual galardoa a Llorenç Soler polo seu traballo documentalista
É valenciano de nacemento, reside en Barcelona pero nos anos setenta foi un dos revulsivos do audiovisual galego. Falamos de Llorenç Soler que xunto con Varela Veiga rodou os conflictos sociais, políticos e culturais máis destacados de Galicia. Agora, a Academia Galega do Audiovisual quixo destacar o seu traballo concedéndolle a súa Medalla de Ouro. O acto de entrega terá lugar o día 1 de decembro en A Coruña, no transcurso da cea anual que organiza a Academia cos seus socios.
Máis información no web da Academia Galega do Audiovisual e na súa ficha
.
Amplía a nova>>
24/11/2006
A curtametraxe “Mártires” proxéctase en tres localidades francesas
“Mártires”, o último traballo de Xosé Zapata, recrea un dos problemas da sociedade actual: os accidentes de tráfico producidos por mor da mestura de alcol e coche. Esta curtametraxe, foi premiada no certame Curt Fictions organizado pola cadea de Cines Yelmo Cineplex. A mesma entidade que presenta en Francia o seu programa no que se inclúe este traballo. Por este motivo vén de exhibirse en París e poderase ver o día 28 no centro Jean Vigo de Bordeos e o 30 no cine “Le Zola” en Lión.
Máis información na ficha de Mártires e en Vieiros
.
Amplía a nova>>