17/11/2006
O proxecto “Lugo en Acción” de Localia exhíbese no X Festival Internacional de TV de Barcelona
Dous proxectos audiovisuais feitos en Galicia poden verse estes días en festivais estranxeiros. Dunha banda, falamos de “Lugo en acción” programa producido pola Fundación TIC e emitido en Localia Lugo o ano pasado. O proxecto versase dentro do apartado “Sorpresas” do X Festival Internacional de TV de Barcelona. Doutra banda, “Panta Rei” (Todo flúe) de Simón Casal foi seleccionado para proxectarse no festival HDFest de Los Ángeles, que terá lugar na primeira semana de decembro.
Máis información sobre o a presenza de “Lugo en acción” en El Progreso e sobre “Panta Rei” na súa ficha en AVG
.
Amplía a nova>>
16/11/2006
O Clúster Audiovisual e a Eiken Basque Audiovisual realizarán proxectos conxuntamente
Bilbao acolleu onte unha xornadas para analizar os retos que se lle presentan á industria audiovisual, como sector clave dentro da Sociedade da Información. A xuntanza, que se integra dentro das actividades da Semana Europea da Calidade, propiciou que o Clúster Audiovisual e a Eiken Basque Audiovisual realicen proxectos comúns que, de momento están sen concretar. O que si o está é o “Proxecto de Responsabilidade Social e Corporativa” que o Clúster desenvolve coa Consellaría de Industria nos anos 2006 e 2007. Un programa que inclúe a creación dun Observatorio do Audiovisual e dunha Guía de Autoavaliación con indicadores sobre responsabilidade social e corporativa.
Máis información no web do Clúster
.
Amplía a nova>>
15/11/2006
A Asociación de Actores analiza nunhas xornadas o panorama audiovisual
A Asociación de Actores, Directores e Técnicos (AADTEG) organizou o 27 e 28
de outubro unhas xornadas para dar a coñecer o rol que desenvolven os
actores no sector audiovisual. Alí, Manuel González, asesor da Consellaría
de Cultura, fixo un balance da actividade desenvolvida por este departamento
en materia audiovisual; Eduardo Galán, director da TVG renovou o seu
compromiso da cadea pública coas series de produción propia, que bota man dacanteira de actores e, por ultimo, Manuel Fernández, director xeral de
Comunicación Audiovisual explicou as liñas de acción para esta lexislatura.
Descarga a intervención dos relatores aquí (en mp3)
.
Amplía a nova>>
14/11/2006
Antón Dobao presenta a película para televisión “O Bosque de levas”
Febreiro de 2006. Esta é a data na que estará rematada “O bosque de levas”, produción dirixida por Antón Dobao baseada nunha novela de Alfonso Álvarez Cáccamo. A película para televisión, que foi presentada onte, conta a historia dun matrimonio que vive nunha urbanización da periferia urbana, entre Galicia e Portugal ao que lle comezan a suceder cousas estranas.
Máis información sobre a novela no web da BBVG
.
Amplía a nova>>
13/11/2006
O Centro Galego de Artes da Imaxe presenta a restauración dun filme galego de 1915
“Ano Santo em Compostela” é unha película muda de 20 minutos datada en 1915. Segundo o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) é a segunda produción máis antiga que se conserva sobre Galicia e o último traballo en ser restaurado por esta institución. Este filme poderase ver dentro do programa “X Seminario de Arquivos Fílmicos” que se celebra esta semana no CGAI en colaboración coa Filmoteca Española.
Máis información no web do CGAI, en Galicia Hoxe e nesta nova
. Amplía a nova>>
13/11/2006
Ourense convértese na capital da imaxe cun programa que ofrece máis de sesenta exposicións
Co peche do Festival de Cine, Ourense céntrase no outro gran evento do mes de novembro, o Outono Fotográfico. Exposicións, cursos, xornadas e ciclos onde a fotografía se converte en protagonista, toman a provincia ourensá ata o 30 de novembro. Este evento, que organizan unha trintena de asociacións e entidades e nas que colaboran máis de quince, cumpre dúas décadas de traballo exhibindo obras de personalidades recoñecidas como Chema Madoz ou Manuel Valcárcel xunto coas de fotógrafos descoñecidos.
Máis información no web do Outono Fotográfico e na nosa hemeroteca
.
Amplía a nova>>
13/11/2006
Unha historia sobre a emigración gaña a Gran Calpurnia no Festival de Ourense
“Ao outro lado” é a película de Gustavo Loza que se alzou este sábado coa Gran Calpurnia, a máxima distinción que concede o xurado do Festival de Cine de Ourense. A película, que foi seleccionada pola Academia Mexicana na carreira polos Óscar, suma así o seu sexto recoñecemento (foi premiada en Canarias, Miami, Bremen, Boston e Móstoles). A produción galega “De Bares” foi galardoada co Premio Especial do Xurado e o público concedeu a “Indigenes” o seu premio. Marcos Nine foi galardoado como mellor director de documentais por “Pensando en Soledad”, que tamén levou a Calpurnia ao mellor documental. Foi a outra referencia galega nun palmarés repleto de nomes estranxeiros.
Máis información no web do Festival de Cine, en La Voz de Galicia. Consulta o palmarés neste documento
.
Amplía a nova>>
10/11/2006
Cultura explicará no Festival de Cine de Ourense as súas liñas de axudas
Ourense celebra hoxe a penúltima sesión do seu festival de Cine. Ata alí se desprazou Manolo González, asesor da Consellaría de Cultura para explicarlle aos produtores as liñas de axudas deste departamento concedidas este ano e adiantará os criterios que se seguirán para as do 2007. Será no marco das Xornadas para Produtoras nos que responsables de diferentes entidades de promoción do audiovisual (Mediadesk, Ibermedia, Igape...) explicarán as liñas de axudas para os seus proxectos.
Máis información no web do Festival
.
Amplía a nova>>
10/11/2006
O director xeral da CRTVG explica que o ente público continuará a ser un motor da produción audiovisual galega
Benigno Sánchez, director xeral da CRTVG, estivo onte no Parlamento para dar contas sobre a xestión do ente público para o ano que vén. Alí explicou que os piares do ente público serán “o saneamento financeiro (este ano reduciuse a débeda en 31 millóns), mellora da calidade, mantemento da audiencia, eficiencia na xestión comercial”, pero sobre todo que continuará na “dinamización da produción audiovisual galega, ben sexa para a emisión polos medios propios (ficción, longametraxes ou programas entretemento) ou pola participación na coprodución. O orzamento para o 2007 é de 140.3 millóns de euros..
Amplía a nova>>
09/11/2006
Os últimos traballos de Ces Gay e Kim Ki Duk en Cineuropa
Dentro do festival Cineuropa hoxe poderase ver na sala Yago “Cidade en celo” de Hernán Gaffet (16:00 horas), Ficción de Cesc Gay (18:00 horas), “Tempo” (Time) de Kim Ki Duk (20:00 horas) e “The host” de Bong Joon-ho (22:00) e “O estrangulador de Rillington Place” de Richard Fleischer. Uns títulos que se completan coas proxeccións que haberá no Teatro Principal, na Fundación Caixa Galicia e no auditorio do CGAC.
Consulta o programa neste web
.
Amplía a nova>>