Novas | 3481 a 3490 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

23/11/2006
Jose Luís Cuerda e Alejandro Amenábar reciben esta noite en Vigo o premio Chano Piñeiro

A secretaría xeral de Comunicación entrega hoxe en Vigo o primeiro premio Chano Piñeiro. O premio, dotado con 60.000 euros, recaeu nesta primeira edición compartido entre Jose Luís Cuerda e Alejandro Amenábar. Ademais, a viúva do autor de “Sempre Xonxa” recollerá a distinción honorífica ao cineasta. No marco de Cineuropa a Aula Socio Cultura de Caixa Galicia acolle desde hoxe un ciclo de cine que levará o nome de Chano Piñeiro. Nel preténdese facer balance do audiovisual galego de 2006 cos filmes “Cargo”, “Os aires difíciles”, “Días azuis”, “Promedio vermello” e “Un franco, 14 pesetas”

Máis información no web da Xunta e en AVG as fichas de Cargo, Os aires difíciles, Promedio Vermello, Un franco, 14 pesetas e Días azuis

. Amplía a nova>>

22/11/2006
O Museo de Arte Unión Fenosa programa todos os martes un ciclo de cine alemán

“Ceo sen estrelas” (Himmel Ohne Sterne, 1955) de Helmut Käutner continuou onte no Museo de Arte Unión Fenosa (MACUF) o ciclo de cine alemá que organiza cada martes na súa sede. O ciclo, que xorde con motivo da exposición “De Leipzig a Düsseldorf. Figuración alemana actual” que se exhibe no centro, continuará con “O camiño irracional” (5 decembro) de Thorsten Trimpop, “Iluminación de fondo” (12 de decembro) de Helga Reidemeister e “Luces” (19 de decembro) de Hans-Christian Schmid.

Consulta o programa no web do Macuf

. Amplía a nova>>

22/11/2006
Os ríos de Galicia protagonizan a XVI Semana Internacional de Cine de Submarino

As illas Galápagos, a Antártida e os ríos de Galicia son algúns das realidades que se analizarán na Semana do Cine Submarino que comeza hoxe en Vigo. No caso galego, o mergullador Manuel E. Garci, ademais de ser un dos conferenciantes, elaborou expresamente para este certame o documental “Os mares doces de Galicia”. Ademais, dentro do programa exhibirase unha lura de 14 metros de lonxitude que foi capturada sen vida en Asturias. Estas xornadas, un clásico do cine documental en Galicia, está organizadas polo Club Subacuático de Vigo e a extensión cultural da Universidade de Vigo.

Máis información no web do Club Subacuático de Vigo

. Amplía a nova>>

22/11/2006
O CGAC presenta un ciclo de proxeccións de performances audiovisuais

“Vídeo Heroes” é o título dun novo ciclo que organiza o Centro Galego de Arte Contemporánea desde hoxe. En dous pases diarios (un ás 13:00 horas e outro ás 18:00 horas) diferentes artistas reflexionarán sobre conceptos como identidade, resistencia e catarse a través de arriscadas pezas audiovisuais. Tres nomes propios no mundo da arte e da música electrónica como Ryochi Kurokawa (hoxe ás 21 horas), Thomas Köner (xoves) e o venres Marc Leclair, máis coñecido como Akufen na escena electrónica experimental son algúns dos que conforman este programa. Este último, xunto co artista Coutu-Dumont presenta o espectáculo “Musique pour 3 femmes enceintes” que estrearon na pasada edicion de Ars Electrónica.

Máis información na Canle CGAG de El Correo Gallego

. Amplía a nova>>

21/11/2006
A Xunta presenta o portal de internet “Audiovisual de Galicia”

“Audiovisual de Galicia” é, segundo figura no sitio web da Xunta, “unha zona de encontro e portada a outras iniciativas relacionadas dunha ou outra forma co audiovisual galego”. Directorio de entidades do audiovisual, servizo para a promoción de traballos audiovisuais, e un apartado de novas darán conta do que acontece no sector no noso país.

Consulta o web

. Amplía a nova>>

21/11/2006
Trinta filmes competirán na VIII Mostra de Curtametraxes de Noia

Do 29 ao 3 de decembro as curtametraxes teñen unha cita en Noia. Trátase da VIII mostra que organiza o Concello desta localidade e que este ano conta con 35 traballos seleccionados entre os 241 presentados. Ademais do apartado de exhibición de curtametraxes, que terá lugar no Coliseo Noela, haberá xornadas dedicadas aos escolares da zona para inicialos no audiovisual. A mostra, que repartirá 7.800 euros en premios crea este ano unha categoría nova, a de animación.. Amplía a nova>>

20/11/2006
O dúo cómico “Os Tonechos” regresan á TVG co seu show

“O show dos Tonechos” está de volta na TVG (os mércores, ás 22:07 horas). O dúo cómico máis popular de Galicia, formado por Víctor Fábregas e Roberto Vilar, comezou o pasado mércores a súa andaina pola grella da Televisión de Galicia. O programa mantense fiel ao estilo deste dúo, pero contará como novidades un concurso de monólogos e seccións como “Pirados do Caribe”, "Falabarato" ou “As megapijas”.

Descubre os vídeos promocionais na súa ficha

. Amplía a nova>>

17/11/2006
José Luís Cuerda e Alejandro Amenábar reciben o I Premio Chano Piñeiro polo seu apoio ao audiovisual galego

O teren confiado nas posibilidades de Galicia como plató e en equipos do noso país para varias das súas producións valeulles aos directores José Luís Cuerda e Alejandro Amenábar facerse co I Premio Chano Piñeiro. Canda a eles, o propio Piñeiro foi galardoado co premio de honra que leva o seu nome pola contribución que fixo ao noso cine. Estes galardóns foron instituídos pola Xunta para recoñecer as persoas que axudan ao desenvolvemento do noso sector audiovisual.

Máis información en La Voz de Galicia e nos nosos arquivos

. Amplía a nova>>

17/11/2006
Ibisa TV achégase á escritora Nélida Piñón nun documental

“Sherezade en Galicia. As palabras de Nélida Piñón” é un documental que fai un percorrido sobre a relación entre Galicia e Brasil a través da biografía da coñecida escritora. Ademais da presenza da propia Nélida, Ánxela Bugallo, Suso de Toro e Luis G. Tosar participan nun traballo que se poderá ver en breve na Televisión de Galicia. De feito a cadea pública é coprodutora, xunto con Ibisa TV e a vaienciá Tatzen dun traballo que dirixe Valentín Carrera. O documental, que vén de presentarse no Club Internacional de Prensa, en Santiago, é o primeiro traballo que se achega á vida e obra da escritora que foi galardoada co premio Príncipe de Asturias de 2005.

Máis información sobre os últimos proxectos de Ibisa na nosa nova

. Amplía a nova>>

17/11/2006
A Coruña acolle un seminario para dar a coñecer as claves nas coproducións con latinoamérica

Baixo o título de “Claves e elementos para coproducir con Latinoamérica”, o Mestrado en Produción e Xestión Audiovisual organiza un seminario para informar sobre as vías de colaboración con produtoras latinoamericanas. A explicación do funcionamento do fondo Ibermedia e as diferentes políticas do audiovisual centrarán unha xornada que se desenvolverá hoxe nas instalacións do Mestrado no Campus de Elviña.

Máis información neste web

. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org